Tes un problema, queremos axudarte

O meu nome é Romualdo Castro Cienfuegos. Ás oito da tarde, unha hora antes de cear, peso 155 kilos con 400 gramos. Din que padezo obesidade mórbida. Traducido: que estou gordo como un elefante. Xa son ganas de dicir que teño algo mal na miña vida. Dirixo negocios prósperos tanto aquí como en América, casei cunha muller que se distingue pola súa beleza, bondade e intelixencia, que me deu dous fillos irreprochables en todos os sentidos. A miña familia e os meus negocios, pois, fanme “inmensamente” feliz, pero dentro desa felicidade nada me extasía máis que mandarme entre o peito e as costas un chuletón de boi de quilo e pico, pouco feito, coas súas patacas e unha ensalada de cebola e tomate. ¿Qué é o que padezo eu, envexosos? Padézovos a vós, vós que lle comíchedes o tarro á miña familia con esos anuncios de televisión. Si, porque foi a miña familia quen me premeu para que “acudira” a Corporación Dermoestética e me puxeran un balón desos no estómago. Se aínda fora o balón co que o Rei Pelé conquistou o mundial de México, vale e pase, pero non, un puto globo inchable, dos que pillas na feira para os rapaces por un euro.
O sábado teño mariscada na casa dun asociado. Elevarei a miña predilección polas centolas ao paroxismo, comerei as tenazas sen pelar, me cago na puta que estoupo o globiño dos collóns, vanme dicir a min cándo teño fame e cándo non.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet