FPG

Aí vai o web para as eleccións da FPG. Novas, o programa (pódese descargar en pdf), o diario de campaña de Ferrín (lúcido, divertido, transparente, firme) e algunha movida máis.

Os do BNG seguen a falar de estratexia (ata os máis desencantados seguirán votándolle; coñecémolos ben). Nós valoramos a estratexia da FPG.

Extraído dunha entrevista:
“Se repite o bipartito, e na oposición só está o PP ou Rosa Díez, entón iso pode ser o desastre, porque o Goberno esforzouse durante estos anos en compracer a Núñez Feijóo. Non se esforzou en compracer as demandas dunha FPG, ou se queres dunha Esquerda Unida. Compraceu as demandas da dereita nada máis. Se iso se repite, será malo para Galicia, e desde logo, malo para os traballadores, que son os que sofren máis a crise.”

Pode que non acaden representación no “parlamentiño” (como di el). Pode que nos sintamos atraídos pola súa figura.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet