Hai disco de Corcobado para o mes que ven. Escoitamos dous temas na oficina. O primeiro é ración dobre do que fai nos últimos anos: a presunta sinxeleza, os discursos morais e a filosofía vital enderezada. No segundo recupera o seu lirismo ferruxento e lascivo, o que nos convida a soñar.
A da sinxeleza é unha viaxe infectada de espellismos. Todo aquel que se considere artista non é que deba buscala, é que non lle queda outra: é a carga de Sísifo. Así é. Acontece, sen embargo, que moitos artistas pensan que a toparon (que a posúen), e adícanse a largar discursos pobres un detrás de outro.
Morrissey, por exemplo, atopou a sinxeleza en moitas ocasións, con resultados que aínda hoxe conservan a capacidade de emocionarnos con lecturas múltiples, riquísimas, pero nin o conseguiu sempre (nin agora) nin ten sentido reprocharllo; é un ser humano e un ser humano moi por riba da media.
A Corcobado, en fin, vaille ben outro tipo de sinxeleza.
Por dicilo de outro xeito: o minimalismo está guapo, pero hai moito menos minimalismo do que se cre. Tirar un colchón nunha habitación sen pintar, colocando a un lado (estudiadísimo, oes) un rectángulo de madeira sen pulir, non representa ningunha pureza de formas, ningunha austeridade, ningunha sinxeleza; en moitos casos non será máis que a palla mental dun estudante de belas artes fracasado, ou dun interiorista desos que traballa por unha pasta para marcas de luxo (ningunha contradicción, ¿verdade?).
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
janeiro
(25)
- Lume perdido
- De premios e derrotas
- Os adxectivos son malos
- Corcobado, outra de lentellas
- A tixola antiadherente
- A publicidade tranquila do bus
- Viva o odio
- Cánovas, Adolfo, Rodrigo y Guzmán
- Señora azul, de vicio criticón
- O corazón negro de Greg Dulli
- A inmortalidade de Castro
- Patrullando
- Un detalle de Kenzo
- Cuba
- Un que se abre
- Poema de asuntos exteriores
- A liña de costura
- Manifiesto contra la masacre de Gaza (carta de cat...
- J'accuse
- A sacar réditos de Israel (Faldón para xornal)
- O mozo de "Pe"
- Estivo ben mentras durou
- Reproductor de música
- Un final para Juan Luis Cebrián
- Realpolitik
-
▼
janeiro
(25)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário