A familia Diabaté
Este Mamadou Diabaté é fillo de Toumani (Diabaté). Non sei se é o mesmo que tocou onte con el en Algeciras, nun concerto alucinante que retransmitiu Radio 3 a medianoite, e que a casualidade quixo que escoitara. ¿Por qué alucinante? Porque aquelo era Música e Comunicación (non me importan as maiúsculas), e non o lixo que escoitamos todos os días. Houbo algún intre “sacro”, co vello só tocando a kora do demo, pero logo se sumaba toda a banda e aquelo era unha festa, e o tipo que tocaba a guitarra eléctrica, que sería o fillo, era un monstro, e improvisaba ata o infinito sen cascarse ningunha paja! Alucinante, un pracer inmenso. Os que asistiron ao concerto deberon flipar, porque só pola radio xa te entraban unhas ganas de bailar e de abrazarte a todo o mundo inéditas (polo menos para min).
Os Diabaté son de Malí, e polo visto o fillo encarna a 76 xeración, vouno dicir ben, a septuaxésima xeración dunha famila consagrada á kora do demo: 21 cordas que o tipo ata lle dou por explicar cómo se tocaban; está tirado, con estas fas o baixo, con estas debuxas unhas poucas melodías... bah, esto faino calquiera :)
Hai xente que te reconcilia coa música, co significado primordial e vivo das palabras (si, si, porqué non deixarnos levar?). Os Diabaté son desa xente.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
julho
(32)
- Vacacións
- A perplexidade dos que nos ancoramos no pasado
- Artigo de Javier Ortiz
- Frases
- Novo Passat CC
- A segunda morte do tritón
- Onetti
- O amor en Gante
- Día do Carme. Foguetes en Bueu. Lentos, retardados...
- Tres fotos do concerto de Café Tacuba
- Nick Cave para a BBC
- A liberación de Ingrid Betancourt
- O martini que non
- Envexa
- As bandas sonoras de René Aubry
- Primal Scream
- O crítico radical
- Un grupo de música
- Kafka na SGAE (un acto)
- A vella agarrada
- Entrevista a Beck
- A bienal do crime
- Hai xente que pensa (modus operandi)
- Non somos "fibers"
- Malí e os porcos áulicos
- A familia Diabaté
- A irmá de Shakespeare
- Recomendación da semana para trasnoitados anónimos...
- Diccionario de deseño
- Sigamos con romanticismo "do de antes". A grabació...
- Si te matas
- Un butrón nas altas esferas
-
▼
julho
(32)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário