A segunda morte do tritón

O mar entra na terra. Linguas de Neptuno. Tridentes de sal espichados no cumio do Castrove, cargados de acios entre as augas abertas das Nereidas. O código de barras é a máscara de mercurio do deus e a súa cabalgadura de delfíns.
- ¿Vale así?
- Díxenche que fliparas, pero non tanto.
Debemos escribir sobre o Salnés unhas 80 veces; sempre nos piden o mesmo, que "inventemos". Suicidaríanse antes de ofrecer unha información limpa e concreta (xa sen falar de números!).
As adegas de California promociónanse incidindo na súa tradición e historia, precisamente do que carecen. Entras nas súas webs por arcos de columnas dóricas, e dentro ollas fontes de ninfas mutiladas, centauros comidos polas xestas e a ferruxe. Housewine, since 1986. Aquí, que andamos sobrados de Historia, e non moi amable, habería que facer ao revés, pero quén vende un viño como se fora un producto de alta cosmética, que sería o propio. Non. Ata Martín Códax, unha das empresas máis potentes e, posiblemente, a que máis coida a súa imaxe, na súa páxina non deixa de aburrir con todos os manidos encantos da terra e as fazañas dos devanceiros, aos que tanto amor lles procesan mentras dan réditos.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet