Este vran hai concertos ata en Sanxenxo, aínda que algún se malogre, provocando entre os lugareños crises de histeria e ansiedade. Foi o que aconteceu o sábado. Estaba prevista a inefable aparición de David Bustamante. O concello habilitara unha carpa onde se podía ler dende lonxe: “APERITIVO CON BUSTAMANTE”. Inexplicablemente (seguro que foi cousa do demo), non escintilaron os ollos da estrela latina entre o vulgo. Non apareceu.
Ademáis, o concello, que non ten cintura ningunha, limitouse a recoller a carpa, en vez de tachar o “con” de “aperitivo con bustamante” e chimparlle enriba un sinxelo “sen” (bueno, “sin”). Polo menos emborracharíamonos.
Agora que o penso é normal que non aparecera. Non mediou Satanás, nin houbo ameaza de bomba reivindicada por algún grupo independentista. Non. Foi o concello quen o espantou escribindo esa frase tan vulgar na carpa: “APERITIVO CON BUSTAMANTE”.
Se puxeran “piscolabis”, ou mellor, “refacción”. “REFACCIÓN CON BUSTAMANTE”, eso xa da máis nivel, ¿non?
Bueno, quédanos Pimpinela (¿escríbese con dous “eles”?). E en Cambados, que sempre nos levan ventaxa, traen a Fangoria e a Deluxe.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
julho
(32)
- Vacacións
- A perplexidade dos que nos ancoramos no pasado
- Artigo de Javier Ortiz
- Frases
- Novo Passat CC
- A segunda morte do tritón
- Onetti
- O amor en Gante
- Día do Carme. Foguetes en Bueu. Lentos, retardados...
- Tres fotos do concerto de Café Tacuba
- Nick Cave para a BBC
- A liberación de Ingrid Betancourt
- O martini que non
- Envexa
- As bandas sonoras de René Aubry
- Primal Scream
- O crítico radical
- Un grupo de música
- Kafka na SGAE (un acto)
- A vella agarrada
- Entrevista a Beck
- A bienal do crime
- Hai xente que pensa (modus operandi)
- Non somos "fibers"
- Malí e os porcos áulicos
- A familia Diabaté
- A irmá de Shakespeare
- Recomendación da semana para trasnoitados anónimos...
- Diccionario de deseño
- Sigamos con romanticismo "do de antes". A grabació...
- Si te matas
- Un butrón nas altas esferas
-
▼
julho
(32)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário