Hai que mercalo



O novo proxecto de David Byrne con Brian Eno é unha mostra de cómo moverse e vender un producto. Garanten un risco creativo que evita o exhibicionismo: fan cancións. O album pódese adquirir unicamente a través da súa web.
- Formatos: cd, mp3, FLAC (compresión de audio de calidade superior ao mp3) e unha edición limitada en vinilo de 180 grs.
- Sen DRM, os tres primeiros (bueno, o vinilo tampouco, supoño...).
- Todos acompañados de libreto de 17 páxinas, coas letras, deseñado por Stefan Sagmeister (pode non gustarche, pero malo non é para nada).
- Distintos packs con extras: de 9 a 70 dólares (o de 9 é o mp3 co libreto).
- Descarga inmediata.
- Podes escoitar todas as cancións (enteiras) na web.
No inicio hai unha nota amable e concisa de David Byrne na que di, por exemplo, como aloxar a playlist.

ESTÁ DE PUTA MADRE

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet