Retrato do noso querido Ernest

Das revistas se sacan moitos trucos. Ollando o semanal do País adicado aos deseñadores de cadeiras e interiores, idílicos e ecolóxicos, alcádicos, modelnos e elgonómicos todos eles (deseñadol e cadeira), cruzámonos con propostas variopintas: un que ilustra bocetos millonarios con todas as posturas do kamasutra que permite o seu sofá, outro cun escritorio pensado para Pablo Neruda (¿non está morto?), un loft á beira do Sena con módulos minimalistas como anaquéis para unha biblioteca-salón onde ten un altar moi pensado… un retrato de Ernest Hemingway!
Sexamos serios, ¿quén coño pon un retrato de Hemingway na súa casa? ¿Muller intelectual con complexo de Edipo sen resolver? (así vai por moi mal camiño), ¿estudioso da Guerra Civil?, ¿maricón con pasta asiduo a safaris africanos? Primeiro: ¿quén pon o retrato dun estrano na súa casa? ¿Admiración, esnobismo? Nos adolescentes flipados pola súa estrela do rock entendémolo (nos tamén o fixemos). ¿Será que País e compañía queren vendernos ese deseño prohibitivo e elitista e apaciguador como se fóramos adolescentes? Non, por favor, qué dis! O que pasa é que a ti non te gusta Hemingway.
E é certo, nunca me gustou ese fantasma.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet