A morte de Iván Dmitrievitch (III)

O lugar era frío e húmido, quizais unha garaxe. Estaba amordazado e atado a unha cadeira de metal, cego ou cos ollos vendados; un misto abalaba difuso no teito da escuridade. Fea situación para un mariñeiro, que así tentaba escoitar gaivotas na cabeza doente. Non había xeito; o que si escoitou ao pouco foi como entraban varias persoas.

- Vaia vaia, aquí temos ao noso heroe, pode que o único home no mundo capaz de unir á Igrexa, ao Estado e á Mafia nun mesmo propósito. Extraordinario... Quitádelle a mordaza.

Cando lle tiraron da cinta americana o que sentiu foi que lle arrancaban a boca, mais sorprendeuse falando, cunha voz de lixivia seca, dende cando esos tres non teñen os mesmos intereses.

- Oh, que intelixente é o noso heroe! Patrón de barco, mestre de escola, fotógrafo... e vendedor de salchichas ambulante! Tesnos un pouco enfadados, Leonardo da Vinci, como comprenderás: as salchichas non valían nin para os porcos e a túa cámara non aparece. Misterio misterio.

Escoitou tacóns, tacóns altos, que ao deterse desprenderon un pesado recendo a perfume caro, Chanel nº 5, Christine Lagarde a castigadora, queremos axudarte, un carro de supermercado.

- Que traes aí, Víctor, unha batería de coche?

- Unha batería de coche rectificada, o detector de mentiras definitivo... mentras algúns gastan o tempo e os cartos coas cartas, eu invisto en I+D+i. Podo proceder, xefa?

Cando colocaba as pinzas os fluorescentes comezaron a pestanexar.

- Que raios pasa? Non terá moita carga ese trebello?

- Non é o trebello, burro, é a treboada.

- Caen pingas do teito.

- Xefa, estase inundando o baixo, hai que largarse!

- Onde levamos a este?

- A ningures, non ten a cámara, adiantáronsenos... deixádeo aí que afogue!

- Entón para que carallo o queriamos?

- Veña, ímonos, e ti deixa de facer preguntas estúpidas, Cholo.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet