Cachalote con maracas e tutú

Os medios fanse eco do desempleo que azouta aos “sectores previsibles” (non imos falar de clases; eso está pasado de moda). Do que non alertan é do paro que lles agarda aos humoristas, os cómicos, os do Jueves, os columnistas mordaces, os tertulianos saídos.
Escoitamos a “comparecencia” do presidente da nación explicando “punto por punto” as medidas que tomou o goberno dende que “constataron” a crise, cómo lanzaron o plan para salvar o sistema financieiro, cómo advertiron de que debiamos ser realistas e toda esa monserga exemplarizante.
A refundación do capitalismo, aseguran, con valores éticos e morais.
Ah, e outra: que pensaron no tema, que non actuaron inconscientemente (ou sexa que este Goberno pensa antes de promulgar leis).
Eso, que están a roubarlle o traballo aos humoristas.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet