Rabiosa de Callobre

Podería ser o nome de guerra dunha puta en París, pero non, é unha mazán galega (¿na Estrada?). Con esta e outras variedades, Estrella Galicia e un profesor da USC queren elaborar unha sidra de autor, acadar denominación de orixe e abrir mercado. Benvida sexa a iniciativa: levamos 20 anos indo a Asturias a beber sidra (comenzamos por outras historias, si; a sidra é o único que permanece).

O éxito empresarial de Hijos de Rivera é algo cargante; ollas as garimbas nos videoclips dos grupos "indies" españois (nin publicidade subliminal nin gaitas). A ver, sen embargo, se sacan a sidra. Escáncialle aí.
<>

Um comentário:

qwerty disse...

Pois si, Callobre vénche sendo unha parroquia do concello da Estrada; e si, teñen unha mazá autóctona -aborixen, prefiro eu- que se chama Rabiosa.
A ver se a sidra sae tamén rabiosa...

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet