A bienal do crime

Un costarricense chamado Guillermo Habacuc Vargas montou unha exposición nunha galería de Managua. Dita exposición (ou performance, non sei) consistía nun can atado á parede, e na parede, escrita con comida para cans, a seguinte frase: somos o que lemos (guau!). O animal morreu de fame ante visitantes contemplativos e, claro, agora ao artista descalifícano como criminal, que o é, claro, ademáis de subnormal, pero ¿por qué queixarse agora? As galerías de arte están para entreternos con obras de cada vez peor gusto.


Hai dous anos no Reina Sofía podíase ver un vídeo de 53 minutos no que mataban a martelazos a unha vaca. Paréceme moi ben que dita “manifestación artística” indigne aos defensores dos dereitos dos animáis, pero resulta que rara vez se critican esas aberracións se non van acompañadas do sufrimento dalgún bicho.
O Consejo de Críticos de Artes Audiovisuales sacou un comunicado en defensa da “libertad creativa”. Eu quero formar parte dese consello, e saír cear por aí todas as noites.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet