Esta é unha das fotos de Feijóo que publicou un xornal no que se aburren, fotos do 95 no que sae a bordo dun iate cun coñecido narcotraficante. O artigo comeza así:
“Fueron amigos durante unos años, y uno acabó al frente del Gobierno gallego y el otro en la cárcel por narcotráfico.”
Dan gañas de non ler máis, e de feito, ao rematar a lectura, un pensa que con esa frase fica todo dito: o narco, unha figura á que o imaxinario colectivo (ese rapás jiado) lle supón ousadía e agudeza, era parvo e escollía moi mal ás súas amizades. Tampouco hai que ser moi listo para velo.
Dirán algúns que este básico razoamento é perverso, que Dorado traficaba con drogas, enriquecéndose ilegalmente e arruinando á mocidade, polo que é de xustiza que cumpra condena en prisión. Pódeselles replicar: que empurra a un tío a quedarse pillado coa coca, por exemplo, traspasando os límites do hedonismo e a experimentación (que fino me quedou), para consumirse de frustración? Non é a coca, a coca neste caso é unha consecuencia. De que? Obviamente, da (non xa tan silandeira) violencia do sistema, dunha sociedade artificial, inxusta, reprimida e máis drogada por vía legal que ilegal (despois cada un aporta o seu e alá cada un coa súa conciencia, tampouco debe empregarse como escusa). Os narcos prestan un ou máis dun servizo ao estado e este, de cando en vez, para lexitimarse, encarcera a algún. Matemáticas de primeiro, xa lles digo, nin sequera sei porqué os aburro con tan manido discurso, ah, si, xa me lembro, por Marcial Dorado Baúlde, que se deixou cazar no seu propio iate acompañado do sinistro Feijóo coas súas Ray-Ban e o seu protector solar.
Lápida: os narcotraficantes máis perigosos non son os que saen esposados nos telexornais.
_

Nenhum comentário:
Postar um comentário