Hai xente que pensa (modus operandi)

Primeiro empuxan aos nosos bisavós a esquilmar todo o que atopen en terras “bárbaras”. Logo gardamos o noso sentimento de culpa nun banco suizo e enrollámonos, e convidamos á nosa mesa a ese gran músico ou escritor que naceu na Marxinación e na Pobreza. E para rematala ven Vargas Llosa, dende o seu púlpito no País, e nos chama críos, sempre soñando con que Robin Hood lle devolva aos pobres o que Europa e España lle roubamos, un Che que alivie o peso dos nosos pecados (a vaguedade do plural, neste caso, é fabulosa).
Mais o via crucis (xa que “estamos”...) non remata aí: preséntanse os intectuáis inviolables, os “cráneos previlegiados”, a dicirche o que hai que facer adaptándose aos Tempos, incluido, como chegamos escoitar, tragarse po-pu-la-res-pe-ro-en-xe-ño-sas teleseries españolas.
Eu tiven sorte porque non tiña tele e non puiden ver esas series, pero recoñezo que me sinto moi mal, terriblemente culpable, por elo. E prometo cambiar.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet