Tódolos domingos de xuño



Esta é unha entrada vella, levemente retocada. Alguén lembrarase dos Sundays, modesto grupo que gravitou arredor de Londres e desapareceu como apareceu, sen facer ruído. Sacaron o primeiro LP e foron entronizados coma os lexítimos herdeiros dos Smiths, o que demostra que os mass media, comenzando polo NME, tiran de drogas duras cando non saben qué facer.

Adoro aos Sundays ata non escoitalos; modestos, enganosamente eslamiados e con melodías alucinantes. Unha gozada redescubrilos tan puntualmente, exactamente por cuarta vez. Here’s where the story ends. Foi un pracer.
_

Non é unha subida de impostos

É unha innovación tributaria, lerdos!

(RAM: Lerdo: Insulto ou descualificación preferido polas persoas intelixentes, mesmo algunhas que falan galego).
_

Un título doutra época

Pasa Mariano Rajoy por un corredor do Congreso e o primeiro que che ven á cabeza é a soidade do poder. A soidade do poder, un título que tanto vale para un bestseller como para un tratado de política medieval dos de agora. O presidente camiña coa mesma cabeza alta coa que camiñan os fachendosos, nun xesto forzado por aparentar seguridade e orgullo. O maletín que porta con dedos grises, que como o de tódolos ministros está pensado para demostrar que carga cunha nobre e ímproba tarefa, mais cos papeis clasificados e adelgazados de eficiencia e o coiro brunido, aquí semella gordo, desgastado, case desfondado.

A soidade do poder, unha redundancia, porque o poder é senlleiro por natureza, non hai un poder de 7.000 millóns de persoas, a non ser que nos pegue a todos por unirnos para conquistar Saturno (insubmisión, Borussia Dortmund). Quedan os leóns detrás, Daoíz e Velarde, como logotipos neboentos, e sácaste os lentes cansos.
_

Presto estaba cando morreu Thatcher

Antes de deixalos coa carta de rigor que Morrissey enviou aos medios, unhas preguntas, porque puido chamarlle alguén en canto a ex-primeira ministra expirou, puido ser o primeiro en enterarse, ou xa tiña o artigo preparado, agardando o intre, como é costume nos de necrolóxicas, non, enteraríase como todos e si, púxose decontado e ao cuarto de hora xa tiña o texto. A súa xenreira hacia ela era máis profunda do que amosou en Margaret on the guillotine (unha canción frouxa). Aventuraríame a dicir que non se poden entender aos Smiths e a Morrissey, e a tantos grupos da época, sen ela.

Como Franco, como o seu amigo Pinochet e outros, morreu na cama. E tampouco se cumpriu o daquela entrevista, que era algo así (agora non o vou buscar):

- Se un fanático asasinara a Thatcher guiado polo que vostede di dela, sentiríase culpable?
- Culpable, eu? Eu buscaría a esa persoa na cadea e pediríalle que casara comigo.

Agora si, rebobinen, esquezan estas liñas e lean a carta-artigo de Morrissey; debulla os mandatos da finada (Irlanda, Malvinas, industria, mineiros, artistas...) antes de retratala como mellor sabe, categoricamente.
_

Cumpríndose dez anos da súa morte en Bangkok

Hai tres puntos que quero salientar deste documental sobre Manuel Vázquez Montalbán:

1º O negativo. Teño as miñas reservas sobre as haxiografías, un contrapunto pode funcionar, mais escoitar a Juan Cruz “El Bueno”, en nome do SANTO GRUPO PRISA, dicindo que o protagonista lles cahamaba por teléfono preguntando se inda estaba en nómina, atribuíndolle unha inseguridade poñamos freudiana en lugar dun, poñamos, sarcasmo seguro, non é perverso, é de acudir ao psiquiatra. Mírate iso, amargado.

2º Cando fala do asunto da lingua, a través da súa muller e máis el:

A muller: Él escribía en castellano, me había comentado más de una vez y recuerdo que esto me lo comentó a poco de salir de la universidad: si este fuera un país normal, y normal quería decir si la república no hubiera sido abatida por la sublevación militar y si no hubiera habido cuarenta años de franquismo, si la república hubiera seguido su curso normal, me decía, yo sería un escritor en catalán.

El: Yo me doy cuenta de que esto es una nación, que tiene una exigencia histórica de existencia como tal nación, que es una nación ocupada militarmente siempre que ha tratado de levantar cabeza y que la ocupación no sólo ha sido militar sino que también ha sido una ocupación cultural e incluso en estos momentos en que ya se ha cedido la autonomía es evidente que si hay alguna hegemonía lingüística, la hegemonía lingüística sigue siendo la del castellano. Eso es un hecho objetivo, yo tengo que asumirlo, quizás sea una contradicción personal pero está ahí y por lo tanto yo creo que la principal obligación de un intelectual al menos es ser racionalista.

3º Seica parte das súas cinsas foron espalladas onde a taberna de Ferrán Adrià, en Cala Montjoi.

E agora, sen Pepe Carvalho, aquel programa de cociña.

Preferiremos outras receitas de bacallau que non levan mel, non importa, estivo ben.
_

As perigosas amizades de Marcial Dorado Baúlde



















Esta é unha das fotos de Feijóo que publicou un xornal no que se aburren, fotos do 95 no que sae a bordo dun iate cun coñecido narcotraficante. O artigo comeza así:

“Fueron amigos durante unos años, y uno acabó al frente del Gobierno gallego y el otro en la cárcel por narcotráfico.”

Dan gañas de non ler máis, e de feito, ao rematar a lectura, un pensa que con esa frase fica todo dito: o narco, unha figura á que o imaxinario colectivo (ese rapás jiado) lle supón ousadía e agudeza, era parvo e escollía moi mal ás súas amizades. Tampouco hai que ser moi listo para velo.

Dirán algúns que este básico razoamento é perverso, que Dorado traficaba con drogas, enriquecéndose ilegalmente e arruinando á mocidade, polo que é de xustiza que cumpra condena en prisión. Pódeselles replicar: que empurra a un tío a quedarse pillado coa coca, por exemplo, traspasando os límites do hedonismo e a experimentación (que fino me quedou), para consumirse de frustración? Non é a coca, a coca neste caso é unha consecuencia. De que? Obviamente, da (non xa tan silandeira) violencia do sistema, dunha sociedade artificial, inxusta, reprimida e máis drogada por vía legal que ilegal (despois cada un aporta o seu e alá cada un coa súa conciencia, tampouco debe empregarse como escusa). Os narcos prestan un ou máis dun servizo ao estado e este, de cando en vez, para lexitimarse, encarcera a algún. Matemáticas de primeiro, xa lles digo, nin sequera sei porqué os aburro con tan manido discurso, ah, si, xa me lembro, por Marcial Dorado Baúlde, que se deixou cazar no seu propio iate acompañado do sinistro Feijóo coas súas Ray-Ban e o seu protector solar.

Lápida: os narcotraficantes máis perigosos non son os que saen esposados nos telexornais.
_

Evaristo é do Celta


Entrevista de Crudo, valéndose das frecuencias dos vencedores (paranoia, infantilismo, teima?). Tres modestos botóns:

1) A nai adoitaba dicirlle: no me amargues la resistencia.
2) É do Celta.
3) A Crudo doeulle/cortoulle o que dixo sobre o 15-M.

A min non me doeu; utópico, penso que estaría ben xuntar as dúas lecturas, como xa fixeron eles.
_

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet