Morreu Javier Ortiz

Esta é a necroloxía que el mesmo escribiu.

Un modesto brainstorming contra a crise do cine ibérico

Nas hamburgueserías ianquis, aos rapaces sempre lles agasallan co menú un boneco desmontable inspirado na estrea dalgunha película de animación, boneco que reportará serios beneficios. É unha opción (malia arruinar o xantar a moitos pais).
- Boneco de Penélope Cruz con cuello de xirafa moteado xiratorio.
- Boneco de Antonio Banderas acoplable ao de Melanie Griffith.
- Boneco de Almodóvar con altofalante sentado no retrete.
- Boneco da ministra de puta con pasamontañas e un saco de moedas.
Xa sei que non se dintinguen pola súa orixinalidade nin bo gusto, pero poden ser un punto de partida.

Semos inorantes

Un coñecido xornalista musical, escribindo sobre o nomeamento de González-Sinde como ministra de Cultura (agora todo vai con maiúsculas), comparaba a industria do cine coa da música, debendo ambas adaptarse a estos tempos de descargas piratas masivas. Nin a el mesmo lle serviu de moito a comparación: remataba abruptamente o artigo, recoñecendo que os músicos compensan a estrepitosa baixada na venta de discos coas actuacións en directo, mentras que a xente do cine non tiña unha saída semellante.
¿Valéiranse as salas de cine? Pois que fagan algo por conectar coa xente. Agora mércanse moi poucos cds, pero se paga un pastón por un concerto, báixanse (apoquinando) millóns de politonos, e artistas superventas saen na tele anunciando o seu último hit (dan grima, pero esa é outra historia).
Quizáis lles chegou a hora de reinventar o negocio (e con el, a propia linguaxe cinematográfica). Poden acudir, tamén, ao directo: ¿alguén se lembra do teatro? Toda a vida escoitando que a xente non vai ao teatro. Normal, un ser humano sen ningunha tara mental sempre terá algo mellor que facer que pagar por un espectáculo rancio ou desfasadamente vangardista. Que pensen, por unha vez que pensen e se fagan algunha pregunta: ¿cómo chegar á xente? ¿qué se ofrece?...
Dende logo, é moito máis cómodo chorar, queixarse, chamarlle criminais e incultos aos que se descargan películas por redes P2P. Neso, os do cine son uns auténticos artistas.
Nós sempre os lembramos así, esixindo subvencións, indignadísimos porque nin as institucións nin os espectadores valoran o seu traballo, ata un punto no que confunden a mendicidade e os atracos legais coa valentía (van de campeóns por aí). Por min podían ir todos tomar polo cu, xa sabedes o simpáticos que me caen.

Máis: ¿qué cine pretenden e para quén? ¿queren dous cines, un que alimente a unha maioría chabacana e outro que satisfaga a unha refinada e intelixente élite (que por suposto son élite en contra da súa vontade)? ¿queren cambiar algo? ¿queren cambiar a sensibilidade do espectador medio? Eles poden cambiar o que queiran, que pertencen ao sacrificado mundo da Cultura; para comenzar poden cambiar o precio das entradas, e endurecer as penas de cárcere para os idiotas que se baixan a última película de Fernando Trueba, Ana Belén ou Peter Greenaway.

O "canguelo" de Marca

Se o Real Madrid gana este ano a liga facémonos madridistas e mandámonos o camiño de Santiago dende Roncesvalles en xeonllos, poteando a cada paso.

Raúl del Pozo

Raúl del Pozo na contra dese xonal tan ¿actual? que é El Mundo (como se houbera que ocultalo). Non é a primeira vez. Boa xente. Conserva a súa linguaxe (un poeta que pensa que a poesía é unha mariconada), cunha independencia e un vigor atemperados. Socio da federación deportiva internacional dos lectores de Maquiavelo. Non se mata a demostrar o que xa non é, como fixo nese mesmo espacio Umbral os derradeiros anos da súa vida, que foron moitos.

Unha comisión moi competente

Así que existe unha Comisión de Seguimiento del Pacto Antitransfuguismo. Enterámonos polo caso de Rosa Aguilar, ambigua militante de IU e alcaldesa de Córdoba que acaba de aceptar a Consejería de Obras Públicas do goberno andaluz do PSOE. Un chiste. A comisión non está moi claro a qué se adica nin con qué criterios (para eso é): investiga o posible caso de transfuguismo, e se o confirma “reprende” ao tránsfuga e impídelle volver a presentarse cos partidos afectados. Logo ese mesmo tránsfuga preséntase como independente e todo arranxado: os canos do poder non se tocan. Os do PSOE e o PP pásano pipa; lean esto:

“El PSOE ha sido el partido que ha resultado más afectado por este fenómeno, con un total de 11 tránsfugas, frente a 5 del PP. Por otra parte, en el mismo periodo el PSOE ha perdido 14 alcaldías por casos de transfuguismo, y el PP 5. Asimismo el PP ha ganado mediante transfuguismo 6 alcaldías y el PSOE 3.”

Voltando ao caso de Rosa Aguilar, o PP andaluz xa anunciou que enviará un informe á Comisión. Faltaría máis. Xa estiveran a piques de conquerir a alcaldía nas últimas eleccións municipais, por certo.

Qué terá Madrid

Rafael Reig ten algo de don quixote, coa misión encomendada de desbaratar as reivindicacións lingüísticas dos nacionalismos periféricos. El conta cun argumento imbatible, de puro bondadoso e altruísta: o que importa é a vida das persoas, non esa abstracción da lingua, o ominoso e atávico rollo dos privilexios bíblicos e as terras prometidas.
- A mi como si quiere usted hablar en chino - ven dicir -, me parece estupendo, pero no ralle.
Pois nada, home, imos falar todos unicamente español, ou inglés, directamente, que ten máis prestixio internacional. Ignoremos linguas pechadas, rurais, atrasadas, folclóricas.

O álbum de Touro Sentado (II)

Voltamos á reserva, con Touro Sentado. Recibimos un e-mail seu con fotos novas para o álbum (o goberno púxolles Wi-Fi: qué detallaso!). Non sei cánto tempo botaremos; guiris pretenciosos e pobres, supoño que o que dure a vixía compartida da botella de Jack Daniel’s que pillamos de oferta no Carrefour.
Manda carallo, nunha das fotos que nos mandou aparece follando con Hillary Clinton, mentras Núñez Feijóo presente márcase coa gaita unha sentida muiñeira.

Ti tamén, nin que foras parvo

Os sociólogos na vida moderna teñen que facer virguerías. Segundo o que se escoita na rúa, o 90 % da sociedade está dotada dunha intelixencia aplastante, e outro 90 % é "lerda". Lerdo é o insulto favorito, gozado, marcado, dos que están dotados dunha intelixencia aplastante.
- Lerdo, que es un lerdo!
- É que é lerdo, que lle queres?
- Me cago na puta, qué tía máis lerda!
A palabra está guapa, claro, pero se lle da un uso tan gratuito, tan dunha intelixencia aplastante e oe, non te rías, fenómeno.

Retractándonos

Onte dixemos aquí que non se escoitaba rock & roll por ninún lado. Perdónperdónperdón. Que o Señor se apiade da nosa pobre alma, da nosa estupidez, desmemoria e frivolidade. ¿Acaso Loquillo non fai rock & roll? O que pasa é que, como dicía o outro día nunha entrevista impagable, a El fai 30 anos que non o pinchan nas radios (nos pubs si), por eso El rise da crise, El, o rocker español feito carne, un resistente, o maquis da vida ao límite, un tipo duro que se atreve a titular un disco "Arte y ensayo" (¿ou era "Corte y confección"?).
“Que me den precio y les enseño algunas lecciones”, dixo referíndose aos de Oasis (ensina leccións, ¿oíches?).

Foto de Fiona Kitschin

fiona kitschin (pic by daniel campbell)

Máis rock & roll. E Minos a Ariana:
"El ánfora ya rota en pedazos execrables. Tú naces de mí como el aroma del vino profundo. Hija de rey, paloma de oro. Primero fuiste tú, y en Cnossos se alzaba la alegría como un potro en dos patas. Entonces urdió Dédalo la máquina de bronce, maleándola en secreto. Yo recibía embajadas, presidía torturas. Y entre tanta comisión real, Pasifae se rendía a un deseo de manos calientes y yugulares rotas."

The Drones (A voltas co minotauro)



Estos veñen de Australia. Teñen ganas de contar historias e as contan ben, pero o máis importante, aquelo polo que os traemos aquí, é porque fan unha música que xa non se escoita en ningún lado: ¡rock & roll!
A canción, The Minotaur, é do 2008, do seu disco Havilah.
O disco anterior grabárano nun muiño da illa de Tasmania, que é onde hai que ir grabar discos.

E o minotauro dille a Teseo:
"Siempre que no luche. Oh vanidoso cachorro, qué cerca estás tú mismo de la muerte. ¿No sospechas que me bastaría una cornada para hacer de tu filo un estrépito de bronce roto? Tu cintura es un junco entre mis dedos, tu cuello la vaina delicada de la alubia. Ahora el odio rojo monta por mi frente, sé que debería matarte, seguir la senda que el hilo me propone, alzarme hasta las puertas como un sol de espuma negra... ¿Para qué?"

Un martelo de plástico na testa

As discográficas pagaban para que as emisoras pincharan repetitivamente os singles dos seus artistas, singles que se pisaban para non violar os dereitos de copyright e que se aceleraban e acortaban para poder ofertar un producto cada vez máis amplo e dinámico (que benfalados somos). Agora Coti saca disco, e o que fan é poñer só o estribillo do single, mentras un tipo con voz de experto en música moderna nos convence de que temos que mercalo, facilitándonos os datos xustos.
"Nunca tendré tu amor, ohoh, nonunca tendré tu amor ohoh..." A voz (podía ser Frank Sinatra) acóplase coa canción pegadiza e calculada, que golpea como un martelo de xoguete. O single troca de natureza, pasa a ser jingle.

O pai de Joseph McCarthy

O noso líder espiritual impartiu unha conferencia memorable na universidade de Harvard. Falou con acerada claridade sobre a crise económica mundial e ensinounos cómo superala; lembrou os valores morais de Europa, valores de flamíxera orixe cristián que, de perderse, deixarían o continente á mercé do nacionalismo; e insistiu enérxicamente en que hai que facer fronte ao “perigo real do comunismo do século XXI, que está a extenderse por todo o continente suramericano”.

- As liberdades están sendo seriamente socavadas en Venezuela, Bolivia e Ecuador ou Cuba, que debería ser unha democracia libre - afirmou tallante, enardecido, iluminado, adusto o semblante que se recortaba sobre a tribuna.

McCarthy era un blando aprendiz en comparación co noso líder. Escribirémoslle, humildemente, animándoo a crear unha Comisión de Actividades Antiespañolas, un organismo implacable do que nos enchería de orgullo formar parte.

Cuarteta da campá

garganta de coiro
onde lugre malo
de desexo loiro
da no meu badalo
_

Ao outro lado da discoteque



Esto é de “Se buscan fulmontis”, película imprescindible do imprescindible cine español (xa a vimos unhas 600 veces). Nós é que somos moi cinéfilos, e sobre todo moi patriotas. Sorprendeunos atopar algúns temas da banda sonora no sitio este de subir música, porque nunca conseguíramos o cd. Un amigo grabáranola (a banda sonora), alá polos 90, nunca casete. ¿Alguén se lembra das casetes? Ao final habíaas ata de ferro e de cromo, facían servicio maiormente no coche e o neno de El canto del loco aínda non nacera: qué nostalxia.
O que escollemos é unha adaptación libre ao castelán (dise así, ¿non?) do vello petapistas “I will survive” popularizado por Gloria Gaynor. A canción si que nos vai sobrevivir a todos; a Josele Santiago, á propia Gloria Gaynor, á terceira república e aos pingüíns da Antártida.

Día da república

Anunciación

Estamos contigo, amigo. Pensas o mesmo ca nós sobre esta sociedade secuestrada polo lobby xudeu de EE.UU. Contáctanos. Membros como ti, intelixentes e atrevidos, poden prestar un gran servicio á Causa. A qué agardas para pasar á Acción? Contáctanos xa aquí.

Os pensamentos do elefante

Xa dixen que peso 155 kilos con 400 gramos. O ollo da agulla non me preocupa o máis mínimo. Moitos dirán que estou perto dos 156 ou que vou para os 160. Algúns andan sen alfabetizar, outros están convencidos da nosa ignorancia: ao meu fillo maior estanlle ensinando agora na escola o das decenas e as centenas (e a táboa do 2), e lle poñen problemas neste plan:
- ¿A qué se aproxima máis 14, a 10 ou a 20?
Qué pueril, ¿verdade? Non hai crime, tráfico de drogas nin malversación de fondos públicos, e nin rastro de loira. Esto non é ningunha a-le-go-ría. Cambien de canle e deixen comer á xente.

Tes un problema, queremos axudarte

O meu nome é Romualdo Castro Cienfuegos. Ás oito da tarde, unha hora antes de cear, peso 155 kilos con 400 gramos. Din que padezo obesidade mórbida. Traducido: que estou gordo como un elefante. Xa son ganas de dicir que teño algo mal na miña vida. Dirixo negocios prósperos tanto aquí como en América, casei cunha muller que se distingue pola súa beleza, bondade e intelixencia, que me deu dous fillos irreprochables en todos os sentidos. A miña familia e os meus negocios, pois, fanme “inmensamente” feliz, pero dentro desa felicidade nada me extasía máis que mandarme entre o peito e as costas un chuletón de boi de quilo e pico, pouco feito, coas súas patacas e unha ensalada de cebola e tomate. ¿Qué é o que padezo eu, envexosos? Padézovos a vós, vós que lle comíchedes o tarro á miña familia con esos anuncios de televisión. Si, porque foi a miña familia quen me premeu para que “acudira” a Corporación Dermoestética e me puxeran un balón desos no estómago. Se aínda fora o balón co que o Rei Pelé conquistou o mundial de México, vale e pase, pero non, un puto globo inchable, dos que pillas na feira para os rapaces por un euro.
O sábado teño mariscada na casa dun asociado. Elevarei a miña predilección polas centolas ao paroxismo, comerei as tenazas sen pelar, me cago na puta que estoupo o globiño dos collóns, vanme dicir a min cándo teño fame e cándo non.

Outras relixións

O pensamento vira, focaliza o que lle interesa e o consagra como válido (e valido).

A estela do rosmón

Escoitamos música como cunha venda. Palpando, probando, escollendo ás veces só polo nome ou por unha reseña que lemos en calquera xornal. Tócalle o turno a Anni B Sweet, que semella unha secuela de Russian Red. ¿Secuela ou estela? Secuela; Russian Red góstanos, esta xa se pasa de naïf, demasiadas orquídeas da inocencia humedecendo un prado demasiado verde e vaporoso.
O de MySpace será útil, pero a nós resúltanos repelente toda esa chatarra gráfica, o deseño abigarrado arredor dun número de teléfono. O MySpace desta rapaza é como as súas cancións, demasiados veos de tule branco.

Quén sabe, este ano o mesmo nos animamos e imos ver a Bob Dylan.

De porcos e borregos

O atlas de Aznar

Jose Mª Aznar, intelectual avezado, publica hoxe no ABC “El futuro de la OTAN: una oportunidad para España”. Un artigo impagable, no que imparte algunhas maxistrais leccións de historia e aproveita para criticar a retirada das tropas españolas enviadas a Kosovo (o de acantoadas xa non se usa, ¿non?). A decisión do goberno defínea como “desistimiento súbito”, que manda carallo, non sabes se eso é unha estratexia militar ou unha enfermedade moi chunga.
-¿Qué me pasa, doutor?
- Tranquilo, detecteille a vostede desistimiento súbito, pero tratado a tempo pódese curar.
A verdade é que che din que tes eso e qué fas, disistes, pégache un baixón do que non te recuperas nin tirando de Prozac. Menos mal que o noso egrexio intelectual e estadista ten a receta (Israel á OTAN, medidas disuasorias para Irán).

Marvin Gaye

Marvin Gaye, ese lexendario seductor, dicía que o sexo é só sexo e o amor é amor. Así e todo, o vello, un reverendo pirado, valeirou nel o seu revólver. Quizáis non fora o feito de que o seu fillo follaba o que non toleraba ese ministro do Señor na Terra, senón que fora capaz de sentir amor, eso que Eles predican con furia e ouro dende hai 2.000 anos.

O iPod da raíña

“No obstante, grupos reducidos formados por una combinación de anarquistas, antibelicistas y activistas ambientales aumentaron la tensión de las manifestaciones con el lanzamiento de objetos a los agentes entre los que figuraban botellas, piezas de fruta, huevos y pintura, así como despojándolos de los cascos que portaban y lanzando bombas de humo. Los policías, por su parte, se defendieron con sus porras reglamentarias y empleando esprays disuasorios.”

Esto sacámolo da crónica dos disturbios que tiveron lugar en Londres, con motivo da xuntanza do G-20 e a santa chegada de Barack Obama a Europa (¿cómo se di advenimiento en galego?). O que nos chama a atención é o dos activistas ambientais, que agora deben ser maioría nas manifas. Xente bioconcienciada, que se enfronta á pasma sen máis munición que uns pexegos e un par de ovos ecolóxicos. Son os que ligan, porque os anarquistas xa non se comen nada coas súas guedellas e, sobre todo, con aquelas ideas de hai 200 anos.
O activista biolóxico é un tipo evolucionado que non ten ningún problema co patrón, e moito menos con Obama. O que quere é un coche que funcione con hidróxeno ou algo deso que non contamine e, por favor, que prohiban dunha vez a caza do raposo.

Os fillos de Joschka Fischer, pinturas de guerra biodegradables.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet