Semos inorantes

Un coñecido xornalista musical, escribindo sobre o nomeamento de González-Sinde como ministra de Cultura (agora todo vai con maiúsculas), comparaba a industria do cine coa da música, debendo ambas adaptarse a estos tempos de descargas piratas masivas. Nin a el mesmo lle serviu de moito a comparación: remataba abruptamente o artigo, recoñecendo que os músicos compensan a estrepitosa baixada na venta de discos coas actuacións en directo, mentras que a xente do cine non tiña unha saída semellante.
¿Valéiranse as salas de cine? Pois que fagan algo por conectar coa xente. Agora mércanse moi poucos cds, pero se paga un pastón por un concerto, báixanse (apoquinando) millóns de politonos, e artistas superventas saen na tele anunciando o seu último hit (dan grima, pero esa é outra historia).
Quizáis lles chegou a hora de reinventar o negocio (e con el, a propia linguaxe cinematográfica). Poden acudir, tamén, ao directo: ¿alguén se lembra do teatro? Toda a vida escoitando que a xente non vai ao teatro. Normal, un ser humano sen ningunha tara mental sempre terá algo mellor que facer que pagar por un espectáculo rancio ou desfasadamente vangardista. Que pensen, por unha vez que pensen e se fagan algunha pregunta: ¿cómo chegar á xente? ¿qué se ofrece?...
Dende logo, é moito máis cómodo chorar, queixarse, chamarlle criminais e incultos aos que se descargan películas por redes P2P. Neso, os do cine son uns auténticos artistas.
Nós sempre os lembramos así, esixindo subvencións, indignadísimos porque nin as institucións nin os espectadores valoran o seu traballo, ata un punto no que confunden a mendicidade e os atracos legais coa valentía (van de campeóns por aí). Por min podían ir todos tomar polo cu, xa sabedes o simpáticos que me caen.

Máis: ¿qué cine pretenden e para quén? ¿queren dous cines, un que alimente a unha maioría chabacana e outro que satisfaga a unha refinada e intelixente élite (que por suposto son élite en contra da súa vontade)? ¿queren cambiar algo? ¿queren cambiar a sensibilidade do espectador medio? Eles poden cambiar o que queiran, que pertencen ao sacrificado mundo da Cultura; para comenzar poden cambiar o precio das entradas, e endurecer as penas de cárcere para os idiotas que se baixan a última película de Fernando Trueba, Ana Belén ou Peter Greenaway.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet