Los cojones bien puestos

O domingo en Santiago, polos arredores da Quintana, esixían a documentación a todo aquel que escoitaran falar en galego. Esixíronllo ata a unha vella que non sabemos se saía de misa.
- Señora, identifíquese.
- Ai, meu fillo, pois eu sonche filla do defunto de Andrés o carniceiro, que tiña a tenda na Algalia de Abaixo, agora hai unha lencería...
- ¡Señora, no vacile y enséñeme su DNI! Hay que joderse con estos hijos de puta como se lo montan, hasta la abuela recibe consignas, y a lo mejor hasta es un correo desos... y con recochineo. Putos etarras, me cago en la puta de oros.
¡Ande, circule, y ándese con ojo, me acuerdo de su cara!
Así que houbo unha manifestación de protesta porque se está a discriminar a lingua castelán (manifestación que por certo foi acordada con antidisturbios incluidos, de Cádiz, coido). Si señor, eso é ter os collóns ben postos.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet