Autorretrato de Nick Cave



Está sacado dun foro para culturetas. Debe andarse a modo, un lugar de encontro para miserables cuia vida depende das exhibicións dos artistas que adoran ou denigran con aviesa egolatría e nauseabunda modestia.

I look at you and you look at me and
deep in our hearts know it
That you weren't much of a muse,
but then I weren't much of a poet

:))))Terán que estudalo, psicoanalizalo... Pasando ampliamente. Escoitemos as súas cancións unha vez máis.

A imaxe dos musicos

O director dun spa mandoume unha foto na que aparece con Rosendo para que lla arranxe: está desenfocada e con partes queimadas. Rosendo bótalle o brazo polas costas na recepción do hotel. O que disparou debía estar fino.
- ¿Para qué é a foto?
- Para El Correo Gallego.
Se é para o Correo vale. Photoshop ten límites. En pequeno e en blanco e negro dará o pego sen problemas.

Paralisis Permanente

Qué morbo tiña Ana Curra.

AKI

Concurso de agosto: cómo se aborta [sic] un botellón dunha soa persoa? Envía BOTE ao 5555 e recibirás 2 hostias polo morro.

Publicidade viral

Chámanlle así. Este spot de Dove está feito, pensado xa, para youtube, como conta o director creativo (entrevista na bitácora Publicidad 2.0). Gañou o Gran Prix en Cannes e logo a compañía levouno a televisión. O "boca-ourella" funcionou maxistralmente.
Recomendamos levar un pouco de coidado con Photoshop: a unha tía na Playboy de Brasil deixárona sen embigo.

La Polla Records

Alphaville

Para que nos acusen de intelectuáis con propiedade. Qué tempos aqueles nos que fardábamos soltando frases ou diálogos do Calígula de Camus, diálogos como este, espectacular, que viña na contraportada do disco:

(O XOVEN ESCIPIÓN pasa por detrás de CALÍGULA e se achega, vacilante. Extende unha man hacia CALÍGULA e a apoia no seu ombreiro. CALÍGULA, sen volverse, cúbrea cunha das súas).

O XOVEN ESCIPIÓN
Todos os homes teñen algún doce consolo na vida. Eso axúdalles a continuar. A él recorren cando se sinten demasiado gastados.

CALÍGULA
É certo, Escipión.

O XOVEN ESCIPIÓN
¿Non hai, pois, na túa nada semellante? ¿A chegada das bágoas? ¿Un refuxio silandeiro?

CALÍGULA
Sí, a pesar de todo.

O XOVEN ESCIPIÓN
¿E qué é?

CALÍGULA (lentamente)
O desprecio.

TELÓN

Pasaron máis de 20 anos e non sentimos ningunha nostalxia, pero quén se atreve a sacar algo así hoxe en día.

Un Smart para Jack O Destripador

Segundo este spot, "Backseat", todos os asasinos o terían difícil para facer o seu traballo. Gañou un León de Prata no Festival de Publicidade de Cannes. O Smart debe ser un coche malo, porque venden menos do agardado cando fan campañas de publicidade epatantes.
Eso si, debe ser moi cómodo para moverse polas angostas rúas de Londres que frecuentaba Jack O Destripador.

A publicidade de Intel



O follón que se montou. Toda a peña benpensante ficou indignada, e a peña benpensante, enrollada, non racista, debe ser o 99,9 % deste mundo. Non imos entrar no tema da hipocresía. Un tipo con pinta de executivo enrollado semella dicirnos con enrollado sorriso:
"Multiplique o seu rendimento informático e maximice o poder dos seus empregados".
Ollamos campañas anteriores de Intel. Cál será a axencia de negados (enrollados) que lle leva a publicidade? Para eso invisten tanta pasta.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet