Para coller a roda do volume e xirala onde hai que xirala.

O mestre Basho

Este é posiblemente o haiku máis famoso de Matsuo Basho, o gran mestre. Circula por aí unha traducción de Octavio Paz e Hayashiya Eikichi. Non poñemos o orixinal por facernos os interesantes, dende logo: hai algo que nos subleva na traducción, quizáis a intención do traductor mesmo.

古池や (Furu ike ya)
かわず飛び込む (kawazu tobikomu)
水の音 (mizu no oto).
_

O libro de cabeceira de Nagiko



"Dúas cousas non nos faltarán: as delicias da carne e as delicias da literatura”
Makura no Soshi

Onte estivo Peter Greenaway en Madrid soltando o seu rollo sobre a morte do cine (dende que a anunciara, somos incapaces de conciliar o sono) e as posiblidades da tecnoloxía. Asegurou que o cine inventouno Rembrandt, contou aos asistentes que anda metido en proxectos en Second Life...
O caso é que lemos a nova e lembrámonos da última película súa que nos gustou: “The pillow book”. A música é doutro vello coñecido, Brian Eno.

Retrato do noso querido Ernest

Das revistas se sacan moitos trucos. Ollando o semanal do País adicado aos deseñadores de cadeiras e interiores, idílicos e ecolóxicos, alcádicos, modelnos e elgonómicos todos eles (deseñadol e cadeira), cruzámonos con propostas variopintas: un que ilustra bocetos millonarios con todas as posturas do kamasutra que permite o seu sofá, outro cun escritorio pensado para Pablo Neruda (¿non está morto?), un loft á beira do Sena con módulos minimalistas como anaquéis para unha biblioteca-salón onde ten un altar moi pensado… un retrato de Ernest Hemingway!
Sexamos serios, ¿quén coño pon un retrato de Hemingway na súa casa? ¿Muller intelectual con complexo de Edipo sen resolver? (así vai por moi mal camiño), ¿estudioso da Guerra Civil?, ¿maricón con pasta asiduo a safaris africanos? Primeiro: ¿quén pon o retrato dun estrano na súa casa? ¿Admiración, esnobismo? Nos adolescentes flipados pola súa estrela do rock entendémolo (nos tamén o fixemos). ¿Será que País e compañía queren vendernos ese deseño prohibitivo e elitista e apaciguador como se fóramos adolescentes? Non, por favor, qué dis! O que pasa é que a ti non te gusta Hemingway.
E é certo, nunca me gustou ese fantasma.

Conferencia de prensa de Tom Waits



O artista explica, nunha sala onde non collía un só xornalista máis, as razóns polas que escolleu as cidades estadounidenses nas que recalará o seu novo tour.
O cabrón non explica por qué as entradas para os seus concertos en Donosti e Barcelona costan 100 e 125 euros.

Os símbolos da lingua

Para indicar a entrada en cada un dos tres idiomas nos que vai a web pensabamos sustituir as típicas bandeiras por siluetas algo máis arriscadas, sen pasarse. A saber:
- Inglés: a portada do “London Calling”.
- Castelán: a de Los Toreros Muertos “Cantan en Español”.
- Galego: a parodia de Siniestro á portada de “Wish you were here” de Pink Floyd, co gaiteiro dándolle a man ao tipo en lapas.
A do inglés prosperou. Para os outros: toro osborne e vieira. E ficamos agradecidos.

Como comer caramuxos (libro de autoaxuda)

A unha investigadora do departamento de bioética da universidade de Massachusetts pegoulle por montar un chiringuito en Sanxenxo, por aquelo do traballo de campo e os affaires folclóricos. Logo de tres días poñendo caramuxos de pincho (cada día unha pota de caramuxos nova, fresca), chegou a dúas conclusións fundamentáis:
a) Cando a clientela se desquicia co alfinete está calada.
e b) Receta de sobada aplicación universal: a maior cantidade de sal na súa cocción, maior consumo de viño e, coño, polo menos este mes sacamos para o aluguer do puto baixo de merda (traducción libre ao galego do seu distinguido inglés de Boston).
Os que non somos investigadores de Massachusetts, ou sexa, da Carabuxeira, só podemos recomendar que se desfruten, os caramuxos, a modo.

O pai que se tragou un tripi



Hoxe toca Nick Cave en plan cursi (panteísta, se o dicimos como cando eramos estudantes repelentes). De flauta atravesada e debuxos Disney, cantándolle ao Amor e á Natureza, unha presencia detallada e constante. Só falta que escriba o guión para un documental da 2.
“Still your mind
Still your soul
For still, the fire of love is true
And I am breathless without you
The wind circles among the trees
And it bangs about the new-made leaves
For it is breathless without you
And the fox chases the rabbit round
And the rabbit hides beneath the ground
For he is defenceless without you...”
Párteste e flipas :), coa elegancia habitual dos Bad Seeds e os coellos bailando no desconchado estudio campestre.

Defender un deseño por riba do estipulado

Esto foi o que lle dixen a un cliente para que non me impuxera os seus gustos: O caso é que en deseño as querencias persoais son dañinas. Olle dúas versións coa "súa" foto, e unha coa "miña" foto, un motivo recortado e retocado de outra foto que me encanta pero que queda forzado no contexto da publicidade que nos ocupa.
¿Realmente penso eu eso, ou só quería quitarme a súa ollada Varón Dandy da caluga e que me deixara facer á miña bola?

Café Tacuba en Zaragoza e Madrid



Din que no seu último disco puxéronse metálicos e introspectivos, dous adxectivos estúpidos máis para "acotar" un xeito de expresarse, o seu, rabiosamente exento de fronteiras. Nesta mesma canción misturan movidas cunha naturalidade pasmosa. Deixemos de lado o noso fastuoso andamiaxe cultural, e disfrutemos desta xente. E quen teña oportunidade que os vaia ver; os seus concertos si que son un espectáculo.

Oye nena yo soy un artista

O número de grupos subvencionados en Galicia dobla aos do estado.

Agardando o tren de alta velocidade

Cando preguntan sobre a nosa vida privada podiamos respostar como Nick Cave: búscao en Google, tío. Sucede que no noso caso sería unha saída estúpida, porque Galicia é unha aldea moito mellor comunicada do que pensan os que choran por ese AVE que nos vai empalmar por fin coa meseta e con Europa.
Sucede tamén que a Información sobre as persoas que nos interesan contémplase como un Poder; mistura entre o pechado chismorreo veciñal e a imitación dos avatares dos famosos, sexan estos rockeiros que van deixando a súa estela xudicial de “vida ao límite”, princesas nórdicas que soñan co inventor da hamburguesa, copleiras…
Entendemos eso da información como poder en canto posibilidade de ofrecer un servizo útil e limpo á comunidade, non como uso sesgado e deformado para un proveito disfrazado de boas intencións das que moitos ata están convencidos (aínda que habitualmente non te paras con esas parvadas). Entendemos que quen así manexa o que sabe ou o busca saber é unha persoa dependente, sexual, emocionalmente mutilada. E entendemos, finalmente, que o autor destas reflexións ao Sánchez Ferlosio é gilipollas perdido.

As tres grandes frases da publicidade

Esta noite celébrase en 21 cidades de todo o mundo a Portfolio Night, un encontro entre creativos noveis e consagrados. En Barcelona, 25 euros. Tes que levar as ideas moi claras e ser moi conciso (coño, normal, non?).
As frases seica son:
Ese logo faimo máis grande
Non está mal, pero dalle unha volta máis
¿Sabes qué? Voltemos á primeira idea
O Supremo podía estirarse e mandarnos alá, a ver se aprendemos algo.

Morrissey quere ir a Eurovisión

Unha expectación heroica, a creada en torno a Eurovisión, se temos en conta que era un escaparate sepultado polo po, reemplazado con éxito comercial por movidas como OT ou o festival de Benicassim (sentímolo, somos uns amargados e para nós case non hai diferencia). Os vellos foron brutalmente desplazados como consumidores, e todo se enfoca, molón, “perigoso”, sexy e fugaz, hacia a (eterna) xuventude.
Explicámonos as declaracións desa personaxe senil que é Morrissey, apuntándose a defender a participación de Gran Bretaña, como un noble soldado disposto a salvar ao seu país da mediocridade! Que vaia, que vaia, a ver en qué posto queda :)

Prozac e a sombra do 68

Nun documental da Sexta, José Mª Íñigo asegura que Franco mercou votos por todo o continente para que Massiel gañara o festival de Eurovisión de 1968, non tanto por simpatía hacia a artista (que a tería e todo) como por mellorar a imaxe do réxime no exterior. A polémica absurda está servida:
- A “afectada” di que son calumnias de Chikilicuatre, dando por feito que vai sacar un beneficio do escándalo (cráneos previlegiados).
- Os do Dúo Dinámico, autores da canción, aseguran que ao que chaman incriminatoriamente compra de votos hoxe en día enténdese como xira de promoción e marketing.
- A responsable do documental opina que o tongo é algo anecdótico no marco dun país tan cutre e gris.
Claro, porque agora somos europeos, modernos, non imos compararnos con aqueles oprobiosos anos! Xa me sinto moito mellor.

Dame algo

Hai unha tendencia dos escritores a “queixarse”, nin sequera a escribir resentidos, non, a queixarse e a reprochar (veladamente), dende a súa Obra e dende os seus Incisivos e Inxeniosos Artigos no semanal do xornal que hai que defender. Artistas nunha sociedade mostrenca, oh. Best sellers, undergrounds, contra o canon, amigos e enemigos da súa editorial, radicáis que te cagas, internautas, divulgadores científicos, provocadoramente frívolos, amantes das edicións antigas, dos cómics manga, da primeira época creativa de Madonna ou dos Smiths ou de Perry Farrell, da novela histórica...
IImaxino a Dostoievski, cagándose en cristo lendo as enquisas do xornal mentras amanece nun casino entre San Petersburgo e París: “joder, para qué vai ler a xente nada, enténdoo, pero estou arruinado e o cabrón do meu editor non me vai soltar pasta ata que non lle entregue outro libro de merda”.

Marketing, negocio, o xornalista e a estrela

Os do País mandaron a Diego Manrique a entrevistar a Madonna (dede ser a terceira ou a cuarta vez). A estrela saca novo disco e percibimos no xornalista algo máis que cansancio á hora de diseccionalo :)
Esta é a entrevista que non.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet