O que din en letrag sobre a Georgia, a tipografía que empregamos aquí e que eles tamén empregan, nas cabeceiras e no propio título do sitio:
Brillante tipografía deseñada para pantaia cunha personalidade tipográfica fora de toda dúbida. Foi creada por Matthew Carter en 1996 e un ano máis tarde sacou unha versión estendida. As versións sucesivas foron engadíndolle novos caracteres para as linguas europeas, escrituras gregas e cirílicas. A dificultade de crear un tipo con serifas para pantaia foi salvada cunha tipografía impresionante, de gran lexibilidade a tamaños pequenos sen perder en ningún momento o seu encanto e carácter. A altas resolucións, a Georgia é esencialmente unha Didot cunha forma moi parecida ás romanas escocesas. O propio Matthew Carter recoñeceu a influencia de Richard Austin, cortador de tipos romanos escoceses do século XIX, e que el sempre admirou. Cando comezou o deseño de Georgia, estivera traballando nunha nova familia chamada Miller, versión destas romanas. A influencia do modelo escocés recoñécese nas serifas superiores horizontais de letras coma o “b” ou o “h”. Aínda así, tivo que facer varias modificacións para que a tipografía fora lexible en pantaia como alixeirar as maiúsculas ou aumentar a altura do “x”. O peso da versión Bold foi coidadosamente elaborado para asegurarse de que sempre sexa máis pesada que a versión Regular.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
fevereiro
(34)
- FPG
- A empanada de xoubas non está nada mal (II)
- A empanada de xoubas non está nada mal
- Eloxio do corpo
- Viva o odio (II)
- Avogado
- Hai que mercalo
- Un bo fillo
- Os autorretratos de Thomas Canet
- O pop pode ser intelixente
- letrag
- Función: logo
- Tertulia
- O pop é valioso
- Provocacións gratuitas
- As doenzas do empresariado
- Tendencias, mapa de bits
- Vídeo que nos mandou un compañeiro
- Underground
- Antroido
- A sinatura máis mordaz
- O ferrari deste ano
- Unha lista nada esaxerada
- Homenaxe a Alain White
- Cachalote con maracas e tutú
- Los cojones bien puestos
- A manifa de onte en Santiago
- Steve Wynn
- Os documentais da 2
- Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán (Fe de erratas)
- Pechan a liña de crédito para bates de béisbol e s...
- Josh Rouse en Altea
- 40 en bastos
- Madrugada do 7 de outubro de 1849
-
▼
fevereiro
(34)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário