Vacacións



O Supremo, grande mago e ilusionista, sacouse da chistera un dos seus abraiantes trucos, i eu, que son un iluso, piquei: birloume así un día das exiguas vacacións. De todos os xeitos, imos de vacacións coas ganas de pasalo ben, de descansar, de comer ben e de visitar países propias de todos os pringados.
Como dixo o gobernador de California en “Terminator”, con aquel galego tan seu: “hei voltar”. E se non voltamos pois tampouco pasa nada. Saúde.

A perplexidade dos que nos ancoramos no pasado

Esto ou o conto ou revento. Teño que preparar un anuncio para unha clínica dermoestética que se insertará na revista da UGT. Si, na revista da UGT! Os seus afiliados gozarán dun 10% de desconto en servicios como:
- Depilación láser.
- Tratamentos faciáis de limpeza con ultrasons.
- Bótox e recheos.
O vello sindicalismo obreiro depilándose e meténdose bótox! É a fin, Nicolás Redondo, é a fin.

Artigo de Javier Ortiz

De qué nos sonará o que di Javier Ortiz neste artigo? Podemos asegurar que coñecemos aos mariñeiros galegos?

Frases

Nada é complexo. Todo é complexo na medida que lles interesa aos aprendices de demiurgo.

Novo Passat CC

Hai dúas caixas de texto, na publicidade en revista de este coche. Nunha abundan moi desafortunados no reclamo emocional. Na outra enumeran o equipamento de serie.
- Climatizador Bi - zona.
- Tapizados en pel e Alcántara.
- ESP, ABS, EDS, ASR e MSR.
¿Con qué te quedas? Cos acrónimos e coa loira do lado. Nada que elexir.

A segunda morte do tritón

O mar entra na terra. Linguas de Neptuno. Tridentes de sal espichados no cumio do Castrove, cargados de acios entre as augas abertas das Nereidas. O código de barras é a máscara de mercurio do deus e a súa cabalgadura de delfíns.
- ¿Vale así?
- Díxenche que fliparas, pero non tanto.
Debemos escribir sobre o Salnés unhas 80 veces; sempre nos piden o mesmo, que "inventemos". Suicidaríanse antes de ofrecer unha información limpa e concreta (xa sen falar de números!).
As adegas de California promociónanse incidindo na súa tradición e historia, precisamente do que carecen. Entras nas súas webs por arcos de columnas dóricas, e dentro ollas fontes de ninfas mutiladas, centauros comidos polas xestas e a ferruxe. Housewine, since 1986. Aquí, que andamos sobrados de Historia, e non moi amable, habería que facer ao revés, pero quén vende un viño como se fora un producto de alta cosmética, que sería o propio. Non. Ata Martín Códax, unha das empresas máis potentes e, posiblemente, a que máis coida a súa imaxe, na súa páxina non deixa de aburrir con todos os manidos encantos da terra e as fazañas dos devanceiros, aos que tanto amor lles procesan mentras dan réditos.

Onetti


Onte limos “La novia robada”, un desos contos que deixas sen ler cando toca, para desfrutalo, descubrilo, "tardíamente", cando un xa non cre posible engancharse a outra lectura que non sexa un manual de Photoshop. Qué pasote. Qué desolador maxisterio.
Hoxe, curioseando, atopamos o conto e a sinatura do autor (para quen lle interese a grafoloxía), aquí.
Onetti é un dos escasos escritores de ficcións que soporta o paso dos anos.

O amor en Gante

Hoxe imos cun dúo de electro pop belga. Porque si. Els Pynoo e Danny Mommens forman Vive la Fête. Ela é sexy e divertida e ola francesa anos 60 e Serge Gainsbourg e Jane Birkin. El era baixista de dEUS, ou sexa que andaría morto de aburrimento.
Recomendamos a súa web, con toda a música catalogada, información actualizada, deseño currado e acceso a moitas cancións.
Día do Carme. Foguetes en Bueu. Lentos, retardados, salgados, negros estoupidos de son. Ar caro multicor saíndo da arca municipal, esa caixa de Pandora concertada.
O disco de Tom Waits salta. Se Tom Waits estivera aquí divertiríase moito, pero a min ponme malo que salte un disco.

Tres fotos do concerto de Café Tacuba







O concerto de Café Tacuba foi un concerto de Café Tacuba. Segundo os fotógrafos, outros que estiveron moi ben foron Koacha. En internet din que fan pop’n’roll. Dende Montpellier. Podedes visitar a súa páxina: www.koacha.com

Nick Cave para a BBC



A liberación de Ingrid Betancourt

Un dos rebeldes das FARC que pillaron cando a liberación de Betancourt asegura que non traicionou á guerrilla. E solta esta frase: "Todo el mundo sabe que [o rescate] fue producto de una inteligencia militar sumamente avanzada, sobre todo en la interceptación de las comunicaciones telefónicas". Tío, cambia de oficio.

Un comandante da forzas armadas de Colombia asegura que non pagaron un peso polo rescate, que a operación non foi unha “performance” do goberno do ínclito Uribe. Por suposto, Betancourt suscribe estas palabras.

Un xornalista e escritor francés, un desos sátrapas invisibles bendecidos polo Goncourt, aporta unha documentación bastante limpa, que só servirá á súa propia gloria de sátrapa invisible, e asegura que Ingrid Betancourt desobedeceu aos seus servicios de seguridade, buscándose un secuestro que contaba con que non durara máis de un ou dous meses e do que sacaría a suficiente popularidade como para gañar as eleccións.
Debía estar morta na selva, e o seu cadáver ser niño de serpes, pero non, danlle a lexión de honor, agasalla un punto a Uribe e permite a Sarkozy reivindicar o papel de Francia.

Ah, e o agónico cautiverio mediático, a fame e as vexacións durante seis anos, a foto que deu a volta ao mundo.

O martini que non

Este vran hai concertos ata en Sanxenxo, aínda que algún se malogre, provocando entre os lugareños crises de histeria e ansiedade. Foi o que aconteceu o sábado. Estaba prevista a inefable aparición de David Bustamante. O concello habilitara unha carpa onde se podía ler dende lonxe: “APERITIVO CON BUSTAMANTE”. Inexplicablemente (seguro que foi cousa do demo), non escintilaron os ollos da estrela latina entre o vulgo. Non apareceu.
Ademáis, o concello, que non ten cintura ningunha, limitouse a recoller a carpa, en vez de tachar o “con” de “aperitivo con bustamante” e chimparlle enriba un sinxelo “sen” (bueno, “sin”). Polo menos emborracharíamonos.

Agora que o penso é normal que non aparecera. Non mediou Satanás, nin houbo ameaza de bomba reivindicada por algún grupo independentista. Non. Foi o concello quen o espantou escribindo esa frase tan vulgar na carpa: “APERITIVO CON BUSTAMANTE”.
Se puxeran “piscolabis”, ou mellor, “refacción”. “REFACCIÓN CON BUSTAMANTE”, eso xa da máis nivel, ¿non?

Bueno, quédanos Pimpinela (¿escríbese con dous “eles”?). E en Cambados, que sempre nos levan ventaxa, traen a Fangoria e a Deluxe.

Envexa

Xa pasou. Xa actuou Café Tacuba en Caldas e xa mo contaron (e non mo contou ningún jodido subnormal, ningún esnob de merda, ningún listillo, ningún borrego). Non importa; sei que acabarei véndoos. Como a Morrissey, como vin tantos concertos nestos últimos anos, sen ganas, arruinados no esceario e doblemente arruinado eu.
Irei, direi que paso de ir pero irei. Irá un montón de xente guapa, esa xente quererá que eu vaia (aínda que afortunadamente xa moi pouca xente). Cómo, por qué non vas ir! E asegurarei que non voltarei cair, que nunca máis, ja-ja-ja!
“Y poco a poco crece la ira
en tu corazón...”

As bandas sonoras de René Aubry

Primal Scream





Seguen sendo un grupo inquedo e sacan disco: "Beautiful future".

O crítico radical

O crítico de cine do País Carlos Boyero escribe sobre Tom Waits, a quen idolatra “na distancia”, ou algo así. Primeiro cóntalle a todos os seus lectores unha batalla sonroxantemente tópica, de cando eran novos e ían ver aos Rolling e a Van Morrison e a Santana e a Dylan e fumaban e rían e follaban. Puido engadir que corrían diante dos grises, o seu xefe non tería problema en suscribir a mesma versión. Bueno, este canto a non sei qué xuventude libertaria vai despóis dunha ponderada descripción do que é envellecer (cita a Leonard Cohen).
E xa hacia o final estoupa de lirismo e amor para falar de Waits, poñéndose aínda máis tópico: “Es un estado de ánimo, es el delirio y el analgésico del perdedor, es llenar de belleza el volcán y el desastre cotidiano, es de las cosas más profundas que te pueden ocurrir cuando tienes el hígado roto y el corazón jodido, es el corazón del sábado noche, es el último tren a la ciudad, es las cosas del corazón, es el suelo inmensamente frío, son los halcones nocturnos en el diner, es la chica de Jersey, es noviembre, es el tiempo, es nadie, es la hermosa enfermedad, es la droga que logra establecer una tregua con mis dolores más profundos, es la autodestrucción y la necesidad de vivir, es la autocompasión y el desgarro, es las entrañas de la soledad y del desamparo, es la chulería indefensa y la sensualidad del amanecer, es la necesidad de irse y de quedarse, es la elegía y la obsesión, es un individuo de pinta inquietante y voz incomparable llamado Tom Waits.”
E máis abaixo: “no sé cuántas veces he llorado escuchando a Tom Waits, las que que he sentido en lo más íntimo la expresividad incomparable de lo que le ha ocurrido tantas veces a mi cuerpo y a mi alma.”
E a revelación final: "Y, por supuesto, detesto al dodecafónico, al sádicamente ruidoso, al borracho estruendoso y al cocainómano abrasivo, al ídolo de modernos en cualquier época."
Claro que si, señor Boyero, o Tom Waits bo é o que lle gusta a vostede, que demostra ser persoa con criterio. Aínda que, decúlpeme a ousadía, se Tom Waits lle fixera un exame de redacción, suspendería. Non o tome como algo persoal, escribe vostede moi ben, con personalidade, imaxinación, lucidez e honestidade (qué catro palabras máis guapas, ¿verdade?).

Un grupo de música



Onte escoitamos un tema moi guapo deste grupo, pero nos é imposible dar con el. Normal. A que canta non é Britney Spears (está buenísima, a Britney Spears, ¿verdade?) e son canadianos. ¿Non podían nacer noutro sitio? Non, tiñan que nacer en Canadá. Pois que non se queixen; en Canádá ou te chamas Leonard Cohen ou colles unha cana e a pescar salmóns (eu collería a cana), non te jode.
A xente de agora é así, chega e xa quere facer o que lle gusta. Qué soberbia! Primeiro chúpasme a polla e logo te fas uns masters en Harvard, que lucen moito no despacho. E o de cantar xa o arranxaremos.

Kafka na SGAE (un acto)

Kafka está vivo e para publicar lle é obrigatorio ser socio da SGAE. Unha mañán entra na sede de dita sociedade e exponlle a Teddy Flautista e Cía. o seguinte:
- Vou morrer en breve. Quixera que queimaran TODOS os meus escritos.
- ???????????????????
- Eh... bueno... si, vale, tranquilo, non hai problema. Farémolo.
Kafka retírase da escea.
- Pero qué tipo! Je! Anda que non está pirado nin nada. Quere que queimemos os seus libros, o moi cretino... puto chalado! Conste que eu queimávallos sen ningún problema, porque son uns rollos infumables...
- De fumar, home, de fumar, ¿a quen se lle pode ocurrir esa historia do insecto?
- Señores, non nos deixemos levar polas nosas paixóns, os seus libros son un ben cultural en si mesmo, a nosa obriga como xestores de tal patrimonio é velar pola súa conservación e pola súa difusión dentro dos marcos legáis establecidos.

A vella agarrada



Hoxe Kafka é nova porque morreu a anciá que custodiaba o seu legado. Ilse Esther Hoffe era secretaria e amante de Max Brod, o amigo e albacea do escritor checo, e vedou durante toda a súa vida (101 anos) o acceso a “tan valioso conxunto documental” (vendeu, eso si, o manuscrito do Proceso pola cifra record de 2 millóns de dólares). Algúns estarán que non cagan. Nós recuperamos dúas vellas preguntas:
1) A foto do autor. ¿Qué se ve nesa faciana?
e 2) ¿Por qué esa xogada, antes de palmar, de entregar a Brod todos os seus escritos ordeándolle que os queime? ¿Impedíalle a tuberculose ou a tiránica moral do seu pai plantarlle lume el mesmo a todo aquelo? ¿Qué pensan os eruditos ao respecto?
“Traizoando” á vontade de Kafka, Brod non queimou nada, feito que o propio Kafka tería considerado, e todos os seus papéis remataron, finalmente, en mans dunha xudea avara (ou eso din).

Entrevista a Beck

EP3. ¿Prefieres que se llame “ecléctica” o “incoherente” a tu carrera?

B. Incoherente, sin duda. Creo que la única cohesión entre mis discos es visual, no musical. He grabado cosas muy distintas y quiero seguir así, aunque hay ocasiones en que envidio a la gente que tiene una carrera coherente. Pero se me pasa rápido. Este disco, por ejemplo, es el más pop y el más sesentero que he grabado jamás. El próximo espero que pueda ser un álbum de folk, sólo voz y guitarra. Luego me encantaría hacer algo africano y, al final, para acabar de volverme loco, despedirme a lo grande con un disco lleno de arreglos de cuerda enormes que puedan poner en mi funeral.

Simpático, o rapaz :)

A bienal do crime

Un costarricense chamado Guillermo Habacuc Vargas montou unha exposición nunha galería de Managua. Dita exposición (ou performance, non sei) consistía nun can atado á parede, e na parede, escrita con comida para cans, a seguinte frase: somos o que lemos (guau!). O animal morreu de fame ante visitantes contemplativos e, claro, agora ao artista descalifícano como criminal, que o é, claro, ademáis de subnormal, pero ¿por qué queixarse agora? As galerías de arte están para entreternos con obras de cada vez peor gusto.


Hai dous anos no Reina Sofía podíase ver un vídeo de 53 minutos no que mataban a martelazos a unha vaca. Paréceme moi ben que dita “manifestación artística” indigne aos defensores dos dereitos dos animáis, pero resulta que rara vez se critican esas aberracións se non van acompañadas do sufrimento dalgún bicho.
O Consejo de Críticos de Artes Audiovisuales sacou un comunicado en defensa da “libertad creativa”. Eu quero formar parte dese consello, e saír cear por aí todas as noites.

Hai xente que pensa (modus operandi)

Primeiro empuxan aos nosos bisavós a esquilmar todo o que atopen en terras “bárbaras”. Logo gardamos o noso sentimento de culpa nun banco suizo e enrollámonos, e convidamos á nosa mesa a ese gran músico ou escritor que naceu na Marxinación e na Pobreza. E para rematala ven Vargas Llosa, dende o seu púlpito no País, e nos chama críos, sempre soñando con que Robin Hood lle devolva aos pobres o que Europa e España lle roubamos, un Che que alivie o peso dos nosos pecados (a vaguedade do plural, neste caso, é fabulosa).
Mais o via crucis (xa que “estamos”...) non remata aí: preséntanse os intectuáis inviolables, os “cráneos previlegiados”, a dicirche o que hai que facer adaptándose aos Tempos, incluido, como chegamos escoitar, tragarse po-pu-la-res-pe-ro-en-xe-ño-sas teleseries españolas.
Eu tiven sorte porque non tiña tele e non puiden ver esas series, pero recoñezo que me sinto moi mal, terriblemente culpable, por elo. E prometo cambiar.

Non somos "fibers"

O festival “La mar de músicas” no que tocou Toumani Diabaté semella un evento “razonable”. Pagas por asistir a un concerto, non tes que pillar abonos por días ou por cartel, e o precio das entradas oscila entre os 10 e os 20 euros. Ou sexa, que escoitas a quen máis te interesa sen arruinarte e sen os decibelios que despiden dous ou tres escearios máis dispostos na mesma explanada.
- Avó, tápese que lle vai coller o frío, ande. ¿Tomou xa a pirula?

Malí e os porcos áulicos

Hoxe, curioseando, entereime de que Toumani colaborou nun par de discos de Ketama. Asunto nada delicado. Os Ketama son uns subnormáis advenedizos que se forraron coas flexibles etiquetas da “fusión”, o "nuevo flamenco" e a “world music”, que tanto vale para músicos soberbios como para trepas e necios, e logo se largaron para Miami, pero saír nos seus discos debe ser unha publicidade abondo efectiva.
Malí, antiga colonia francesa, é unha factoría que exporta músicos con talento sobre todo ao que foi a súa metrópole, claro. Mágoa que precisen “contactos” tan noxentos.


Ollo: non por facer pop para vender millóns de discos es malo, pero eu aos Ketama non os trago.

Ali Farka Touré, outro que tocaba a kora do demo pero que tirou máis hacia o blues eléctrico, sen complexos, era outro monstro.

Ketama son dos que “colaboran” con xente “humilde” “para aprender” e “para axudar na medida do posible”. Xente con moi boas intencións e un corazón de ouro (24 kas).

A familia Diabaté



Este Mamadou Diabaté é fillo de Toumani (Diabaté). Non sei se é o mesmo que tocou onte con el en Algeciras, nun concerto alucinante que retransmitiu Radio 3 a medianoite, e que a casualidade quixo que escoitara. ¿Por qué alucinante? Porque aquelo era Música e Comunicación (non me importan as maiúsculas), e non o lixo que escoitamos todos os días. Houbo algún intre “sacro”, co vello só tocando a kora do demo, pero logo se sumaba toda a banda e aquelo era unha festa, e o tipo que tocaba a guitarra eléctrica, que sería o fillo, era un monstro, e improvisaba ata o infinito sen cascarse ningunha paja! Alucinante, un pracer inmenso. Os que asistiron ao concerto deberon flipar, porque só pola radio xa te entraban unhas ganas de bailar e de abrazarte a todo o mundo inéditas (polo menos para min).

Os Diabaté son de Malí, e polo visto o fillo encarna a 76 xeración, vouno dicir ben, a septuaxésima xeración dunha famila consagrada á kora do demo: 21 cordas que o tipo ata lle dou por explicar cómo se tocaban; está tirado, con estas fas o baixo, con estas debuxas unhas poucas melodías... bah, esto faino calquiera :)
Hai xente que te reconcilia coa música, co significado primordial e vivo das palabras (si, si, porqué non deixarnos levar?). Os Diabaté son desa xente.

A irmá de Shakespeare



Estamos de saldo. Veña á semana fantástica das películas de Basho. Hoxe poderá escoitar unha das cancións máis redondas da Historia. Porque somos espléndidos, coma o Corte Inglés. "Shakespeare's sister" mantén unha frescura, unha inocencia, un desexo e unha mala hostia inigualables.

Young bones groan
And the rocks below say :
"Throw your skinny body down, son !"
...

Había un pacto non escrito (ata agora) de non poñer nada dos Smiths, e o cumplimos, porque esta canción, sen ser mala, non é para nada a orixinal.

Recomendación da semana para trasnoitados anónimos (incluímonos)

Rafael Reig ten un blog aloxado en Hotel Kafka, unha secta que da cobixo, alimento e doctrina a artistas e escritores de todo pelaxe (qué pinta aí Elvira Lindo, non está en Manhattan co paleto do seu marido?).

Diccionario de deseño

Circula por aí:)


Acetato: Diseñador gráfico especialista en tatuajes.
Acrobat Reader: Un acróbata al que le gusta leer mucho.
Aerografía: Rama del diseño gráfico, especializada en la rotulación de aviones.
Advertising: Amenazar a un diseñador para que no cante en el área de trabajo.
Adobe: Casa de campo que es fría en verano y cálida en invierno.
Aguada: Estado de las diseñadoras después de pasar varios meses frente al mac.
Aliasing: Ponerse apodos entre los diseñadores.
Barroco: Erupción cutánea de los diseñadores pubertos.
Branding: Dícese de la dieta de los diseñadores que es alta en fibra.
Bold: Detergente utilizado por los diseñadores.
Bolígrafo: Diseñador gráfico gordo.
Bosquejo: Dibujo burdo de un bosque.
Caché: Atrapar una idea en el aire.
Caja alta: Envase de un iMac de 24″
Caja baja: Envase de un Mac mini o un MacBook
Clipart: Acción de crear figuritas con clips.
Convertir a curvas: Etapa final de la dieta que realizan las diseñadoras.
CSS: Acrónimo de “Séee, ¡ese, ese!”, expresión que acompaña el baboseo de un diseñador cuando ve un MacPro de 8 cores
Cuentahilos: Diseñador gráfico que no tiene nada que hacer.
Cursiva: Diseñadora que gusta de las cartas de amor y arte con motivos románticos.
Degradado: Se le llama así al diseñador que se vende muy barato.
Diapositiva: Un día perfecto para Diseñar.
Disco duro: Cualquier CD de heavy metal.
Dreamweaver: Diseñador poco productivo y somnoliento.
Estilógrafo: Diseñador gráfico de muy buen vestir.
EPS: Expresión de sorpresa menor que el oops!!
Flash: Super héroe de la multimedia.
Flatten: Diseñador con flatulencias.
Floppy: Diseñador gráfico relajado.
Fotografía digital: Acción errónea de poner el dedo en el lente de la cámara.
GIF: Imagen que se regala.
GIF animado: Imagen que se regala generalmente con escenas felices.
Godete: Expresión que usan los diseñadores gangosos cuando estan molestos.
Illustrator: Primo de Terminator y al que le gusta mucho dibujar.
Impresionismo: Estado posterior a la observación del exhibicionismo.
Inches: Ayudantes del director de arte.
Layer: Nombre dado a aquel diseñador que suele decir muchas mentiras.
Mac: Computador que falla en la última B de “bueno, bonito y…”
Macromedia: Prenda interior de vestir de las diseñadoras gordas.
Malla: Prenda de vestir utilizada por los serigrafistas.
Mouse: Postre favorito de los diseñadores.
Multimedia: Prenda de vestir interior que se comparten entre las diseñadoras.
Pantone: Shampoo suave en gran variedad de colores.
Photoshop: Tienda donde los diseñadores compran sus imagenes para hacer carteles.
Plotter: Apellido del mago de las impresiones en gran formato.
Preprensa: Periódico especial para tartamudos.
Prueba de color: Acto de verificar si el color rojo sabe a fresa, el verde a limón, etc.
Punto de fuga: 7:00 p.m.
Puntos: Diseñadores gráficos de raras costumbres.
QuarkExpress: Graznido veloz.
Quemador de CD: Se le llama así al Diseñador que escucha un CD una y otra vez.
Ripear: Acción de cantar mientras se espera la decodificación de un video.
Screen: Película de preferida de algunos diseñadores.
Señalética: Señal de moral cuestionable.
Separación de color: Diseño gráfico con tendencias racistas.
Shortcut: Pequeña cortada, que generalmente viene precedida de un bleeding.
Tipo: Diseñador de nombre desconocido.
Tipografía: Fotografía de un diseñador de nombre desconocido.
Tipómetro: Diseñador desconocido de pequeña estatura.
Tipo móvil: Diseñador desconocido al que se le puede colocar en cualquier sitio.
Versalitas: Acto de mirar salas pequeñas.
Viñetas: Expresión de los diseñadores senior cuando observan diseñadores junior.
Web: Estado de cansancio de un diseñador gráfico.
Webmaster: El más flojo de los diseñadores


Sigamos con romanticismo "do de antes". A grabación é mala, como se acostuma, e ademáis é a primeira canción dun concerto, coa frialdade e os desaxustes das primeiras cancións dos concertos.
E ademáis a banda non ten a forza nin a destreza dos "Chatarreros de Sangre y Cielo" (por moito que o rapaz proclame o contrario)... En fin, "Dientes de mezcal".

Si te matas



Pasáronos este vídeo que se escoita un pouco mellor que aquel que atopáramos nós.

Un butrón nas altas esferas

A miúdo os medios contan como “desapareceron” cadros dun museo “menor” ou dunha colección privada: munches. matisses, picassos, gauguines... Semella que o de roubar en pinacotecas coma o Louvre ou o Prado está máis jodido, ou que os ladróns, que ademáis de ladróns son uns desaprensivos que se lucran coa Cultura, pensan que lle van sacar moita máis pasta a un picasso que a un tiziano, por exemplo. Non o sei, nunca estiven nunha poxa en Sotheby’s nin en Christie’s nin “frecuento” coleccionistas de arte, pero estou convencido de que os ladróns fan o correcto: roubar o que ten máis valor no mercado actual.
¿Alguén se imaxina, por outro lado, a Stéphane Breitwieser roubando no Guggenheim ou no MOMA? ¿Para qué? O valor desos edificios reside nos faraónicos soños dos arquitectos e os “mecenas” que os fixeron posibles, movendo unha pasta. ¿Qué roubas alí? ¿Unha tele de plasma e un mando a distancia? (coidado, porque ese mando a distancia está colocado á distancia exacta da pantalla, representando a distancia á que o ser humano se atopa de si mesmo!)
O ideal sería levantarse o chiringuito, para vendelo no mercado negro por pezas (enteiro sería un cantazo, claro, ou non, se gardas amistades decentes nas altas esferas), pero ¿cómo fas? Dende logo, non se che ocurra facer un butrón.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet