Chamámoslle autorretratos porque en todas as súas fotos ollas a mesma obsesión. Na súa bitácora solta algúns comentarios nos que deixa entrever que a vida, para el, é algo intenso e doloroso. Móvese sobre todo entre as bambalinas do rock español, con devoción e humildade; como un García-Alix de agora, máis aberto ao negocio, máis limitado á hora de expresarse (dicotomía que se monta el so). Escolma:
- Raúl del Pozo.
- Eusebio Poncela.
- Ana Curra.
Non está mal, pero a nós seméllanos unha fantasmada o rollo que se trae. O mesmo é porque estamos voltándonos insensibles e cínicos. En fin, na súa
web atoparedes moitas facianas famosas.


Nenhum comentário:
Postar um comentário