A vella agarrada



Hoxe Kafka é nova porque morreu a anciá que custodiaba o seu legado. Ilse Esther Hoffe era secretaria e amante de Max Brod, o amigo e albacea do escritor checo, e vedou durante toda a súa vida (101 anos) o acceso a “tan valioso conxunto documental” (vendeu, eso si, o manuscrito do Proceso pola cifra record de 2 millóns de dólares). Algúns estarán que non cagan. Nós recuperamos dúas vellas preguntas:
1) A foto do autor. ¿Qué se ve nesa faciana?
e 2) ¿Por qué esa xogada, antes de palmar, de entregar a Brod todos os seus escritos ordeándolle que os queime? ¿Impedíalle a tuberculose ou a tiránica moral do seu pai plantarlle lume el mesmo a todo aquelo? ¿Qué pensan os eruditos ao respecto?
“Traizoando” á vontade de Kafka, Brod non queimou nada, feito que o propio Kafka tería considerado, e todos os seus papéis remataron, finalmente, en mans dunha xudea avara (ou eso din).

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet