A montaña deséxalles 2010



Xa coñecen o conto, se Mahoma non vai á montaña, a montaña vai onde Mahoma. Neste caso eu son a montaña, e Mahoma son os Sundays. Fixen a 13/14, que diría a moza. ¿Que esto non está aquí e alí non se pode? Pois mo baixo todo, e logo subo unha canción aquí, porque eu o valgo e fruslerías.

Baixei a discografía completa máis algo máis. Nin Ana Belén nin Ramoncín, desgraciadamente, mo terán en conta. A brindar contra a Meca. Bo ano novo.
<>

Tiroulle o iMac de 27’’ á cabeza

Tiroulle o iMac de 27’’ pulgadas, Core i5 de Intel a 2,66 GHz, 2.560 x 1.440 píxeles de resolución, 4 GB de memoria, Disco duro de 1 TB, SuperDrive de doble capa a 8x, Gráficos Radeon HD 4850 de ATI con 512MB, envío gratuito por 1.749,00 euros. Ela saiu ilesa de tamaño atentado doméstico. Quen non o contou foi o ordenata; siniestro total. Preguntáballe que a quén quería máis, se ao Mac ou a ela, porque igual no Mac atopaba unha excusa para o medo de amala, a ela ou a outras. Non podía recomendarlle ao seu psicoanalista por razóns obvias, pero coñecía a outros tan bos ou mellores que o seu. Eu quérote, de verdade, dicíalle.
<>

Tremendo tema dos Sundays



Quedamos con ganas, polo que nos puxemos a remexer na internet. Resulta que os Sundays editaron tres discos. Gardamos o primeiro, "Reading, writing and arithmetic" (baixámolo do eMule, en vinilo, hai cousa de vinte anos), logo perdémoslle a pista, por razóns típicas, falta de tempo e falta de medios, e pensabamos que só sacaran un máis, pero non, sacaran dous. Entre esos dous discos que nunca escoitamos hai cancións soberbias, como a desta entrada, "When i'm thinking about you", de "Static and Silence" (o terceiro, o derradeiro).

O reproductor de música que aquelamos para o outro blog ficou inútil por un acordo ao que chegou a casa con Youtube, no reproductor do que tiramos aquí non está esa canción, así que vai, curiosamente, vía Youtube. As fiestras estalan en fría e doce dor da choiva, mentras a música leva a outra cidade, a outras persoas. Absterse jevimetaleros e linkinparkers.
<>

A velocidade pasou por Pontecesures

O AVE non nos comunicará coa meseta, transportaranos vertixinosamente ao Primeiro Mundo e os Tempos Modernos. A comunicación é o de menos, que para eso xa inventaron o Facebook e o Twitter. Políticos e executivos plantaranse en Madrid ou Barcelona en dúas ou tres horas. AVE arma electoral, prazos arma arreboladiza. Xente que se pode permitir o precio do billete. Alternativa para as pontes aéreas. Mentras nolo venden, RENFE segue a suprimir liñas e a abandoar estacións, vendéndonos o razoamento de que non son rendibles. Xa non hai proximidades, só media ou longa distancia.

Cómo fai unha vella que vai de Padrón ao mercado de Santiago. Eso non é nada: cómo colle un estudante o tren de Vigo a Santiago, se pilla unha velocidade media semellante á do AVE chinés, 350 km/h; a inmaculada máquina infernal sáltase Pontevedra e Vilagarcía fixo, en Compostela comenza a frear, e aos 15 minutos vara na Coruña, na praia do Orzán.
<>

O museo do polígono

Se alguén é afeccionado a eso das exposicións e os museos, e anda por Santiago, recomendámoslle que pase do CGAC, da Casa da Troia e da Casa da Parra, e dende logo que pase da Cidade da Cultura, que alí como moito atopará os planos que se deixou o arquitecto Peter Eisenman logo de cobrar. A máis ambiciosa exposición de arte está no polígono do Tambre, onde non deixan de amorear o mobiliario e os monumentos urbanos que van retirando do centro, como a fonte da Praza Roxa ou aquela estrela tan chula que puxeran para o cambio de milenio. Algúns bancos ou farois quizáis non atesouren un gran valor en si mesmos, pero forman un conxunto artístico contemporáneo de visita obrigada.

Aínda que é unha exposición aberta, no sentido de que sempre estará engadíndoselle algo, acadará unha entidade máis seria cando suban para alí o hangar da estación de RENFE, que xa dixo Pepe Blanco que o AVE está por chegar, e algunhas naves cesen definitivamente nas súas actividades. O museo é de entrada libre as 24 horas os 7 días da semana.
<>

O discurso de Su Majestad visto pola gata

Este ano non quería perderme o discurso de Noite Boa do Rei. Primeiro porque sempre mo perdín, e segundo porque anunciaban unha revolución no formato. Vale, máis ben ao revés, supoñendo un lastre á hora de valorar dito discurso. Suposición errada. Facíanse cábalas: decorados sacados de “Fama, a bailar”, vertixinosos cambios de plano... ata un discurso propio. Eu pensaba nos programas de música dos primeiros 80, ou nunha marioneta aforcada da que sairía unha lingua republicana, algo así. Insisto, non sei como era antes, pero non atopei ningunha diferencia. Cambiaban de plano con cada parágrafo, si, de esquerda a dereita, e de fondo a bandeira, o belén, o abeto e unha fiestra que daba a un xardín no crepúsculo.

Coa familia cumprindo nas visitas de familia, a gata e máis eu estabamos preparados. Dinlle unhas barriñas de salmón desas que tanto lle gustan, abrín unha botella de champaña e acomodámonos no sofá. Su Majestad, que semellaba dirixirse a nós, comenzou a falar de corazón, de terrorismo, de tempos difíciles, de innovación consustancial e tradición inmensa. A gata, aos dous minutos, estaba na súa caseta acolchada.
<>

O demo está no "z"

O superaxente Torquemada ataca de novo. Por se a alguén se lle esquece o que está a facer e a onde quere chegar. Por se alguén se resigna, aceptando que todo está feito. Non, aquí queda moito traballo que sacar adiante, como nos calabozos da Inquisición ou nos estadios latinoamericanos que mencionabamos aí atrás. Hai que torturar longamente, nada de matar a un herexe e pasar rápido a outro herexe. Díxolle Torquemada a Carlos Aymerich, o do Bloque, que el non ten problema coa Lei de Normalización Lingüística, pero se queren que a aplique en consenso (é un cachondo mental) o primeiro que deben facer os nacionalistas é rexeitar o topónimo Galiza. E logo, ¿non era que os dous, Galiza e Galicia, eran válidos, avalados ambos por filólogos e historiadores? Pois non, e esto non é un déjà vu, esto é un a ver se deixamos as cousas no seu sitio dunha vez, por favor.

Postos todos a repugnantes, podiamos esixir un mínimo de coherencia, é dicir, que devolvan os restos de Castelao a Buenos Aires. O autor de “Sempre en Galiza” dicía que non voltaría á súa terra, nin vivo nin morto, ata que Galiza fora unha república. Se non é unha república nin se pode chamar Galiza, ¿por qué o trouxeron para o Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval (se ademáis a súa vontade era descansar en Pontevedra)? Porque o PPdG é máis galeguista que vostede e ca min.



Certo é que andan sobrados de alternativas; se non queren devolver tan incómodo cadáver a Arxentina, que xa sabemos que non hai cartos para parvadas, poden modificar, cheos de razón, o título do libro, que se chamaría “Sempre en Galicia” ou mesmo “Siempre en Galicia”. Aproveitando, tamén podían reescribir a súa biografía definitiva:

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, escritor y político gallego nacido en Rianjo, La Coruña, de padre madrileño y madre toledana. Luchó infatigablemente por integrar su a(o re)trasada “tierriña” dentro de la corona española. Se vió obligado a emigrar en tiempos de la II República, cuando sus libros ayudaban a prender las llamas de iglesias y conventos.

Descansar, o que se di descansar, non sei se descansará moito.

O GALEGUISTA Torquemada (e os outros detrás), por certo, moita presa ten en que Caixa Galicia e Caixa Nova se fusionen, por aquelo da GALEGUIDADE dunha caixa GALEGA unida e forte. Conmovedor ímpeto político para un pingüe trapicheo económico.


"The devil is in the details", refrán inglés.
<>

Apuntes sobre a final do campeonato mundial de clubs

Non se preocupen, como dixo Guardiola, o futuro do Barça é negro. E o que lles costou o partido; se en lugar do Barça esta final a disputara o Madrid, o partido sería moi distinto; posiblemente o Madrid ganaría fácil.

“La Bruja” Verón dixo que o que quixera espectáculo que fora ao teatro: hai que recoñecerlle certa sinceridade. A ver se o ficha o Madrid.

Os partidos de fútbol pola tele serían máis levadeiros sen ter que escoitar ao comentarista da cadea, que por non saber nin sabe o que é “o tempo narrativo”, que curiosamente vai parello ao tempo deportivo.

Escribir “en quente” ás veces está ben. Logo un ponse a pensar e ou non escribe nada ou escribe mellor, pero peor.
<>

Días do 2009






Aínda que dentro de 15 días ninguén se lembre do que por unha vez podemos chamar con propiedade unha xesta, nos xa temos qué contarlle aos netos do 2009. O Barça seguirá sufrindo nalgúns partidos, enfrontarase a equipos con carácter, ordeados, que xogan coas liñas xuntas e disparan contraataques con xogadores admirados tipo CR7 (xa saben, o da folha seca e Paris Hilton). É impensable que repita o deste ano, gañar os seis títulos posibles. É alucinante. Esto foi alucinante: gañalo todo cun fútbol tan guapo como certero, xogando contra rivais cada vez máis pechados, máis rudos, aplaudidos por colocarlles cans de presa a Xavi, Iniesta e Messi.

Polo de agora ninguén discute que a xesta (proeza, fazaña ou como se queira) é Obra de Guardiola; o entrenador desfondouse como un bocoi de seda e osos, ao rematar o partido, e chorou (hoxe permitirémonos algunha licencia). Ah, que os homes non choran. Visca el Barça, coño, i visca Catalunya.
<>

O pasaporte de Aminatou Haidar

Estampado na medialúa un selo de aduanas; pase a páxina, o sol que se pon, cunha liña de lume no horizonte recortada pola silueta negra das cabuxas; outra páxina e hai roupa tendida, e as cámaras dunha productora española: están rodando unha película moi comprometida, "duríssima" (o logo da productora, un acento circunflexo sobre o "Z", resalta entre as bandeiras castigadas polo vento e a area). Na seguinte páxina aparece Rosa Díez sentada cos fillos de Aminatou; o home ofrécelle té.

Páxina en branco, a señora Clinton, dende Washington, en presencia de Moratinos, nin menciona o caso sen resolver desta saharaui en folga de fame. Fíltrase que é un asunto bilateral, que os intereses dos EE.UU. en Marrocos esíxenlle non intervir. O PP apela ao espírito de Perejil.
<>

O desdén da dereita

O colectivo Queremos Galego fixo pública a resposta negativa do presidente da Xunta a reunirse cos seus representantes. Feijóo informoulles que deben dirixirse á Secretaría Xeral de Política Lingüística, que si, que é urxente que manteñan unha xuntanza con Anxo Lorenzo. Nada sorprendente porque non só a burocracia pertence por "lei natural" á dereita, tamén o tempo, a lingua, o pensamento e dende logo a riqueza de toda sociedade. O seu desdén hacia calquera forma de diálogo que crean unha ameaza aos seus primitivos intereses está aí, sempre o estivo; como as vellas locomotoras e os camiños de ferro, forma parte da paisaxe social de moitas xeracións.

Ben é certo que este desdén é insignificante en comparación ao meu desprezo, que nace da profunda convicción de que a vida sería un pouco máis levadeira sen elementos coma o noso presidente (para min en primeiro lugar; son egoísta, non enrollado). Outros que din ser de esquerdas funcionan coa mesma soberbia barata (non temos reparo en alimentala), e acuden ao diván en plan todo controlado.
<>

Teño a alma estragada

“Aspiremos ao mundo que debera existir: ese brillo de divinidade que todos levamos como inspiración na alma que chamea.” Barack Obama

Levo toda a mañán ollándome o peito, apalpándoo e axitándoo, por se noto algo, se soa como unha hucha petada de moedas ou se arde purificándome e iluminándome. Nada. Debo ter a alma estragada (entre outras cousas), ou son o que se entende por un desalmado. Moitos fican abraiados con Obama, e sobre todo fican abraiados con cómo fala, coa súa “oratoria”. O discurso que soltou na recollida do Premio Nobel da Paz xa o coñecen, saiu e sae bendito en todos os medios.

Mencionou a Martin Luther King e a Gandhi, que sempre quedas ben, xustificando a guerra como único xeito de derrotar ao Mal. Por Afganistán anda, derrotando e apoiando ao narcotráfico, aos talibáns e a Bin Laden. Como Bush, pero coa alma máis brillante.
<>

O encargado de producción



O grupo de Antonio Luque. Imperdoable non ter posto ata agora nada del. Este sevillano está máis preto do funcionariado que das estrelas do rock, tardando os seus anos en poder deixar a fábrica de Bollycao onde traballaba como encargado de producción (cool, ¿verdade?). É un dos mellores letristas, con diferencia, do pop español, movéndose con amabilidade entre o surrealismo e o costumismo, cantando en castelán cando todos cantaban en inglés, pulindo melodías. Coido que acaba de publicar un libro.

Táchano de escuro, mesmo críptico, e de soar demasiado a The Cure e a Echo and the Bunnymen; o escuro non é el, senón o cerebro dos consumidores de rock; afirmación esta que nin el compartirá, el non ten problema co que se diga. Vive en Málaga e gústanlle as sardiñas ao espeto.
<>

Haiku

favor da mera
leito onde pelexan
os condenados
_

Pinochet tamén defende ás marcas

Os dos iogures podían facer un anuncio con Pinochet (¿seguro que está morto?). O prócer que levou o benestar a Chile sentaría tras o augusto escritorio do seu augusto despacho, onde en lugar do tinteiro, escuro, espeso, pesado e viscoso, colocarían un danacol ou un activia desos, e alzando outro coa man, pronunciaría estas augustas palabras:

" Yo, Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, Comandante en Jefe del Ejército de Chile, Presidente de la Junta Militar de Gobierno, Presidente de la República y Jefe Supremo de la Nación, quiero manifestar mi amor a Chile y a los chilenos; por eso no torturo ni mato ni desaparezco ni robo para otros países. Como Danacol, que no fabrica para otras marcas."

Sería un éxito de marketing sen precedentes, de tal envergadura que nin o xuíz Garzón nin a xustiza británica serían quen de conseguir que se retirara o spot da televisión.
<>

Un equipo Pinochet

Non che sabía eu ese chiste que conta Eduardo Galeano, que a saber se é invención súa ou unha mostra máis do humor que une a todos os latinoamericanos (a autoría esváese). Di o escritor uruguaio que no "idioma internacional do fútbol", aínda se chaman Pinochet os equipos que son moi malos, porque enchen estadios para torturar á xente.

¿Cómo sentaría aquí chamarlle Pinochet ao Real Madrid? Este domingo vou facer a proba no bar; a ver se saio vivo (oia, esa é unha broma de moi mal gusto).
<>

A actualidade segundo Galeano

Estamos a ler “Espejos”, de Eduardo Galeano, título que habería que abandoar polas bibliotecas de institutos e facultades. Nada de poñelo nos temarios, que xa se sabe que pasamos de ler todo aquelo que nos mandan. O libro é “una historia casi universal”, que ese é o seu subtítulo, case nada ambicioso, case 600 relatos que lle pegan un limpo repaso á historia (a-His-to-ria). Sería imposible salientar algún desos relatos, todos igual de ben escritos, todos incisivos, estimulantes, oportunos e desapaixoados (entendendo este último adxectivo, con perdón, ao Bertolt Brecht, como un alonxamento reflexivo que nos quita un pouco o peso das emocións, convidándonos a unha observación crítica). Sería imposible, pero a continuación vai un fragmento dun desos relatos, no que comenta con lacónico sentido do humor o intervencionismo dos EE.UU. en América Latina ao longo do século XX:

“...algún estudioso llegó a la conclusión de que los Estados Unidos eran el único país donde no había golpes de estado, porque allí no había embajada de los Estados Unidos.
Esta conclusión fue confirmada cuando el general Pinochet obedeció la voz de alarma de Henry Kissinger, y evitó que Chile se volviera comunista por la irresponsabilidad de su propio pueblo.”

Este relato lémbranos o que está a suceder en Honduras (golpe de estado, eleccións "democráticas"...), unha historia sen final que posiblemente inaugura unha nova forma de actuar por parte da diplomacia norteamericana. Unha nova forma de actuar para preservar os intereses de sempre: os relatos de Galeano, sitúense hai 30 ou 3.000 anos, falen de Cleopatra ou o antroido, a seda ou Stalin, gardan unha actualidade salvaxe.
<>

Copenhagen, capital da Ribeira Sacra

O primeiro e máis visible efecto da ampliación do encoro de Santo Estevo, no Sil, cortesía de Iberdrola, será o descenso do nivel da auga. Que non se diga que non estudiaron o impacto medioambiental na zona. Dito efecto encadearase a outro, non necesariamente ligado ao equilibrio da biomasa, ou como se chame: os catamaráns, que levan á xente a dar unha volta en plan turismo rural, non poderán navegar entre os canóns; mais non cunda o pánico porque as deputacións de Lugo e Ourense xa teñen a solución a este pequeno contratempo; van substituír o negocio das embarcacións por unha ruta do viño (no Salnés temos experiencia). É máis, se a eléctrica se deixa de parvadas e seca ben o río, os guiris gozarán da oportunidade de ir dunha adega a outra camiñando (de paso practican senderismo ou "trekking"), en "mountain bike" (hai que habilitar un carril bici) ou no 4x4 (visiten as adegas pero non beban).

Quedan poucos políticos como Baltar, que ofrece solucións reais e concretas a problemas reais e concretos. Nada que ver con Obama, que se paseará a semana que ven por Copenhagen en bicicleta e nos querá convencer de que para o próximo cumio contra o cambio climático EE.UU. comprométese a consensuar unha saída rendible para as empresas que facilite a reducción de emisións de CO2 á atmosfera. Palabras valeiras das que desconfiar. Baltar, se eso, mañán mesmo trae a Al Gore para que nos solte unha videoconferencia. Todo sexa pola Ribeira Sacra.
<>

A competencia

Din que co avance de internet e as tecnoloxías calquera se cre fotógrafo, deseñador, xornalista ou escritor. ¿Cal é o problema? Sempre houbo fotógrafos ou escritores malos; a diferencia é que agora son máis, e que os bos poden achegar os seus traballos ao público máis doadamente. O que teme a competencia ten un problema grave.

Estamos a falar de pasta, claro, que é o único que conta.
<>

Pregunta de inxenio

Presten moita atención, que é difícil, e lembren que o primeiro acertante pasará un día con Robe Iniesta nos lendarios estudios Abbey Road de Londres. Atención. Por favor, compañeiros, redobre de tambores. A pregunta, están todos preparados, os telespectadores poden participar tamén dende os seus fogares, xa saben, chamando ou enviando un sms ao enderezo que aparece no inferior das súas pantallas. A pregunta... ¡é a seguinte!:

¿Cal é a diferencia entre Promusicae, a SGAE e a AVT? - pronuncia a modo.
Repetireina unha vez máis: ¿Cal é a diferencia entre Promusicae, a SGAE, e a AVT?

Saben o que é a AVT, ¿verdade? ¿E a SGAE? Claro que saben o que é a SGAE; ao noso programa "Cráneos Previlegiados" apúntanse os mellores cráneos do país, apúntese vostede tamén e veña por un dos nosos premios, e atención porque o tempo comenza XA. Teñen 30 segundos.
<>

O negocio medieval



Din que as redes P2P están "matando a música". Xa nos gustaría, que se cargaran a Loquillo, a Rosario, a Bebe, a Víctor e Ana, a Ramoncín, a Miguel Ríos, a Robe Iniesta, todos os progreways, os auténticos... Vetusta Morla autoeditaron o ano pasado o seu primeiro álbum: venderon máis de 35.000 copias (disco de ouro). Eles recoñecen que non teñen ningún problema con este asunto das descargas en Internet. Traballo sentido e ben feito, abaratamento, que non empobrecemento, de recursos publicitarios, eliminación de parásitos na cadea, precios razoables... suponse que os tiros van por aí.

Co que sacan quizáis non poidan mercarse un castelo en Escocia, pero van saíndo adiante, proxectándose, os seus seguidores participan dunha emoción, venden, comen, crecen... en fin, e non terán problemas cos politonos e o top manta. Claro que Miguel Ríos tampouco; ¿víchedes algunha vez un disco do noso eterno rockeiro na manta despregada dun nixeriano? Eu polo menos non.
<>

A propiedade é do de sempre

Non abundaremos no mal que nos caen os da SGAE e a ministra de Cultura, mais si insistiremos en que si se deben protexer os dereitos de autor. O modelo ao que se aferra a SGAE é repugnante. O "debate" está puerilmente radicalizado, e agora resulta que "os bos" son os internautas; friquis togados, ribetes de almidón no rato, de súpeto, que organizan manifas e distribúen manifestos infestados de palabras gordas e serias. Ata o PP está con eles.

¿Buscar, consensuar un marco legal beneficioso para todos? Case nada.

Tiven un xefe que me dicía que todo o que facía dentro da empresa era "propiedade intelectual" miña. Cando me despediu, non me molestei en levarme nada, e non había resentimento ningún. Coidaba que era propiedade súa e que tiña mellores cousas que facer.
<>

Dereito de cita (II)

Pode darse o caso de que o autor "fique legalmente impedido" incluso para citarse a si mesmo, porque ¿de quén é propiedade a propiedade intelectual? Do autor non é, do lector tampouco, e da igual porque hoxe en día ningún texto garda valor per se, o valor dispénsanllo os enlaces. Lembremos.

Os que velan polos dereitos dos creadores en internet son oenegés da Cultura, e o seu afán colócaos nun punto de vista trasnoitado. Xa o dixo... Shakespeare.
<>

Quén carallo son os da EBLUL

EBLUL, European Bureau for Lesser Ussed Lenguages, axencia europea das linguas minoritarias, é unha entidade da UE promovida polo Parlamento Europeo e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU). Agora sabemos para qué vale todo eso de Bruxelas; para sacarse fotos (en Bruxelas), que está moi ben; para chegar a acordos fabulosos en materia agropecuaria, que está ben, e para que mentes ociosas anden a enredar, que está mal. Esta axencia pegoulle un toque á Xunta porque "as medidas adoptadas contra a lingua galega dende o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos suscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas. A nova completa pode lerse en Público.

A política lingüística emprendida pola executivo de Feijóo (¿voluntario, interesado refén de Galicia Bilingüe? ti flipas) desminte a resolución da EBLUB, que "desconoce la realidad lingüística de nuestro país" (ABC). A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a impulsar unha "política activa y transversal de promoción" do galego. Ao fin e ao cabo, estamos a falar dunha resolución emitida por unha “entidade consultiva”, uns matados (transversais) sen Poder.
<>

A personalidade do Real Madrid

A frase que máis se escoitou onte logo do clásico Barça-Madrid foi que este último deu unha demostración de personalidade. Os medios madrileños hai décadas que calan acertadamente nos bares da periferia (anacronismo non).

O Madrid presentou as súas credenciais a aspirantes a TODO, no Camp Nou. Demostrou personalidade, gozando de incontables ocasións (aparte de que tivo Ronaldo a pase de Kaká, queremos dicir). De personalidade andan sobrados; non hai máis que pensar en Ronaldo ou en Sergio Ramos, ou en Kaká, que lle pasa o 10% do que cobra ao Señor.


Hai tempo que tememos pola integridade física de Iniesta, pero non só dentro do campo. Medio se salva porque é castelán vello (agora todos sabemos onde fica Fuentealbilla), porque de ser catalán, os da caverna, nunha demostración máis de personalidade, son capaces de meterlle unha bomba-lapa debaixo do coche e logo dicir que foron os de ETA (búsquenlle vostedes a conexión).

Nos telexornais podían cubrir a nova como nas películas do Padriño de Coppola. Iniesta dalle ao contacto do coche nunha escura garaxe barcelonesa. Mete primeira. Ronaldo marca un gol antolóxico no Bernabeu. O coche estoupa. Xúbilo nas bancadas.
<>

Patrocinadores de penas

Logo do 3-1 que lle endosaron onte ao Celta lembramos ao equipo de cando Horacio Gómez. Non ganou nada, pero practicaba o mellor fútbol do continente, con Víctor Fernández de entrenador e xogadores como Mostovoi, Karpin, Gustavo López, Mazinho ou Haim Revivo. O mesmo presidente levouno a unha bancarrota da que safou, pero da que semella non recuperarse no deportivo (e no económico, ¿quén sabe cómo están as contas?, aínda que eso sexa algo común á maioría dos clubs de fútbol, e non só de primeira e segunda división).

Daquela todo o celtismo tiña na boca o nome de Agnus Dei e outras empresas emparentadas (vaiche ser o albariño). Empresas que medraban, equipo que xogaba sobre unha estructura económica especulativa que rematou índose abaixo, como así ten que acontecerlle a Lendoiro e o seu Depor.
<>

Todos os domingos de novembro

Esta é unha entrada vella, levemente retocada. ¿Alguén lembrarase dos Sundays, un trío modesto, intrascendente, que gravitou arredor de Londres? Sacaron o primeiro LP e foron entronizados coma os lexítimos herdeiros dos Smiths, o que demostra que os mass media, comenzando polo NME, tiran de drogas duras cando non saben qué facer.

Os Sundays estaban moi ben; modestos, algo eslamiados e con melodías envolventes. Unha gozada redescubrilos tan puntualmente, exactamente por terceira vez (correxíndonos sempre).


<>

Eloxio do viaxante

O grupo PRISA acumula unha débeda de máis de 5.000 millóns de euros, o que costa adoutrinar aos súbditos. Por un euro, con El País, vende películas eróticas (xa ten que vender millóns se quere sacar algo de pasta). No mesmo xornal, casualmente, escribiu hai unhas poucas semanas Vargas Llosa un eloxio do erotismo, tema recurrente na súa obra ("Elogio de la madrastra") e para el barómetro que mide o refinamento da sociedade. Entendemos que pode ser o primeiro paso dunha estratexia de venda: a publicidade. O segundo: poñerlle unha furgalla chea de pelis ao escritor peruano, e asignarlle unha ruta, e como a outros viaxantes, incentivalo con comisións.

Xa o estou vendo pedindo as facturas nos restaurantes das estradas, para que logo llas abone a empresa. E por qué non, ollando o escote da camareira que se inclina para servirlle unhas ameixas á mariñeira, agardo que sexan do seu gusto, señor, bo proveito. O mesmo lle inspiraba para outro libro, sacándose un sobresoldo.
<>

Man de Henry

Dicían que o fútbol, ademáis dun negocio, era un deporte. Dentro do deporte entraban a sorte e a picardía (que se trasladou malamente aos despachos), ademáis de intereses, entre moitos outros, da FIFA. Non negamos que a xogada de Thierry Henry é unha putada que se sae do regulamento, para os irlandeses, pero o tipo fíxoo ben. Aínda que minta, podemos crer que a súa acción foi instintiva: o balón ía rápido.

O de Maradona foi máis cantoso e chamáronlle A Man de Deus, e ata dubido que os ingleses lle garden xenreira. Os medios encárganse do resto; o deporte está moi ben, pero cada can co seu amo.

Platini podía ordear que se repetira o partido. Gañaría moitos puntos. Claro que os franceses non andan moi seguros da súa selección.
<>

Chega o contrato alemán

Algún malpensado o mesmo cre saber como funcionan as negociacións entre goberno, patronal e sindicatos. A patronal presenta un escenario laboral en crise, que xustifica o abaratamento do despido e a caracterización dos empresarios como ogros. O goberno pide calma e paciencia. Os sindicatos ameazan e aseguran que non cederán (ui qué medo, olla como tremo). O escenario vólvese negro. O goberno admite que se afrontan meses ou anos (outra cifra difícil, que nin sequera o presidente da reseva federal ten clara) de “precariedade transitoria”, ou algo así. Sobre ese escenario, pactan “un gran contrato social” que non cubre os máximos propostos pola patronal, pero que son aceptables para esta. Aos sindicatos ofrécenlle saídas como a implantación do “contrato alemán”, ou absurdos sentidos como ese que apunta ao pagar por traballar, e non para Ferrán Adrià nin Toñi Vicente, e péchanlle a boca.

O contrato alemán consiste a grosso modo en que, en lugar de despedir aos traballadores, estos traballan menos horas, págaselle o correspondente e o Estado faise cargo do que falta para redondear unha nómina da que comer (paciencia a do responsable da cadea de montaxe da fábrica, que ten que contemplar como tres vagos se reparten o traballo que antes desempeñaba un so). Din que foi un éxito en Alemania, claro, onde “hai nivel”. Logo, a precariedade deixa de ser transitoria.
<>

Cultura e ouropel

Concedéronlle o Premio Nacional de las Letras Españolas a Ferlosio (Francisco Umbral non debe estar tranquilo na súa tumba; tanto premio que recibe alguén que non anda aos premios). Ante os medios congregados na sede madrileña de Destino, soltou algunha frase sen importancia, como a seguinte:

“En todas partes la cultura ha sido siempre un instrumento de control social"

Non o mitifiquemos. Non nos queimemos, tampouco, por 40.000 euros. Dixo que con esos cartos ía "facer obras" na casa.
<>

Un vampiro para William Faulkner

Imos con dous vídeos dun mesmo tema, co que comenza unha serie con vampiros, tan de moda eles (non preguntaremos por qué). No primeiro escóitase unha versión recortada, que serve de intro, onde os créditos van aparecendo sobre unha sucesión de entrañables imaxes sureñas (quinqué: pantano de sexos familiares cosido por un crocodilo). No segundo soa a versión orixinal do autor, Jace Everett, que aparece por aí (esta canción é súa e non o mencionan, limítanse a dicir que a banda sonora está composta por un tal Nathan Barr).

Aínda que non achega nada novo, "True Blood" ten dous atractivos: un, que non pretenden ser máis orixinais que ninguén, e outro, que o protagonista é un vampiro chamado Bill Compton, que loitou polo Sur na Guerra de Secesión. Puro Faulkner, ata o apelido.




<>

Explicación de Rafael Reig

Esta é a explicación que da o escritor no seu blog sobre a súa desaparición do xornal Público.
<>

O factor ADSL

Ao final semella que así foi, votaban en urna electrónica e houbo unha abstención do 60%. Todos contentos, ata os que estaban descontentos estaban contentos porque Rosa Díez era reelexida. Fetén.

O da abstención podemos achacarllo á conexión a internet. Culpa de Telefónica e a tramposa oferta dos 6 megas.

A prensa non podía entrar onde os relatorios. Qué transparencia tan opaca!
<>

Cuarteta da morte

xace na area negra
o espiñazo de ferruxe
logo a gaivota medra
entre a tuba que ruxe
_

Poña un economista na súa vida

A economía está de moda. Non hai máis que ver a ese bondadoso Emilio Botín que aparece no anuncio de Repsol, soltando, cómo non, un acrónimo. RI, repostaxe intelixente, é unha estupidez, pero resulta que a di un señor envexablemente traxeado sentado nunha cadeira de brazos de coiro, que le o Wall Street Journal, e que solta acrónimos. Os acrónimos e os conceptos son importantes.

A economía que é orixe e fin de toda mascarada política, eso sábeo todo o mundo. Estamos en época de crise e gústanos manexar acrónimos, preguntarlle por detalles técnicos ao viciño que traballa na sucursal do barrio.
<>

Hai que coidar o céspede español

Hoxe foi reelixida Rosa Díez como líder de UPyD, co 78% dos votos dos militantes (en calquera xornal poden acceder a todas as estatísticas). No seu primeiro congreso nacional, a agrupación deu un curioso exemplo de democracia interna; presumindo de voto por internet, arrastrando 14 expedientados e cunha porcentaxe de participación do 40%. O partido (Savater, Álvaro Pombo, Vargas Llosa e demáis “cráneos previlegiados”) quere retirar a protección ás linguas minoritarias da constitución española. A voceira do novo Consello de Dirección asegura que defenden o bilingüismo e que ningunha das dúas linguas precisa protección. Se así é, ¿por qué organizaron unha cruzada en defensa do español, contra as falas periféricas? En Galicia tiñamos unha política de mínimos (50%) que nin sequera se cumplía (a diglosia continuaba), aprobada durante o mandato de Fraga. Non estaban tranquilos. Non era unha campaña publicitaria.

A única explicación que se nos ocorre á súa postura e a cómo movilizaron a certos sectores da sociedade é que o galego, o catalán e o euskera son como a mala herba; podes arrincala, pero volve crecer, polo que o máis efectivo é fumigar, que non quede nada (e a esta medida chamarémoslle bilingüismo armónico). Pensemos que esa mala herba desluce e mesmo pode matar o primoroso céspede polo que camiñan entre 450 e 500 millóns de persoas.
<>

Volve o trobador

En La Huella Sonora pódense descargar tres cancións do que será o seu próximo disco, que están como espidas, ademáis do pdf co texto de presentación da xira. A web inclúe o caderno de filosofía de Santiago Auserón (¿un pouco pedante?), tenda, descargas e enlaces relacionados con el, con Luis Auserón e Radio Futura, e unha radio na que escoitar a música coa que anda ás voltas (dj perro: un galgo). O texto de presentación da xira está guapo; lembra deliberadamente a "De un país en llamas", aínda que non se pode comparar; é este:

"¿Reconocerá el camino, las afueras del pueblo, el paisaje del entorno? ¿Podrá fiarse de la Vía Láctea o tendrá que guiarse por las vallas publicitarias? Hay marcas que duran una eternidad. En sus Aforismos para perros sin amo, rememora el trovador: "Había en el centro de mi ciudad natal un neón multicolor que anunciaba una marca de electrodomésticos. Se encendía y apagaba gradualmente, como un arco iris artificial. Me tenía fascinado, fue mi primera experiencia estética. Luego descubrí el fuego y observé en él otros matices. Como tampoco me he convertido en pirómano, deduzco que no tengo por qué ser fanático de los aparatos, aunque sea hijo de la era eléctrica."

En cualquier caso no hay vuelta atrás: Juan Perro se ha echado la manta al hombro y ha quedado con unos pocos amigos bajo la parra de una venta para montar el repertorio. Habrá una selección de cuatro álbumes históricos - Raíces al viento, La huella sonora, Mr. Hambre, Cantares de vela - que ampliaron el horizonte de la canción en español y se presentarán en público, con aires mestizos de la Habana y de Nueva Orleáns, las canciones que Juan Perro ha estado puliendo en los últimos años.

Hemos perdido la costumbre de escuchar canciones nuevas. Las canciones nacen hoy en día como cansadas de vivir. "¿Qué está pasando entonces - se pregunta Juan Perro en otro de sus aforismos -, acaso la sociedad contemporánea carece de arrestos para inventarse?" ¿Por qué renuncian a permanecer las canciones? ¿Por parecerse a los aparatos de usar y tirar? Desde los árboles, los pájaros nos observan pasmados.
Juan Perro vuelve de un país perdido en el fondo del corazón, aquel que un día estuvo en llamas. El país que tenemos justo al lado, al que solemos dar la espalda. Del trópico que borró la tormenta, del país de los pájaros cantores. Vuelve en el coche de agua negra en que se marchó el poeta, en un barquito que el viento empuja con silbo de mirlo. Si no hay viento, tira con un viejo motor de cuatro tiempos. ¿Se acabó el petróleo? No importa, es un motor reciclado, va con una gota de aguardiente."
<>

E Paco Vázquez regresou á Coruña

E no medio do seu profundo, intelixente e emotivo discurso de agradecemento por recibir o Premio Fernández Latorre, dixo:

Libertad se escribe con L y lo que aparentemente puede parecer una cuestión menor se convierte en paradigma de esa imposición e intolerancia que parafraseando a Muñoz Seca demuestran como siempre que «los extremos se tocan y también se reproducen».

¿Qué quixo dicir? ¿Eso de que os extremos se tocan e tamén se reproducen? ¿Son palabras do Espírito Santo?
<>

Haiku

o buxo canta
pisco delicuescente
chaleco duro
_

Haiku

o pisco canta
no buxo do prestixio
chaleco roibo
_

Libro para editorial

Funesta manía de dicir que se le pouco. A xente le, claro que le (e a algúns habería que prohibirllo). Así e todo, sospeitamos que haxa máis escritores que lectores. A carón da casa abriron o mes pasado unha editorial, un baixo que debe andar polos 200 m2, con obrigado nome humanista e un Mac Pro con editora literaria de serie nunha mesa.

Estou por entrar un día destos (está pegada ao bar), a ver se queren publicar un "bestseller": teño un que vai dun narco da illa (¡qué fama teñen os da illa!), o típico cabrón sen escrúpulos nin moral, ao que Xesuscristo tira da planeadora, como tirou a Saulo do cabalo. Este Saulo do século XXI golpéase contra unha batea e convértese, e dende entón adícase a axudar aos máis necesitados, pero resulta que a Xustiza é implacable, e o procesa por unha morea de delitos pendentes de sentencia, e na tele sae a súa "compañeira sentimental", unha monxa hindú a piques de ser excomulgada polo Vaticano, e tamén saen os seus fillos e ata a ex muller e a veciñanza chorando, que un home con ese corazón non pode rematar no cárcere, etc.

Vale, igual non é coma "O código da Vinci", pero ten o seu aquel. Mañán mesmo pásome polo local.
<>

A Onetti non lle importa

Dixo Ángeles Caso, gañadora deste ano do Premio Planeta, que era moi mala titulando, en resposta á acusación de plaxio por parte de Xavier Alcalá (¿dise así?). Se o que quere o escritor galego son cartos ou publicidade, enténdese que demande á editorial Planeta e á escritora, pero debería ser consciente de que esta tirou dun título lamentable, máis sobado que unha puta retirada.

O que non se entende é por qué a novela de Alcalá, "Cárcere verde" (tamén é un título de carallo), tradúxose ao castelán como "Contra el viento".

Qué máis dá de qué vaia o libro, postos a copiar un título podían copiar o de Onetti, "Dejemos hablar al viento", aínda que se lles quedara grande (a modo, igual pecamos co noso título de frivolidade: lembremos que Muñoz Molina é un confeso admirador da obra do uruguaio, e xa a temos liada).
<>

O parlamento é un ring

Moi cabal o que dixo Gaspar Llamazares: aos políticos sempre se lles atribúen virtudes como incompetencia, deixadez, enrequecemento ilícito ou nepotismo (non empregamos a palabra virtudes gratuitamente: cántos quixeran estar onde están esos políticos). Sen embargo, cada vez que acontece algo que non gusta, a culpa bótaselle indefectiblemente ao goberno. No caso do "Alakrana", ¿trátase sen máis dunha calamitosa xestión por parte do PSOE?

Tampouco importa, porque este home, que nin sequera é un Julio Anguita, predica no deserto. Non nos queda outra que contemplar, aburridos, como PSOE e PP, que son o mesmo partido, se lanzan a unha aldraxe patética, a unha comedia na que non deixan de vexarnos.
<>

Os premios merecidos (II)

Falabamos antes do 99,9% moi ufanos esquecendo un feito que todo o sentencia: escribimos contra o señor Núñez Feijóo. O día que este señor abandoe a Xunta, dentro de 3 ou 16 anos, xa non teremos de qué escribir; sen el, musa invertida, estamos perdidos.

- Vas quedar sen Planeta. El vai chegar a Moncloa.

Os galegos somos así; din que usamos “humor defensivo”, a retranca. Tanto é así que imos escribir a autobiografía do señor Núñez Feijóo.
<>

Un rapaz guiado

Estivo escoitando discos de Radiohead. Unha noite mala tena calqueira. Un repertorio “árido”, dicía o crítico, que non dicía nada de toparse a Begoña traballando para a competencia. Tiña algo máis que as mellores pernas de marketing, Begoña. O máis sorprendente e ferinte para el foi decatarse de que o que lle fodía era precisamente que se pasara á competencia. Cómo podía ser un calzonazos.
<>

O artista ten un póster dos Sex Pistols no salón

Na prensa occidental enaltécese a liberdade de expresión. Algúns medios acollen sinaturas célebres pola súa incorruptible independencia. A sinatura incorruptible confire prestixio á publicación, e como incorruptible que é pode opinar o que lle pete sobre o que lle pete, sempre que non se meta onde non lle chaman, só jodería.

Non pasa nada; xa o temos interiorizado (autocensura). Para a sinatura incorruptible, ademáis, o máis importante e sobre o que volve cada poucas columnas soe ser:

1) Queixarse das obras na súa cidade.

2) Denunciar a inmoralidade da ficha de Cristiano Ronaldo.

3) Lamentar que non se fomente a lectura entre os novos e a clase política.

A defenestración de Rafael Reig é un asunto grave, en canto dá a medida da tolerancia permitida por un xornal de esquerdas (asubíen). Lembremos que Reig non era o incómodo redentor de ningunha causa, non ía de incorruptible, recoñecía abertamente que el o que quería era cobrar e a poder ser divertirse e estimular un pouco o pensamento. Pero bueno, ata aí podiamos chegar!
<>

Fotos, non palabras

No libro ese "Vendrán más años malos y nos harán más ciegos" de Rafael Sánchez Ferlosio, hai unha entrada que reza así:

(Ante las fotografías de dos hermanos.)

No llorarán sus ojos,
porque son ya ellos mismos
lágrimas coaguladas en pupila,
el llanto hecho mirada;
¡grandes ojos judíos
de Ottla y de Franz!

Qué quere dicir; pode interpretarse a conveniencia, pero quere dicir o que di.
<>

Unha frase que podería soltar calqueira

"Os banqueiros son uns señores que vos deixan o paraugas cando fai sol. Cando chove, é un pouco más difícil".

Franz Kafka

Recuperamos esta frase para entroncala, ou enrocala, se queren, co falecemento da condesa de Fenosa, Carmela Arias y Díaz de Rábago, a quen a prensa galega adicou notorias páxinas laudatorias. O que fixo esta muller pola humanidade en xeral e polo país en particular, "o seu inxente traballo como presidenta do Banco Pastor e a súa labor benéfica" (La Voz de Galicia) non se pode resumir nas perto de 50 distincións coas que a recoñeceron en vida.

Non, non era unha pega humillada polo peso das perlas. Non era a viúva de Pedro Barrié de la Maza, a quen Franco concedeu importantes privilexios por axudar a financiar a sublevación contra a república. E a frase, tan limpa, tan educada, só a pode soltar un xudeu corroído polo fracaso.
<>

Bristol, trip hop

Estou aquí
son muller de carbón
o que ti queres
Bristol, cabrón
ofrecíchesme cereixas
bailando nas cadeiras
Bristol, fillo bastardo de Margaret
e Tony, ese novo rico
dame unha razón
dame un pico
só son unha muller
reducida a arquetipo
dame unha culler
para queimar o soño
fume negro
fume branco
ao meu propio fillo espanto
viñeron os de asuntos sociais
polo piso estanco
de paredes desconchadas
petróleo e servidume
Bristol, lume
de turba en cabezas prestadas
a tasa do paro
nas liñas da man
negro azafrán
Bristol, repito
dame unha razón
dame un pico
só son unha muller
dame unha culler
para queimar o soño
<>

A lavadora soviética



Este tipo, filipino-estadounidense, está considerado o mellor dj do mundo. Aquí o vemos posando co plato que el mesmo deseñou.

Lembrounos o que nos contaba un coñecido cubano: a vella tiraba na súa casa de Camagüey, dende o 78, dunha lavadora soviética; un modelo de dous tambores, un para lavado e outro para centrifugado, que non se lle averiou nunca. O aparello contrastaba con todos os que levaba mercados a súa irmá dende que casara alá polo 84, occidentais, como os que temos nós, dun so tambor, que hai que arranxar ou tirar cada poucos anos, obrigándonos a un consumismo frenético (¡qué redundancia!).

Algún aínda lle botará a culpa a Fidel por non permitir a comercialización de Calgonit na illa (na Caixa de texto tamén defendemos as Marcas, o pelo Pantene, ou Pantone, e a Nuria Roca). Compañeros, la Revolución nunca ha tenido problemas de cal, ¡Viva la Revolución!
<>

Música para o outro blog (II)



Cántos anos sen escoitar esta voz. Si, é Sinéad O'Connor cantando para Massive Attack (xa ten algúns anos, o tema). Esta é unha versión rara, como se le ao comenzo, pero máis rara é a que puxemos no reproductor do arqueiro finlandés, de menos de tres minutos e coa voz da irlandesa sampleada (¿pode dicirse así?).

Coido que lle pega á outra bitácora, para a que buscamos música moderna sen necesidade de que sexa vangardista, amablemente industrial ou de memoria fabril, flipa, colega, jaja. E a voz dura, prístina, cálida.
<>

Música para o outro blog



Esta vai ser "a música de ascensor" da outra bitácora, o arqueiro finlandés. Sen o vídeo, obviamente. Queremos que comence a soar en canto entres no sitio. Como non nos gusta atravesar nada aos lados, ao final da páxina, tirando de scroll, estará o reproductor para darlle a stop e que non soe. Ou eso ou quitarlle o volume ao propio ordenata.

Estamos buscando un reproductor que se acomode ao que queremos. O tema é de Thom Yorke, do disco que sacou sen o seu grupo, Radiohead, e coido que se axusta, ejem, ao que será o contido da bitácora.
<>

Celebra a caída do muro con Movistar

Estos días andan a conmemorar a caída do muro de Berlín, que simboliza o triunfo do capitalismo sobre o comunismo. Se eles o din, será Verdade, e a Verdade será así de simple. Goza da Verdade: contrata o plan de Telefónica para ánimas inquedas e tes 100 Verdades Gratis durante o primeiro ano.

- Xenial, pero ¿quén son eles?
- Chama ao servizo de atención ao cliente. Funciona as 24 horas.
- ¿No servizo de atención ao cliente diranme quén son?
- Pois claro, para eso están.

Nós xa o contratamos; agasalláronnos unha funda para o móbil con deseño de El Lissitzky por comerlle o coco aos colegas. En serio.
<>

Contra a opinión de Suso de Toro

Así de entrada non temos nada contra Suso de Toro. Como novelista non nos interesa, sen máis. Como articulista lemos a un profesional decente, traballador (ai, eche moi traballador, moi bo rapaz) e que olla por Galicia sen mesianismos. Ata aquí, ata onte, todo ben. Onte largou un eloxio do superaxente Feijóo polo que non pasamos.

Dixo de Feijóo que se retratara, co do “Alakrana”, como unha persoa “que coñece a administración e o sentido de responsabilidade que conleva”. ¿Cómo se retratou, pospondo o de Miami?
<>

Outro grupo con Johnny Marr

Este é o novo grupo no que anda metido Johnny Marr, The Cribs. (Deixamos o vínculo para o vídeo, que non o deixan insertar). Son máis ingleses que a Abadía de Westminster.

Alguén debería elaborar unha lista de toda a xente coa que colaborou Johnny Marr, xa dende a última etapa dos Smiths, claro que se corre o risco de que Morrissey a lea e entón barallaríamos dúas posibilidades: que se suicide (Morrissey) ou que organice o seu asasinato (o de Marr). Ganglord... tampouco é plan.

Aí vai outro, este si se pode insertar. Aínda non estaba Marr, suponse que daquela estaba tocando con outros, a saber, podía ser Marianne Faithful ou os fillos do seu viciño. O título da canción, "Our bovine public", a verdade é que non di nada novo; xa hai uns trinta anos que Kaka de Luxe cantaban aquelo de "Pero qué publico más tonto tengo".


<>

Haiku

o esquío roe
un soño de papoula
na noite branca
_

Agarda

Agarda, que o superaxente Feijóo está enfadado porque Patxi López recibe máis información que el sobre cómo evoluciona o secuestro do "Alakrana". ¿Quén goberna en Madrid? o PSOE, ¿quen goberna en Euskadi? o PSOE, ¿e quén goberna en Galicia? o PP. Vealí tes a explicación; veña que non é listo nin nada o noso líder.

Ademáis, enchido dun exemplar sentido da responsabilidade e o deber, cancelou a viaxe que tiña programada a Miami. Como na foto da mangueira e o incendio. Non o merecemos.
<>

Qué caro vai o peixe

Están a retransmitirnos un drama en directo, o do "Alakrana", con conversas telefónicas, gepeeses, imaxes tomadas por satélite, declaracións dos familiares e declaracións dos políticos, fragatas da Armada Invencible na zona. Que paguen o rescate: ¿quén son os piratas? ¿uns somalíes cun neboento sentido da xustiza e a riqueza ou flotas pesqueiras como a española que levan décadas esquilmando os caladeiros internacionais? Pois que paguen o rescate e entreguen aos dous que se trouxeron para Madrid. Pagamos nós. Ou que fagan unha operación militar desas que tanto gustan, en plan Putin; se morre alguén, ui, mala sorte.

Aínda hai que escoitar luminosas aberracións, como as palabras "deso" que puxeron de lehendakari no País Vasco: que devolvan ao seu país de orixe, "dentro de la más absoluta legalidad", aos piratas detidos en España (eso logo do esperpento de se un deles era ou non maior de edade). Ou se devolven ou non se devolven, e deixa aos xuristas no seu pazo de cristal.
<>

Todos somos americanos

¿Qué lle dan de fumar aos guionistas das teleseries norteamericanas? Á noite ollamos dúas seguidas: capítulo de Flashforward (ou algo así) e capítulo de Perdidos. Qué flipada. Agora viaxar no tempo ou que toda a humanidade fique inconsciente durante uns minutos, agás os chineses, esos amarelos de ollos rasgados que queren invadir América (os EE.UU., suponse), é algo normal. Nós non o entendemos porque somos os clásicos europeos retrasados, anquilosados por tanto prexuicio, anticuados, reprimidos, resentidos, preguizáns.

Din que esa xente, que se reparte os premios Grammy ou Emmy ou como se chamen, atesoura un talento descomunal. Por qué, porque son ianquis; se fas algo semellante aquí chámante como mínimo ionqui. E o máis pavero é que os seus guións son un exemplo a imitar, un espello ao que enfrontarse.
<>

Dostoievski apostaría polo Barça en bwin

A algúns de seguida se nos enche a boca de tacos, como un estropallo. Cajo na puta que botou ao Rubín Kazán e a todos os fillos de Putin. Empatou o Barça cos trepas eses que medran á dereita de Moscú. Como Napoleón cando quixo entrar na capital: non o detiveron os exércitos, detívoo o frío e a vasta alma rusa, cunha diferencia: Napoleón era un acomplexado con delirios de grandeza e o Barça xoga ao fútbol, e ningún equipo xoga ao fútbol coma o Barça.

Mañán, qué digo mañán, a estas horas xa hai crise. Unha pandilla de violinistas que falan coa voz en cursiva, por aproveitar a frase de Josep Pla sobre Eugenio d'Ors. Non te jode, a península é do Madrid, da "raza española" e dese anornal insufrible que é Cristiano Ronaldo (van gañar TODO este ano).

Acontece que o Barça SI ten un xogo ver-ti-cal, como din agora os que van de entendidos, pero veña todos pechados na área e somos uns campeóns. Pois vale; o título para vós, e o Barça que xogue en Portonovo.

Inciso: a institución non é diferente ao que se acostuma no fútbol nacional, rexional, internacional e o que se queira, moita UNIFEC e moita hostia, si, a quedar ben e a sacar pasta, pero a lo menos os que saen ao campo xogan ao fútbol, e seguirán xogando.

Non teño nada máis que dicir. Gracias.
<>

A cabeza de Reig

Defenestraron a Rafael Reig, os de Público (ía pór en público, pero en público non foi). A lo menos é o que se deduce da columna de onte de Isaac Rosa, "A riesgo de equivocarme". Case non nos enteramos; podía estar de vacacións ou enfermo (somos tan inxenuos).
<>

O dancehall e a liberdade de expresión

Tranquis, non é o título de ningún sesudo ensaio. O xoves actuou un tal Sizzla no Capitol. Unha proeza, dado que os do colectivo de gays e lesbianas non querían que actuara (ou a lo menos facerse ver). Un notas xamaicano que se gasta unhas letras tirando a homófobas, este Sizzla, e os do colectivo berran que a Sacrosanta Liberdade de Expresión pecha uns límites diáfanos. Diáfanos para eles, claro.

Os da caixa de texto pertencemos ao Colectivo Ético-Cívico pola Dignificación das Lavadoras Soviéticas (sobreviven a Stalin sen averiarse); levamos seis anos agardando unha subvención do concello e nada, nin un peso, nin un triste correo dicindo que non hai pasta para nós. Teremos que cambiar de estratexia e montar bulla tamén na entrada dalgún concerto. Na próxima asemblea ordinaria, decidirase o nome do artista ou persoa pública a agraviar.
<>

Espadas

Xa está na rúa o disco de Morrissey, unha escolma de caras b. O Morrissey máis clasicón e xenuino é infalible. Fresco, rico, directo, cativador. O último dicía que era moi forte, fortísimo, oe, e aburre e apenas di nada. O anterior ía ser unha Obra Magna, unha asoballante demostración de rexistros e personalidade, ficando nun artefacto pretencioso, pesado, sobreproducido.

Son 18 temas (3 xa estaban no directo "Live at Earls Court") sen case desperdicio (¡son caras b!). "Swords"; o cabrón ata escolleu un título perfecto.

Velaquí unha mostra:


<>

O creativo é un divo ninguneado

Nunca presiones (premas), non lle metas presa a un creativo. Se ten unha boa idea, non a vai soltar. Se ten moito curro, demorará e non dará o mellor de si. Non porque lle afecte a presión, que lle resbala (ou escorrega ou esvara, se queren), non, porque el considérase un xenio e un xenio non pode tolerar que lle digan cándo e de qué xeito ten que facer un traballo.

¿O xefe, os clientes? Xente de formación deficiente e gusto lamentable e profesionalidade discutible. Tampouco é un xeito de reivindicarse, porque el non precisa parvadas desas, se ben ás veces quéixase do pouco que cobra e de que non lle poñan o estudio como a el lle corresponde, cunha mesa máis grande que a do Despacho Oval, que polo demáis non é tan grande, podes meter aí o iMac novo e pouco máis.
<>

Nós tamén somos humanos



O trailer en español do documental que lle adicou o fotógrafo Bruce Weber a Chet Baker, "Let's get lost". Outro exercicio de ficción. Hai que ter coidado coas boas intencións, sobre todo se estas encubren algunha obsesión ou medo. A cantidade de babosadas que temos que oir, asinadas ou vendidas por xente que-sa-be-do-que-fa-la.

No Youtube hai uns cantos minutos de película. Agardamos non topar co superaxente Feijóo contando sentidamente o moito que lle gusta Chet Baker, o que para el significa.
<>

O presidente manexable

Os países da UE debaten "entre Tony Blair ou alguén manexable", para presidente. En plan Ikea, que o poidas montar e desmontar sen problemas. Se o noso paso pola escola, de cativos, serviu para algo, desta frase que sae hoxe na prensa sácanse dous puntos innegociables:

1º. Quérese un presidente manexable.
2º. Tony Blair sería un presidente "con peso propio", aínda que manexable.

¿Qué entenden por alguén manexable? ¿Os monicreques de Canal +? Todo un carácter, Tony Blair. Winston Churchill ou Aznar, uns aprendices.
<>

Haiku

a celosía
da lúa de outubro
tece a muller
_

Haiku

onte deixeina
a estrada das pernas
corvos e auga
_

Un crooner dos de antes (re)

Pois non está tan ben, este Richard Hawley. Demasiado "estándar" para o noso gusto. Para eso o Señor xa puxo na Terra a Sinatra, a Roy Orbison e a Julio Iglesias. Soy un truhán soy un señor algo bohemio y soñador.
<>

Un crooner dos de antes



Este home chámase Richard Hawley e é un "crooner" dos de antes. A voz e a orquestación son de manual. No vídeo apréciase, afortunadamente, que ten sentido do humor, porque un crooner sen un pouco de sentido do humor, a día de hoxe, quédase patético.

As chiscadelas ao cine mudo son evidentes, como se colleran a Harold Lloyd e o colorearan, e empregando os subtítulos da época.
<>

Keith Richards sácase unhas pelas de canguro

O xoves 5 de novembro actúa James Hunter na sala Capitol. 20 euros a entrada (anticipada, 18); son cartos, dende logo, pero mellor invertidos que se vas ao espacio exterior a ver a U2, Madonna ou os Rolling Stones. O tipo non pode meter alí a unha big band, e ninguén llo pide: só con guitarra, baixo, batería, se cadra uns teclados, e as lámpadas do local, pode ofrecer un concerto memorable.

Se non lembro mal, o Capitol ten boa acústica, como din os entendidos, herdanza municipal do que era o cine. Só hai un problema propio das nosas edades: ¿con quén deixas a unha nena que ao día seguinte ten cole? ¿Con Keith Richards?
<>

Un equipo de fútbol contra o Barça

Temos algo así como unha teoría, alá para a segunha volta da liga e as próximas eliminatorias de champions. O Barça xoga contra outro equipo, que aliña á tropa arredor do porteiro, na súa área pequena. O que saia, maricón. O Barça móntase un rondo no seu lado do campo: Xavi abre o balón a Iniesta, que progresa pola banda, canea a Yaya Touré, achégase ao banco e faille un cano a Guardiola, canéase a si mesmo e larga un pase mortífero entre a tupida defensa a Ibrahimovic, que ramata a pracer ante un impotente Valdés.

O outro equipo observa a xogada coa boca aberta. O que mova un dedo ou un pe ou pestanee, maricón. Que a ninguén se lle ocorra celebrar o gol. Este é un equipo serio e competitivo.
<>

O equipo de Montalbán

Segundo os medios que orbitan arredor de Madrid, que son máis dos que se pensan e menos dos que se queren, o Barça vai descender nun par de semanas a terceira rexional preferente ou algo así. Xa quixéramos; poderiamos velo no campo de Baltar, xogando co Portonovo. O Barça perdeu onte contra o descoñecido Rubín Kazan, campeón da liga rusa; ou sexa, que perdeu contra unha peña de fontaneiros (qué fama teñen os fontaneiros!), porque se o Portonovo non gañou a liga rusa foi porque Vladimir Putin amañou o último partido.

Coido que xa o dixemos a tempada pasada: o Barça pode perder todos os títulos e todos os partidos que lle pete, sempre xogando contra equipos que se pechan cada vez máis miserablemente na súa área. Cruiff-Rijkaard-Guardiola. Algo máis que un club (¿o presidente é un necio? qué novedade!).
<>

O himno improbable

Hoxe na tele botaban imaxes do superaxente Feijóo. Estaba nun auditorio e unha filarmónica interpretaba o himno galego. Podía ser o de Santiago ou o da Coruña (o auditorio). Para min que o fenómeno andaba por Londres, non sei a qué, e de feito a garabata, sempre tan simbólica, anoábase raiada coas cores da Union Jack. Xa postos, podía entoar o "God save the Queen": encheríamos todos o peito de orgullo patriótico.

Para himno o de Cabanillas, como ben di meu curmán (algúns inda manterán que é unha postura trasnoitada, á procura de conflictos gratuitos):

¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
¡Desde Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrillar!
Que vexa a vila podre,
coveira da canalla,
a aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
desde a montaña ó mar.

¡Ergámonos sen medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo señorial!

Xa o fato de caciques
ladróns e herexes fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional!

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
desde a montaña ó val.

<>

Pesos e medidas

- ¿E cánto mide o señor?
- Pouco máis dun metro escaso, máis ou menos.
<>

Gloria Lago ya es mamá

Son declaracións de Gloria Lago, a presidenta desa plataforma cívica (que lle din) chamada Galicia Bilingüe. Se están sesgadas non as sesgamos nós, que nos limitamos a cortar e copiar a frase dun medio afín á súa Causa. Aí vai unha das súas frases cargadas de sentido e responsabilidade:

"Nos parece bien -que se manifesten-, porque están entretenidos", aseverou, pero engadiu que "es una pena que se gasten tantísimo dinero" se "son siempre los mismos", en alusión a A Mesa.
<>

A cifra da TVG

A manifestación de onte congregou a 50.000 persoas, segundo a policía, e a 100.000 segundo os organizadores. Máis ou menos. La Voz de Galicia, na súa liña, non se complica e da por boa a primeira cifra. Os da TVG, con outros métodos de contabilidade e moi astutos, ofreceron unha imaxe da Quintana empobrecida de xente. A multitude non cabía na praza, así que se baleirou dun primeiro grupo para que puidera entrar un segundo, repetindo a lectura do manifesto. Ese intre no que se baleiraba foi o que aproveitou a TVG para conectar en directo.

Listos como allos, estos da TVG. Ninguén se enterou, na Quintana desfilaban catro matados e esa é a impresión coa que debe ficar o telespectador. De feito, o que estamos a contar é inventado, porque somos tercos e malpensados e temos algo de imaxinación; alí non había case ninguén.
<>

Mr. Budweiser



Sobresaíntes as cores e as luces deste anuncio de televisión de Budweiser. É retro sen pasarse, obvio sen pasarse. Funciona. Moito mérito; non é nada doado saír vivo dunha empresa así; manter o equilibrio e extender un gancho guapo para o cliente actual sen cagala de antemán.

A compañía non pretende venderlle cervexa só aos amantes dos discos de vinilo e as discotecas dos 70. Primeiro paso dentro dunha campaña.
<>

O medio é a mensaxe



Pois a pancarta é esta. Xa ven que non ten nada, só a frase. Estaba por meterlle a bandeira da monarquía parlamentaria dentro da tipografía, pero antroidos co sentido roubado xa hai abondo. Unha letra que se lea ben e punto. Total, xa nos están tachando de progres.

O mesmo nos pasa o que dicía Morrissey que lle pasaba cando comenzaba, que a xente non entendía as letras: "será que son demasiado claras".
<>

Cousa grave

O outro día ollamos na tele a Rosa Montero; ¿saben a quén se nos asemellou, fisicamente? A Maruja Torres.
<>

O club da comedia

Hoxe falou o Ser Superior. Non sei, tratándose de El, quizáis sería máis axeitado dicir que se manifestou, como os espíritos, os deuses e demáis familia. Falar, qué vulgaridade, eso faino calqueira. Os Seres Superiores maniféstanse. Un vento misterioso axita as páxinas do Marca e Florentino Pérez maniféstase: "Vamos a dar un golpe en la Champions".

En qué raios maquinará. ¿Vai meter a Tejero no 11 inicial? Capás é, e ninguén se escandalisaría. Déjenle marcar goles al CR7, coño, o aquí vamos a tener un disgusto.

O oráculo de Delfos, ao seu carón, un cheiña.
<>

Manifa

Este domingo día non sei qué toca manifa. Hai que ir. Hai que ir inda que non teñamos ganas ningunhas. Non é para ligar, e ata o galego impórtanos pouco; é que odiamos ao superaxente Feijóo; é máis forte ca nós. Temos preparada unha pancarta:

YO YA SOY SUBNORMAL.
Gracias, Sr. Presidente.

Unha Arial Black, sen nada, nun 33x7,5 ou algo máis que non se poida despregar na praza da Quintana.
<>

6-3

xa cheiraba o gasóleo en altamar
cabos sen despertador
cabeza de Medusa sobre a barra
o medo recortado na perilla
radiofrecuencia
2 pendentes
2 anos para xubilarse
1 día para embarcar
<>

Premio Nobel, monicreque e drogas

Perdeuse o sentido do recato, si, así como soa. Premio Nobel da Paz para Barack Obama. Lean esto, dun que escribe en El País:

"Pasado un primer momento de sorpresa, la concesión del Premio Nobel de la Paz a Barack Obama tiene mucha lógica. El Instituto Nobel de Noruega premia así una visión del mundo -y del papel de Estados Unidos en el mundo- y no una obra. Obama no lleva ni un año en la Casa Blanca, por lo que aún no cabe juzgarle por sus resultados, pero en ese período ya ha cambiado radicalmente la música y la letra de la política internacional norteamericana. Y en un sentido que no puede ser más grato para los oídos de los escandinavos, los europeos y, en general, la mayoría de los habitantes del planeta."

Ou sexa que se lle premia por "unha visión do mundo"; coñecemos a un (que non é de El País) que se largou un mes ao deserto de Sonora a comer peyote, e andaba sobrado de "visións do mundo", e non lle concederon Nobel ningún.

En canto aos oídos dos escandinavos, pois non sei qué dicir, ¿cómo son os oídos dos escandinavos?
<>

O afillado de Van Morrison



Este é James Hunter, e non inventou nada, nin se lle ve con eso que os que van de profundos chaman "un mundo propio" (todo fillo de viciño ten un mundo propio, almas de cántaro). O de afillado de Van Morrison non é unha etiqueta que se nos ocorrera a nós, realmente o tipo está apadriñado polo vello monstro norirlandés (descoñecemos ata qué punto funciona eso, cáles son as cláusulas do contrato, ónde comenza a amizade ou a empatía e ónde rematan os intereses dunha discográfica).

Soul e outras lerias ás que lle saca lustre como a uns zapatos antes de ir á sala de festas (de entrada, a currar). Está moi ben. E The Raveonettes tamén, gustáronnos: Jesus and Mary Chain, Blondie, Ramones... e soan frescos, moi ben.
<>

The Raveonettes, "Candy"


<>

The XX, "Islands"


<>

O crítico perdido



Este é o novo proxecto de Jack White, famoso polos White Stripes e por un dueto con non sei qué boneca. Igual nos trabucamos, pero eso é o de menos. Ten boa pinta: blues-rock revisitado, que diría un crítico de manual, coas súas vacas, o tren, as habitacións abandoadas e todos vestidos para a ocasión.

- O "riff", non dixeste nada do "riff" da guitarra...

Non cadra. Esto é de 2006, e hoxe mesmo falaban do disco como unha novedade case vangardista. Debe tratarse doutro grupo, cun nome semellante.
<>

Diálogo de cine ibérico

- ¡Coma un can! –dixo el: era como se a vergoña debera sobrevivirlle.
- Vale, coma un can, pero qué hai da subvención da que falamos?
- ¡Oh, déixate de historias e faime o amor apaixoadamente, meu amor, antes de que te craven o coitelo!
<>

O presunto superaxente Feijóo

Alguén se lembra do que en dereito chamaban presunción de inocencia? Dubídoo. Todos somos Joseph K. Todos agás os amigos do PP e o PSOE, que poden ser inculpados por un feixe de delitos entre cómicos e nauseabundos e non pasa nada: ¿non foi reelexido hai pouco o presidente da comunidade valenciana? Claro que o deste home non é nada comparado con todo o que está a saír nos medios, unha serie baseada no mellor cutrecine español, como salienta hoxe Isaac Rosa.

En Galicia estamos tranquilos, ou mellor, temos a conciencia tranquila. O presunto superaxente Feijóo falou, dende Bruxelas. Falou e dixo, dixo que menos películas. En canto a Pablo Crespo, ata o propio nome non é máis que unha presunción, e lembren que Touriño ata lle debe dous cafés da cafeta do parlamento.
<>

William Faulkner, río

Estamos a ler ou reler (xa non sei) relatos "soltos" de William Faulkner. Qué pasote. Non é aquelo que te ensinaban en clase. O estilo indirecto libre, guau! Vargas Llosa sacou petróleo do famoso estilo indirecto libre, pero non era o mesmo, e agora todos se apuntan, para eso están os estudios, Lucía Etxebarría, Juan Manuel de Prada, o señor Alatriste e outras historias (coidado con metelos no mesmo saco!). Non era o mesmo: a audacia do escritor solapábase na narración da que se encarcaban as personaxes: nin rastro de ego, en moitos libros; o tipo era o puto Mississippi, o río que levaba ou asulagaba as historias. Que nos contratan como guionista en Hollywood? pois alá imos, dun estercoleiro a outro, pero esos son medos meus, e aquí o que queremos é (nada menos) recoller un testemuño máis da xente, para nada, só recoller ese testemuño e darlle vida.
<>

Artigo de Umberto Eco

Un artigo guapo, este de Umberto Eco sobre Saramago, o Saramago "bloguero". Non tragabamos a Umberto Eco "porque vendía libros", ata que no piso dun bo amigo descobremos un libro seu de semiótica, e xa tocaba abandoar posturas de belixerancia infantil. E con Saramago máis do mesmo: primeiro fumos lectores fervorosos (primeiro foi Pessoa e detrás foi el), logo chegaron a fama e o Nobel e como que non, e agora tocará recoñecerlle... pois o mesmo que lle recoñece Umberto Eco.
<>

Pactando co inimigo

Agora que somos "freelance" estamos a considerar o de afiliarnos a un sindicato, por aquelo de ampararnos ante os excesos contractuais que poidamos perpetrarnos a nós mesmos (desculpas pola reiteración, pero igual non se entende). 35 horas á semana e un soldo digno; tampouco pedimos tanto, Miguel. Os sindicatos están para eso, ¿non? para defender os intereses da clase obreira.

- Oia, usté non é máis que un flipado que non ten donde caerse morto. A vacilar a outro lado.
- Disculpe vuesa merced si le robo dos minutos de su precioso y sacrificado tiempo, es que yo quería saber...
- Que te largues, o llamo a Seguridad, coño.

O de buscar sindicato é como buscar relixión: un so deus verdadeiro e milleiros de pactos sociais, e Zapatero e Feijóo pelexándose a ver quén lle prende o puro ao señor importante.
<>

Nova bitácora: "O arqueiro finlandés"

Compracémonos en presentar nova bitácora, "O arqueiro finlandés", onde nos centraremos exclusivamente no deseño. Será un pouco taller e un pouco exposición e venta, no caso de que cheguemos vender algo. O que temos claro é que nin sequera queremos vender nada sen antes poder amosar un traballo do que non nos avergoñemos (sempre nos quedarán as barras dos bares, a un lado e ao outro). Mentras o sector pasa esta delicada época, adicarémonos a formarnos por segunda vez, abandoando paulatinamente o espectro de Freehand e volcándonos en InDesign e Illustrator, e afondando en Photoshop.

Sabemos o que queremos: deseño gráfico nun tempo no que se está perder o deseño gráfico; limpo e desprovisto de enxeños baratos. Racionaremos todos esos usos que se intercambian groseiramente entre Internet e as imprentas. Hai, por exemplo, virguerías en Flash que son de quitarse o sombreiro, pero un non pode pegarlle a todo e postos a escoller, escollemos deseño gráfico.

Como se dun tutorial para principiantes se tratara, comenzaremos polo máis elemental; viranos ben para quitarlle a ferruxe a máquina ("puedes descorrer los oxidados cerrojos de las puertas de tus sentidos", jeje). Tipografías, a lúa é branca, o sol, amarelo, e os coches teñen catro rodas. Dixen que iamos formarnos por segunda vez e a verdade é que nos sentimos como se non souberamos nada en absoluto, perdidos e esmagados por esta tarefa que nos impomos.

Do título falaremos noutro intre, e imos cortando que esto semella un discurso do presidente do goberno.

Este blog seguirá adiante, sen cambio de dirección ningún, escribindo como sempre do que nos peta.

Gracias a todos os que estades aí.

Ah, o enderezo é http://arqueirofinlandes.blogspot.com/ (está vinculado ao comenzo desta entrada).
<>

A envexa de todas as axendas

O carismático líder mundial fracasou no seu apaio á candidatura de Chicago. Certo que non se matou moito: mandou á primeira dama e logo apareceu El, en plan non vos queixar, vou agasallarvos unha hora da miña axenda, que será máis que suficiente para que gañedes.

Gañou Lula, Río de Xaneiro. Algúns cariocas, como Pelé, sacarán algo de pasta durante unha tempada.

Ficou a foto de cando empurraba o pesado e glamuroso cu da primeira dama polas escadas do Air Force One. Estos de Copenhague é que non teñen espírito olímpico ningún, anda, imos, que quero pechar dunha vez o da reforma sanitaria, e teño dúas entradas para a ópera, no Metropolitan, con Plácido Domingo e non sei quén máis.
<>

A chamada do espírito olímpico*

Non queda nada. Unha hora. Desculpen que acudira tan tarde á chamada do espírito olímpico, pero é que nos enteramos esta noite de que Sanxenxo podía ser subsede ou como se diga, polo da vela. Eso si que é unha vila olímpica, e ten máis posibilidades que Valencia, tan castigada pola corrupción. Só de pensalo pónseme dura: emprego sólido, infraestructuras modernas e unha foto cos nosos maiores mitos eróticos xuntos: Catalina e Esperanza Aguirre.

Catalina foi a semana pasada a Madrid a unhas xornadas gastronómicas: esas son habilidades de diplomático! Tengo una corazonada, Sanxenxo, e que me desculpen os viciños porque vai ser de mexarse. Sweet home, Chicago.

*Coste da chamada: 1,50 €/min (península do Grove e Ons). Para enlaces internacionais consultar no 5555 ou en www.timofonica.com
<>

Morrissey en Varsovia

Aí vai o tema en directo ao que nos referiamos anteriormente. Non é en Varsovia, qué importa, entre o público o mesmo estaba Lech Walesa, electricista, sindicalista cofundador de "Solidariedade", Premio Nobel da Paz e presidente de Polonia, bailando abrazado a un cardeal. Acontece que agora xa non é útil, non está de moda, e por eso non sae na foto.

A orde de factores non altera o producto, certamente, ¿cambiaría algo se fora primeiro presidente de Polonia e logo electricista (Walesa, non Morrissey)?


<>

O retiro dourado

Para o programa de hoxe, Diego Manrique non debía ter moitas ganas de currar; ou eso ou quería rendirlle xustiza a Morrissey, logo de diatribas como esta (sen ter acceso a informacións verídicas, compartimos a lectura do xornalista; vaia por diante). O caso é que adicou a súa hora a pinchar o que será o novo disco do de Manchester: un recopilatorio de caras b dos seus últimos catro discos, e a min que me expliquen cáles son os seus últimos catro discos, porque logo do excelso "You are the quarry" ando perdido, entre directos, deuvedés, dous discos de estudio floxos (presuntamente fortísimos) e precipitados, e non sei cántos recopilatorios máis, eso si, recopilatorios editados por antigas discográficas do autor que o mesmo autor desautoriza; este de caras b está autorizado e bendecido por El.

E bueno, un fan sempre lle atopará cousas; vai, por exemplo, unha versón do "Drive in saturday" de Bowie, ao que lle cambia a letra para falar de David Johansen, dos New York Dolls, ou a escolma dun directo en Varsovia, onde canta unha das nosas preferidas, "Why don´t you find out for yourself".
<>

Eloxio do biógrafo rock

O cantante de Joy Division sufría ataques epilépticos, como Dostoievski. Cando adolescentes non sabiamos eso, e agora queren resumir o seu comportamento na enfermedade (aos "biógrafos do rock" había que matalos a todos). Tampouco é así, en todo caso será a pegada dunha enfermedade nunha sensibilidade de alto voltaxe.

Aquí andamos tranquilos, aínda que padezamos unha doenza devastadora, non temos unha sensibilidade desas; a nosa é normal e corrente, como as facturas de Fenosa.
_

Un continente para Miguel Bosé

Atópase no Youtube o arquivo de vídeo deste tema, do "unplugged" que Café Tacuba grabou para a MTV, pero pasamos del porque ten un son demasiado cutre. Subimos o mp3, que está ben, aínda que vaia coa introducción cortada. Non, van ambos arquivos, pola introducción. Lembrámolo co gallo do concerto que "ofreceron" hai uns días, na Habana, Juanes, Miguel Bosé e demáis cachorros da disidencia en Miami.

Concerto pola Paz, por qué Paz, ¿A Paz, así en abstracto e "maiúsculo"? E o Miguel Bosé de campeón, de valente, e logo todos a discutir a ver quén instrumentalizou mellor o evento, se Fidel Castro, Zoé Valdés, o cinematográfico cadáver de Guillermo Cabrera Infante ou eles. Preferimos as represións do réxime castrista a escoitar a estos "embaixadores da Paz e a Liberdade".

Escribiu Miguel Bosé nun artigo publicado en España que Pablo Milanés non puido participar na festa "por motivos de saúde", pero que tiña visado para EE.UU.: viña dicir que xa é un dos seus (a saber). De Silvio Rodríguez non dicía nada, e lembremos que hai uns poucos meses a Silvio negáronlle a entrada no país de San Obama para un concerto de homenaxe e Pete Seeger (estivo Emmylou Harris).




<>

Rabiosa de Callobre

Podería ser o nome de guerra dunha puta en París, pero non, é unha mazán galega (¿na Estrada?). Con esta e outras variedades, Estrella Galicia e un profesor da USC queren elaborar unha sidra de autor, acadar denominación de orixe e abrir mercado. Benvida sexa a iniciativa: levamos 20 anos indo a Asturias a beber sidra (comenzamos por outras historias, si; a sidra é o único que permanece).

O éxito empresarial de Hijos de Rivera é algo cargante; ollas as garimbas nos videoclips dos grupos "indies" españois (nin publicidade subliminal nin gaitas). A ver, sen embargo, se sacan a sidra. Escáncialle aí.
<>

A banda de Emmylou Harris (Born to run)



Esto é o que nós entendemos por música e unha banda de rock. Soltos e precisos, lanzándose a tocar uns detrás dos outros sen perder nunca de vista a canción, abraiando sen querer. O arquivo está moi comprimido, o orixinal soa mellor, pero é suficiente para observar o son e a complicidade do grupo.

De seguido imos cun par de temas máis, "Easy from now on", tan contida como emocionante, e "All my tears be washed away", cando o fenómeno do baixo lle fai aquel limiar do que falamos. Para gozar.




<>

Chipotle

Estamos de vacasións, cajo na patronal. Xa pode escribir o fillo de Nicolás Redondo, porque nos pasamos. Metémonos no corpo uns callos (jarbansos, nada da falda da vaca dos listos) limpos e fortes, moi fortes, porque ademáis do tousiño desfibrilado, o chouriso e a morsilla e os cominos e a nos moscada, levaban nada menos que un exótico, esaxerado chile chipotle.

"Frankly, Mr Shanky, since you ask
you are a flatulent pain in the arse
I do not mean to be so rude
but still, I must speak franky, Mr Shankly"

Para rematar, co café, unha copa de Torres 5, que non vai ser todo para o tiramisú. Esto é todo; o que busque emosións fortes que prenda a tele.
<>

A bicicleta de papel de Valverde

Coido que toca ler a Ezra Pound. Estamos intrigados. E a Valverde, tamén, Valverde o poeta que morreu hai poucos anos, Jose Ángel ou algo así, non Ernesto, o da Volta a España. Ernesto a ver se gana este ano. Bueno, ao mellor xa ganou, ou xa o prendeu a xustiza italiana polo do doping, e nos sen enterarnos.

Aos poetas do século xx costa velos como poetas; controlan demasiado; pero no fondo si, son poetas, vaia se o son. Veña Alejandro, que ti podes, cago na puta que pariu a Lance Amstrong.
<>

Anuncio de colonia

Hainos que arrasan co desodorante ou a colonia, como Luigi. O Supremo ri en exceso coa anécdota, pensa que as atrae e repéleas, di. Luigi ficha e sae escopetado a ducharse en colonia. Colonia no tanque de auga, colonia na camisa tesa, Axxe vía oral, coma os asmáticos.

Antes era Barón Dandy, ¿existe aínda? Todo home que quería ascender no escalafón social anunciábase a tres kilómetros (o de follarte á máis desexada ía aparte, non como agora).

Logo chegaron os que dicían que os perfumes eran unha frivolidade consumista, por principios, e usaban o roll-on do Sanex, rollo hospital, e agora decántanse por versións “alternativas” de Kalvin Klein ou Carolina Herrera.
<>

A lata de alcriques

Serrín non, salvado ou mesmo cebada, no chan da taberna. Papel de estraza, sacos de 50 kilos. Os vasos sobre o mármore verde.
<>

O spleen do pobo turístico

Hainos que fuxen dos locais de moda (por eso están de moda). Por qué non imos ao Pink Flow, alí poñen boa música, estase tranquilo e pódese falar, para xente coma nós, de trinta-coarenta anos. Ese é un plan que te cagas, ir ao Pink Flow, non, gracias, prefiro ir á movida do porto, que “en realidade” é onde van eles sempre, de miróns.
- Mamma mía, qué culito.
- Yo es que soy infiel por naturaleza, siempre encuentro algo mejor que lo que tengo, lo que pasa es que con vos, que son unos boludos, no hay donde ir.
- Siempre nos quedará el Pink Flow, hombre, tu tranquilo.
- Bah, no me joder más, ¿dónde está el Pancho?
- Se acaba de ir. Pensó que yo me iba a la francesa cuando fui al baño.
- A la francesa?! No me joder, a este le pasa algo en casa, te lo digo yo... Mirá, mirá, la mina de donde el Peón! Esa me corresponde a mi, sólo folla argentinos, es una máquina de follar, lo sé.
- ¿Hay que echarle monedas?
Xa paro, semella que me estou a rir do arxentino-arquetipo e non: este tipo é así ou o autor o concibe así, que ao final ven sendo eso.
<>

Nota do webmaster

Qué horror, é como Morrissey que agora din que fai música “Épica”. O ruido arredor, grande, este agosto, e grande tamén o noso propio ruido. Elefantes de ruido pisando o sol, unha balea na testa. Unha bala para o superaxente Feijóo, estanos a joder vivos, mentacato, mentideiro.

Pedir unha bala, qué frívolo, ¿verdade?, qué literario, pois non, PEDIMOS UNHA BALA PARA O SUPERAXENTE FEIJÓO! Inda vou ter que ir eu.
<>

Nota do webmaster

Cando non sinto a necesidade de escribir son a persoa máis feliz do mundo. Cando sinto a necesidade de escribir e escribo mal son verdadeiramente desgraciado. Cando sinto esa necesidade e escribo ben está ben. Tranquiliza, podiamos dicir; sabes que é un continuo aplazamento, ata a morte, un aplazamento de qué, é algo máis que o de ter a certeza ab-so-lu-ta de que o escribes é bo (máis importante que se está ben).
<>

O presidente recibe no concesionario

Onte saía no Faro unha foto do Audi de Touriño co que o superaxente Feijóo ganou as eleccións (¿estamos simplificando o asunto?). Cuberto de po, e escrito cun dedo no po do capó SE VENDE. Exemplo ferinte duns coñecementos en marketing patéticos. O superaxente Feijóo segue no vicio da oposición e quere degradar a imaxe do seu antecesor no cargo. Máis, moito máis que evidente, e por eso moito máis que pobre e desfasado.

Se alguén está interesado, eso si, no coche, xa sabe, din que está blindado e que pasa a ITV, tesnoloxía alemán, compadre, pasa a ITV e adianta a todos os Mclaren, voulle mercar un ao meu berberechiño.
<>

Animal gastado

O concerto de Van Morrison “A night in San Francisco” está moi ben. En breve agardamos colgar algún tema aquí. Colgar. Colgar é case exacto. Van Morrison, “o león de Belfast”, cólgase, non el, a música, cólgase, clarinete, memoria e columpio, guitarra de champaña, negritude.
<>

O rap de Tom Waits

Nun dos seus últimos discos Tom Waits rapea descaradamente. Agora escoita a música que escoitan os fillos e a recicla ao seu xeito, que máis que reciclar é desentrañar toda a fealdade e sacar unha canción nova. Se algunha vez a palabra “deconstrucción” tivo sentido, foi gracias a Tom Waits. Un fenómeno, o rapaz. Metereolóxico.

Mañán sol e bo tempo, sol como un banjo, un berro, caverna excesiva, lacasito, teatro sobre o teatro... e bueno, se quere Carlos Boyero tamén metemos o heartbreaker hotel e a rapaza de Jersey.
<>

A fisura

Outro aspecto que nos fascina do mundo de Emmylou Harris resúmese no que dixo nunha entrevista a Diego Manrique. Dixo que nos comenzos tomábase o country “con ironía”, como pedindo perdón por ter sido nova e arrogante, ou sexa que logo entregouse a esa música... non o explicariamos ben, moi poucas veces un artista solta algo tan fondo e asentado (que non fósil).

Os artistas polo xeral cumpren anos e seguen dicindo as mesmas parvadas destinadas a ser titulares do NME ou El País de las Tentaciones. Que ela dubidara e o recoñecera, eso é “a fisura” de Salvador Pániker.

- Joder, tío, estás encoñado, qué plasta coa vella esa de Marte!
- Eu sei o que lle fai falta a este...
- Para o que non lle guste, Google ofrece millóns de alternativas.
<>

Motivos de despido

Falando do retornado John Wayne, do outro, o fillo pródigo, o cowboy do 3D. Caiuse, da empresa queremos dicir. Non hai sitio para el coa crise (as inmobiliarias seguen sen gastar en infografías), pero coa mesma crise si haberá sitio para outro. Qué emotiva a aperta que lle deu Luigi, porque lla deu, non lla cobrou. Sabes que ante todo, AN-TE-TO-DO, soy tu amigo, ¿eh? Tu amigo, no lo olvides nunca, y aquí estaré para lo que necesites, y a ver si quedamos para corrernos una juerga, ¿eh, campeón? Ese... nuestro John Waynne, máquina, que eres un máquina!

O motivo real polo que o botaron: era un crío que comenzaba a estorbar, facía virguerías cun ordenata, e para qué? iKIF xa é unha empresa seria, o de axencia de deseño fica de escaparate (de deseño; non sei se nos explicamos).
<>

Anuncio de Evax

Fago voar o teu sexo. Ía pór “levitar”, pero é un verbo que se asocia demasiado coa relixión e as pelis de medo. As fantasías atléticas das que se gaban os que se machacan no ximnasio, campeóns namorados dun “concepto” de si mesmos. O concepto do carallo, postos a soltar chorradas.

Fago voar o teu sexo, cometa, escultura de sangue, unha flexión mínima. Ti alónxasme do “concepto”, pero non te follo por eso.
<>

Outra aproximación á liberdade (II)

O arume da liberdade, eso é o que respiras vagamente cando desistes da súa búsqueda obsesiva e infructuosa. O café é café. A liberdade non existe, como di Carlos Fuentes. Falamos, sempre, en termos de humanidade (quero o premio nobel xa), a liberdade coa que nacemos algúns non conta porque non se pode “transmitir”, é mala (e pérdese en canto se recoñece).
A radio.
Winston Churchill fumándose un puro.
Quérote porque non es miña.
A liberdade coa que nacemos algúns non conta porque non se pode “transmitir”, escribimos, e polo tanto é mala ¿Sáltámonos as clases de lóxica? Pode, pero debe ser así.
<>

Revista de vran

O que non comenta o sagaz, o intrépido xornalista de El País, é que a falsificadora vila de Sanxenxo está a sofrer unha grave carestía de bens primarios; o supermercado está cos estantes baleiros, as caixas saqueadas no chan, a factura dalgún proveedor pisoteada e xa perdida, como en Albania cando caiu o muro de Berlín. Dirixímonos a unha tía que leva o sueter da empresa.
- Desculpa, tedes tónica?
- No, ya se lo dije a otro cliente!
¿Unha histeria tapada, latente, non máis no inverno? Depende de ti, non do John Wayne da escola de xornalismo máis guapa e independente.
<>

E ela arrasa

Impresiona como comenza “All my tears be washed away”, no DVD de Emmylou Harris; o tipo do baixo fai un debuxo pequeno e algo que non é unha reverencia e que é un entre vostede agora, señora, que xa está a casa limpa.
<>

Reformas na urna de cristal

Tocou entrar na urna de cristal (reformada: metéronlle o Pompidou dentro, pero sen lienzos). A cadeira cambiara o semblante do Supremo, levemente.
-Pasa. Estuven repasando os informes de Luigi.
- Qué interesante...
- Algo si, pero xa sabes que a min me gusta o contacto directo. Mirar eu... soy el padre de esta familia, coño... Bueno, al tema: aquí pone que no te gusta el hip hop.
- Que non me gusta el hip hop?
- Las conversaciones se graban, ya lo sabes.
- Si, non o digo por eso, quero dicir que me sorprende que me sacara unha opinión sobre... o hip hop.
- Pues es representativa porque representa una actitud prejuiciosa y negativa ante los gustos y la forma de expresarse de una sociedad que evoluciona constantemente, un factor como comprenderás ca-pi-tal dentro de la empresa para la que trabajas. Además deso, resulta que o meu fillo ten un grupo de hip hop, son buenos!, ganaron el concurso de maquetas de la Radio Galega. Van a grabar un disco.
- E teño que escoitalo?
- Ou o escoitas ou estás despedido, jaja, no, joder, lo que tienes es que tener más cuidado con eso.
- ¿Con qué, co hip hop?
- No te hagas el gracioso. Con eso! Con lo de la sociedad que evoluciona y todo eso, tampoco es tanto esfuerzo, pero esta empresa necesita gente entusiasmada con su filosofía, ¿entiendes?, nada de perdedores de tres al cuarto.
- Aí, se es un perdedor, sé un perdedor ao grande!
- Pois si, y ese tipo de comentarios sobran aquí. A trabajar y con ojo. Creo que no tengo que explicarte nada más.
- Ok.
- Espera, una cosita más. Como che dixen, o meu fillo ten un grupo de hip hop... estuve pensando, lo de las rimas no es precisamente el fuerte de Alvarito, ganaron el concurso porque en fin, me preocupé de hacerle una buena promoción... pero eso, que tú le podías echar una mano, sería beneficioso para ambas partes, él igual aprende algo (aunque no sé pa qué porque eso es una mariconada que no sirve pa ná, pero bueno). Y tú... te “abrirías”, como dice Luigi, a la cosa moderna, tienes que poner de tu parte, claro. Aquí pone “La Importancia De Los Valores Intangibles”.
- Y la muerte súbita del capital vespertino.
- ¿O qué?
- Nada...
Ojo... y quedamos así. Ya le dije a Nati para que quedarais tú y Álvaro, tiene que ser informal, quedar en un bar y eso, al fin y al cabo tú te pasas la vida en un bar, y eso, espontáneo, positivo, ¿eh? Venga.
<>

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet