Aí vai o web para as eleccións da FPG. Novas, o programa (pódese descargar en pdf), o diario de campaña de Ferrín (lúcido, divertido, transparente, firme) e algunha movida máis.
Os do BNG seguen a falar de estratexia (ata os máis desencantados seguirán votándolle; coñecémolos ben). Nós valoramos a estratexia da FPG.
Extraído dunha entrevista:
“Se repite o bipartito, e na oposición só está o PP ou Rosa Díez, entón iso pode ser o desastre, porque o Goberno esforzouse durante estos anos en compracer a Núñez Feijóo. Non se esforzou en compracer as demandas dunha FPG, ou se queres dunha Esquerda Unida. Compraceu as demandas da dereita nada máis. Se iso se repite, será malo para Galicia, e desde logo, malo para os traballadores, que son os que sofren máis a crise.”
Pode que non acaden representación no “parlamentiño” (como di el). Pode que nos sintamos atraídos pola súa figura.
A empanada de xoubas non está nada mal (II)
Onte coincidimos co xefe nun mitin do BNG (nós imos votar pola FPG de Ferrín, xa falaremos do tema). Pensamos en churrasco ou en novos clientes. Preguntámoslle:
- ¿E ti por aquí?
- A muller, que se aburre. Xa sabedes que eu non creo nos políticos.
O xefe é un tipo fiable. Coma os paracaídas da II Guerra Mundial, sen ir máis lonxe.
- ¿E ti por aquí?
- A muller, que se aburre. Xa sabedes que eu non creo nos políticos.
O xefe é un tipo fiable. Coma os paracaídas da II Guerra Mundial, sen ir máis lonxe.
Etiquetas:
política
A empanada de xoubas non está nada mal
Unhas reportaxes a páxina completa dos despachos dos candidatos á presidencia da Xunta, analizando os mobles, a decoración, os cadros, as cores, se os lapis están afiados, os equipos informáticos, as bandeiras... Todo un exercicio de novo xornalismo cortesía do Faro.
¿Sabedes que está a ler o superaxente Feijóo? Un libro que se titula “Como hacerse culto en un año”.
Demasiado forte. Nin sequera podo esmendrellarme de risa. Supoñía que esta xente, cando menos, sabe disimular. Un mínimo.

Eloxio do corpo
Sacado da bitácora de Rafael Reig en Hotel Kafka:
Digamos, à la Tolstoi:
Felices o infelices, todas las parejas se quieren con el mismo amor; en cambio, cada una de ellas folla de una manera diferente.
La prueba de que el cuerpo es más íntimo que el espíritu, para mí, ha sido siempre que nadie está satisfecho con su cuerpo. Yo hablo con una top-model y me dice:
-Mira, por Dios, mira qué michelines.
Todo el mundo se ve defectos físicos, aunque sean inexistentes. Hasta las tías más resplandecientes se ven gordas, con poco pecho, con las piernas cortas, cualquier cosa.
En cambio, no he conocido a nadie que se vea los michelines morales, la celulitis del alma, esa piel de naranja que tanto afea sus más delicados sentimientos.
Resulta que todos son sinceros, honrados, con buena intención, decentes, trabajadores, etc.
Nadie está contento con su cuerpo, pero todos lo están con su espíritu: ¿no te parece muy sospechoso?

literatura
Viva o odio (II)
Hai tarántulas na túa boca satisfeita, pero nin sequera te quedan ben, ¿por qué será?
Etiquetas:
literatura
Avogado
osos erario
de quen desexa
o calendario
do teu amor
onde a morte
tan segura
latexa
de quen desexa
o calendario
do teu amor
onde a morte
tan segura
latexa
Etiquetas:
literatura
Hai que mercalo
O novo proxecto de David Byrne con Brian Eno é unha mostra de cómo moverse e vender un producto. Garanten un risco creativo que evita o exhibicionismo: fan cancións. O album pódese adquirir unicamente a través da súa web.
- Formatos: cd, mp3, FLAC (compresión de audio de calidade superior ao mp3) e unha edición limitada en vinilo de 180 grs.
- Sen DRM, os tres primeiros (bueno, o vinilo tampouco, supoño...).
- Todos acompañados de libreto de 17 páxinas, coas letras, deseñado por Stefan Sagmeister (pode non gustarche, pero malo non é para nada).
- Distintos packs con extras: de 9 a 70 dólares (o de 9 é o mp3 co libreto).
- Descarga inmediata.
- Podes escoitar todas as cancións (enteiras) na web.
No inicio hai unha nota amable e concisa de David Byrne na que di, por exemplo, como aloxar a playlist.
ESTÁ DE PUTA MADRE
Etiquetas:
música
Un bo fillo
Estase a debater na Eurocámara un informe sobre a lingua que recomenda deixar á elección dos pais a educación dos seus fillos nun so idioma, aínda cando en diversas comunidades autónomas coexisten dous oficiais. O informe, que non é vinculante (xa estamos moito máis tranquilos), foi enmendado polo eurodiputado do Partido Popular Luis Herrero para incluir esa cláusula.
Outra maniobra política dos fillos de puta de sempre.
O artista este, Luis Herrero, foi expulsado de Venezuela cando as eleccións do outro día.
Quintana soltou algunhas frases moi contundentes... que non dicían nada.
De telón de fondo, a proteica, inamovible, supersticiosa, valiosa ignorancia, ferramenta que os fillos de puta de sempre manexan como prestidixitadores.
O artista este, Luis Herrero, é fillo dun tal Fernando Herrero Tejedor, fiscal de Castellón que chegou en 1975 á Secretaría General del Movimiento, pero, claro, qué imos andar remexendo no pasado, eso faino xente resentida e retrasada, quita, quita.
525 anos bicándolle o cu aos mesmos, e seguimos.

Os autorretratos de Thomas Canet
Chamámoslle autorretratos porque en todas as súas fotos ollas a mesma obsesión. Na súa bitácora solta algúns comentarios nos que deixa entrever que a vida, para el, é algo intenso e doloroso. Móvese sobre todo entre as bambalinas do rock español, con devoción e humildade; como un García-Alix de agora, máis aberto ao negocio, máis limitado á hora de expresarse (dicotomía que se monta el so). Escolma:
- Raúl del Pozo.
- Eusebio Poncela.
- Ana Curra.
Non está mal, pero a nós seméllanos unha fantasmada o rollo que se trae. O mesmo é porque estamos voltándonos insensibles e cínicos. En fin, na súa web atoparedes moitas facianas famosas.

fotografía
O pop pode ser intelixente
Aínda que xa nos estamos pasando. Darren Hayman, a personaxe que nos ocupa, deixaríao en divertido. Dicimos personaxe e dicimos ben: primeiro con Hefner e logo so, cunha facilidade prodixiosa para rexistrar melodías tan inglesas; para escribir con amor e, sobre todo, con humor; para debuxar portadas e carteis. Un home do renacimento que maldita a falta que lle fai. Un crack.
El fuxe da trascendencia, detesta aos grupos importantes que fan cousas importantes, e vai escribíndolle himnos ao café, aos cigarrillos, ás situacións cotiáns dos urbanitas.
Etiquetas:
música
letrag
O que din en letrag sobre a Georgia, a tipografía que empregamos aquí e que eles tamén empregan, nas cabeceiras e no propio título do sitio:
Brillante tipografía deseñada para pantaia cunha personalidade tipográfica fora de toda dúbida. Foi creada por Matthew Carter en 1996 e un ano máis tarde sacou unha versión estendida. As versións sucesivas foron engadíndolle novos caracteres para as linguas europeas, escrituras gregas e cirílicas. A dificultade de crear un tipo con serifas para pantaia foi salvada cunha tipografía impresionante, de gran lexibilidade a tamaños pequenos sen perder en ningún momento o seu encanto e carácter. A altas resolucións, a Georgia é esencialmente unha Didot cunha forma moi parecida ás romanas escocesas. O propio Matthew Carter recoñeceu a influencia de Richard Austin, cortador de tipos romanos escoceses do século XIX, e que el sempre admirou. Cando comezou o deseño de Georgia, estivera traballando nunha nova familia chamada Miller, versión destas romanas. A influencia do modelo escocés recoñécese nas serifas superiores horizontais de letras coma o “b” ou o “h”. Aínda así, tivo que facer varias modificacións para que a tipografía fora lexible en pantaia como alixeirar as maiúsculas ou aumentar a altura do “x”. O peso da versión Bold foi coidadosamente elaborado para asegurarse de que sempre sexa máis pesada que a versión Regular.

deseño
Función: logo
“Hoxe os clientes non nos encargan edificios, senón logotipos.”
Jacques Herzog e Álvaro Siza Vieira, arquitectos
Jacques Herzog e Álvaro Siza Vieira, arquitectos
Etiquetas:
cita
Tertulia

- E a vostede, ¿qué lle parece o libro? ¿cambiaría algo?
Tiro pausadamente da pipa, tuso discretamente, aloumíñome o queixo pensativamente:
- Bueno, non, a ver, quizáis lle quitaría o bico do queixo, pero vamos, a novela vai funcionar igual de ben. É unha gran novela, no sentido clásico da palabra "gran", e considero humildemente que se debe gozar tal como foi concebida. Aquí o meu colega supoño que apoiará estas percepcións que esbozo así un pouco superficialmente, sen ánimo, como sabedes, de sentar cátedra...
Etiquetas:
literatura
O pop é valioso
Os Lighting Seeds, un grupo de pop tan preciosista como soso, demandou a Mikel Erentxun por plaxiarlle unha canción, “Pure”. Desto hai xa tres anos, pero nós, sempre aos biosbardos, aínda nos enteramos agora. O Erentxun é o mesmo que perpetrou aquel horrible bajonazo, perdón, aquela versión de “There is a light that never goes out”. Na súa defensa, alegou:
"Conozco Pure y reconozco el parecido, pero no fue premeditado. De hecho, The Lightning Seeds no está entre mis grupos o artistas influyentes"
Artistas influyentes! Ten unha lista de “artistas influentes”! Outro Bunbury do negocio, outro pallaso. Qué nivel. Qué ben estamos escoitando a Emmylou Harris.
Etiquetas:
música
Provocacións gratuitas

Esta tía con pinta de femme fatale resulta que se adica á novela negra. Chámase Tara Moss, naceu en Australia, foi top model e os seus libros son bestsellers. Merecidisimamente. O da promoción como que o debe ter doado. Aquí podemos dicilo, entre os poucos lectores cos que contamos dubido que se atope algunha feminista, e no caso de que algunha dea co post, pois que se enfureza todo o que queira. Un escritor como Umbral fotografiouse espido, sen máis “atuendo” que unha Olivetti “Pluma” 22 (acabo de consultalo), explicitando esa filosofía vital súa na que a literatura era a súa pel, a súa pel era literatura, e ninguén se escandalizou.
Por certo, ¿qué carallo de revista é esa, Arena? Qué cutre. ¿Nin sequera manexan algunhas nocións básicas de deseño e maquetación?
Etiquetas:
literatura
As doenzas do empresariado
Ok: en Wall Street preocúpanse por se Steve Jobs ten unha pancreatite, un cancro terminal ou, simplemente, deixou de tomar Activia de Danone; pero aquí aínda non chegamos a ese refinamento do mercado. Preocupámonos, si, pola saúde de Nino Mirón ou Telmo Martín, pero esa preocupación non repercute no Ibex 35.
Etiquetas:
simplezas
Tendencias, mapa de bits
Hainos que asimilan tendencias coas tipografías. Asimilar tendencias non é o mesmo que crealas, pero non vos creades que eso importa moito. O que importa é o que importa. Agora están de moda as grotescas redondeadas e as bitmaps. Exemplos:
- A Arial Bold Rounded, na canle de tv 4.
- A FFF Neostandard Trial, en todo tipo de anuncios de internet e telefonía móbil.
Mentras tanto, a Avant Garde sobrevive no pazo de cristal das marcas de cosmética.

A sinatura máis mordaz
5 críticas do novo traballo de Morrissey. Tres, máis que críticas, son artigos a media páxina onde repiten, agrandado, o que serán notas publicitarias da discográfica. Logo veñen dúas columnas enfrontadas, eso tan de moda de a favor e en contra, con pólvora e magnolias, ou como se queira, que neste caso é falso, porque os dous están a favor. Pertencentes a grupos de pop-rock e xornalistas ambos, un réndese sen máis dende o comenzo e o outro faise o interesante, empregando fórmulas curiosamente familiares.
Qué maior demostración de admiración, respecto ou amor que un insulto prolongado, torpe. O tío presume de veleno (un veleno curiosamente familiar) pero carece de cabeiros, co que o veleno non serve de nada. Bueno, si, serve para escribir un artigo de culturetas para culturetas, quedar ben ante os colegas e a moza, e cobrar.
Lembremos aquela canción de Gabinete Caligari:
"No me pidas por favor
que me integre porque soy underground,
underground.
El sistema explotador
no es mi tema, nena, soy underground,
Underground.
Con mi dominio del inglés
“you can flow forever”,(puedes fluir siempre)
me desenvuelvo a un gran nivel,
underground, underground.
Tengo un poster en mi habitación
de un conjunto muy molón,
underground, underground.
Soy la firma más mordaz
de un suplemento semanal.
underground, underground.
Y bajo tierra resistiré
underground ” forever”, (para siempre)
dando guerra sin cuartel.
underground, si soy underground
y bajo tierra estoy, underground
así soy yo, underground
yes, underground
así soy yo, underground
underground sí, soy underground…"

O ferrari deste ano

Este bólido ven dun sitio que se chama Underground bikes, “on line community for chopped & stretched bikes”. Ao tipo que a armou debían concederlle o premio nacional de deseño (non deseño gráfico nin web), que sempre lle toca a un que fai cadeiras.
O ben que o ía pasar Raikonen, pedaleando, facendo que acelera, rindo, adiantando a Hamilton e a Alonso.
Etiquetas:
f1
Unha lista nada esaxerada
Publican listas constantemente cos mellores discos da semana, do ano, do milenio, mellor intérprete feminina de neo hip hop soft metal, mellor grupo de gospel dos anos 30, o máis vendido na FNAC ou en Calcuta... Pois nós tamén, imos coa nosa influente lista, pero sen liarnos tanto:
Mellor disco da historia: “The queen is dead”, dos Smiths.
Segundo posto: “Vauxhall and I”, de Morrissey.
E xa está, que este non é sitio para intimidades.
Nota: “Vauxhall and I” é un disco, é o disco perfecto, e “The queen is dead” é un disco con inxenuidades e erros, pero é o mellor disco da historia.
Nota 2: Non se poden escoitar. Non se asume que ficaran con aqueles que fumos, de novos.

Homenaxe a Alain White
Andamos escoitando o “Who put the M to Manchester”. O concerto remata con “There is a light that never goes out”. Os músicos despídense de un en un, e o primeiro en facelo, tan graciosamente, é Alain White, o responsable das mellores cancións de Morrissey. Era a fin dunha época brutal, do “Your arsenal” a “Boxers”.
Din que voltou ao que facía antes, cunha oscura e pequena banda de rockabilly [si, entramos nun foro de fanáticos, qué pasa:)].
Din que voltou ao que facía antes, cunha oscura e pequena banda de rockabilly [si, entramos nun foro de fanáticos, qué pasa:)].
Etiquetas:
música
Cachalote con maracas e tutú
Os medios fanse eco do desempleo que azouta aos “sectores previsibles” (non imos falar de clases; eso está pasado de moda). Do que non alertan é do paro que lles agarda aos humoristas, os cómicos, os do Jueves, os columnistas mordaces, os tertulianos saídos.
Escoitamos a “comparecencia” do presidente da nación explicando “punto por punto” as medidas que tomou o goberno dende que “constataron” a crise, cómo lanzaron o plan para salvar o sistema financieiro, cómo advertiron de que debiamos ser realistas e toda esa monserga exemplarizante.
A refundación do capitalismo, aseguran, con valores éticos e morais.
Ah, e outra: que pensaron no tema, que non actuaron inconscientemente (ou sexa que este Goberno pensa antes de promulgar leis).
Eso, que están a roubarlle o traballo aos humoristas.

Los cojones bien puestos
O domingo en Santiago, polos arredores da Quintana, esixían a documentación a todo aquel que escoitaran falar en galego. Esixíronllo ata a unha vella que non sabemos se saía de misa.
- Señora, identifíquese.
- Ai, meu fillo, pois eu sonche filla do defunto de Andrés o carniceiro, que tiña a tenda na Algalia de Abaixo, agora hai unha lencería...
- ¡Señora, no vacile y enséñeme su DNI! Hay que joderse con estos hijos de puta como se lo montan, hasta la abuela recibe consignas, y a lo mejor hasta es un correo desos... y con recochineo. Putos etarras, me cago en la puta de oros.
¡Ande, circule, y ándese con ojo, me acuerdo de su cara!
Así que houbo unha manifestación de protesta porque se está a discriminar a lingua castelán (manifestación que por certo foi acordada con antidisturbios incluidos, de Cádiz, coido). Si señor, eso é ter os collóns ben postos.

A manifa de onte en Santiago
Bilingüismo: ser porco galego e falar en castelán, e sentirse ameazado (manía persecutoria). ¿Non lles chega con todo o que joderon e seguen a joder?
Etiquetas:
política
Os documentais da 2
Hai que aburrirse moito para columpiarse así. Massive Attack estaban ben na súa orixe, con Tricky; cando este, o único humano da formación, se abriu, ficou o proxecto duns enxeñeiros de son aptos para satisfacer as demandas creativas dos máis cool e dos máis borregos. Atmósferas futuristas e estructuras de fume xamaicano: nin unha gota de sangue.
Aquí collen a P. J. Harvey, a Björk e a Tori Amos (primeira vez que a escoitamos), axitan a cockteleira e nos sirven un documental de 5 minutos, con imaxes submarinas incluidas, sobre o mundo destas tres mulleres, que para nós é o mesmo que o de Penélope Cruz e Almodóvar.
Etiquetas:
música
Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán (Fe de erratas)
CRAG. Esa é a orde correcta, sobre a que un compañeiro nos advertiu.
Etiquetas:
música
Pechan a liña de crédito para bates de béisbol e sticks de hockey
"Es la economía real la que pone en riesgo a la banca y si la economía no se hunde aún más es porque la banca es capaz de sostener la posición deudora (de España) en el mundo.”
Miguel Martín, presidente de la Asociación Española de Banca (AEB)
O noso “homónimo” ten razón. O contrario, de feito, non entra dentro dunha mente lóxica. Acontece que os que conforman esa “economía real” móvense sempre entre a envexa e a ignorancia, polo que non cabe agardar deles unha palabra de gratitude.
A banca non é a causante da crise. O problema está noutro lado. Hai que darse presa e facer un equipo forte.

Josh Rouse en Altea
A ver quén adiviña ónde comenzou a súa carreira este tío. Correcto, en Nashville, Tennessee. E se trae, ademáis, un rollo cantautor que fede, pero non nos importa. Digamos que naceu o mesmo ano ca nós, e que actualmente vive en Altea, ese ex pobo branco de mariñeiros de Alacant onde botamos unha tempada hai dous anos.
Tráenos tantas lembranzas, este vídeo (o tempo é agridoce). En fin, amigos, como vedes, estamos definitivamente perdidos para o mundo e o rock’n’roll.
Etiquetas:
música
Madrugada do 7 de outubro de 1849
Final da "biografía" de Cortázar sobre Poe. O de todos estos días, como que sobra:
"Que Dios ayude a mi pobre alma", fueron sus últimas palabras. Más tarde, biógrafos entusiastas le harían decir otras cosas. La leyenda empezó casi enseguida, y a Edgar le hubiera divertido estar allí para ayudar, para inventar cosas nuevas, confundir a las gentes, poner su impagable imaginación al servicio de una biografía mítica.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
fevereiro
(34)
- FPG
- A empanada de xoubas non está nada mal (II)
- A empanada de xoubas non está nada mal
- Eloxio do corpo
- Viva o odio (II)
- Avogado
- Hai que mercalo
- Un bo fillo
- Os autorretratos de Thomas Canet
- O pop pode ser intelixente
- letrag
- Función: logo
- Tertulia
- O pop é valioso
- Provocacións gratuitas
- As doenzas do empresariado
- Tendencias, mapa de bits
- Vídeo que nos mandou un compañeiro
- Underground
- Antroido
- A sinatura máis mordaz
- O ferrari deste ano
- Unha lista nada esaxerada
- Homenaxe a Alain White
- Cachalote con maracas e tutú
- Los cojones bien puestos
- A manifa de onte en Santiago
- Steve Wynn
- Os documentais da 2
- Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán (Fe de erratas)
- Pechan a liña de crédito para bates de béisbol e s...
- Josh Rouse en Altea
- 40 en bastos
- Madrugada do 7 de outubro de 1849
-
▼
fevereiro
(34)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.