A publicidade tranquila do bus

Hai que ver a que se armou cos urbanos que levan a publicidade esa de que deus posiblemente non exista. Que a Igrexa se poña nerviosa e pida que se retire a campaña non deixa de ser lóxico; logo de 2.000 anos facendo algo máis que publicidade agresiva, contemplan como a súa mensaxe se debilita, como uns ociosos descreídos ousan pasear pola cidade un eslogan que é dinamita para os seus feligreses.
Acontece como unha tranquila manifestación subvencionada por iniciativa privada. O que non é lóxico é que un goberno laico continúe soltándolle á Igrexa a pasta que lle solta.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet