
Esta tía con pinta de femme fatale resulta que se adica á novela negra. Chámase Tara Moss, naceu en Australia, foi top model e os seus libros son bestsellers. Merecidisimamente. O da promoción como que o debe ter doado. Aquí podemos dicilo, entre os poucos lectores cos que contamos dubido que se atope algunha feminista, e no caso de que algunha dea co post, pois que se enfureza todo o que queira. Un escritor como Umbral fotografiouse espido, sen máis “atuendo” que unha Olivetti “Pluma” 22 (acabo de consultalo), explicitando esa filosofía vital súa na que a literatura era a súa pel, a súa pel era literatura, e ninguén se escandalizou.
Por certo, ¿qué carallo de revista é esa, Arena? Qué cutre. ¿Nin sequera manexan algunhas nocións básicas de deseño e maquetación?
Nenhum comentário:
Postar um comentário