Xestacion dun libro de actualidade
O animal bifronte e togado, ribetes de almidón nos puños espidos, os ollos lacrados no teito da habitación, pensou, o mazo dunha antiga sentencia golpeoulle o sangue mentras a muller se afastaba un pouco, logo de arrincalo da súa soedade cunha furia apenas finxida, e comenzaba a contarlle os detalles do libro que quería escribir, non buscando unha aprobación que non precisaba, requerindo a súa complicidade, imbuindo de dereito a súa ansiedade cunha delicadeza, cunha transparencia da que só unha muller así era capaz, mentras el pensou, pensou e ficou calado, para finalmente erguerse a buscar un pitillo, a ver se no estudio lle quedaba algún de cando deixara de fumar.
Mariano Rajoy fixo 109 amigos en 5 días en Facebook, a segunda rede social máis importante do mundo despóis de MySpace. Un dato político de gran relevancia que se apresurou a súa servidume a colocar na cabeceira dun dos seus xornáis (por qué non agardaron 10 días, ou 7?).
- Hola, mi nombre es Mariano, y me gusta ver vídeos de Mónica Naranjo despues de "currar", aunque también leo libros profundos.
- ¿Libros profundos?
- Sí, Josemari, mi líder espiritual, dice que un hombre tiene que tener carácter y personalidad.
- Oh, tu líder piensa igual que yo, entonces...
- Ya ves...
- Ya ves... oye, podemos quedar un día, si te apetece...
- Claro...
- Claro...
Bueno, a linguaxe sería máis sms, e algunhas frases estarían resumidas en emoticonos que un universitario das novas xeracións lle iría explicando ao futuro presidente.

Presentacion dun libro de actualidade
A muller do maxistrado que levou o peso do xuicio do 11 - M acaba de publicar un libro sobre o tema, “La soledad del juzgador”. A tía é xornalista e non nos parece mal o oportunismo; sería como pretender disuadir a un neno de que se tome un chupa-chups. O que nos parece mal é que el, o marido, realmente non a disuadira, demostrando ser, detrás dese animal bifronte e togado, un calzonazos cunha vanidade moi mal levada.
Xa o di o outro: “magistrates who spend their lives hiding their mistakes...”
O libro en si excusamos lelo ou recomendalo, con ese título non queremos nin imaxinarnos o seu contido.
Xa o di o outro: “magistrates who spend their lives hiding their mistakes...”
O libro en si excusamos lelo ou recomendalo, con ese título non queremos nin imaxinarnos o seu contido.
Portada do suplemento dominical do Correo: “España forxou en América os dereitos humanos. EVANXELIZACIÓN”. Foi o “impacto microbiano e viral” o que destruiu á poboación indíxena, non “o xenocidio do que fala Hugo Chávez”.
Retractámonos do interés parvo por escribir no EP3. Queremos escribir, moi agradecidos, en El Correo Gallego.
Retractámonos do interés parvo por escribir no EP3. Queremos escribir, moi agradecidos, en El Correo Gallego.
O novo disco de Radiohead está guapo. Ou eso ou acumulábamos demasiado apetito de algo novo. Na súa liña e sen aburrir (polo menos ao comenzo). Sorprender radicalmente para eles será xa tarefa imposible. Tiran da electrónica con personalidade (non como outros que van de modernos). Estilos distintos por todos os recunchos das cancións e un son moi limpo e homoxéneo.
E nada, seguiremos escribindo a ver se nos fichan dunha puta vez os do EP3 (xa de cativos soñabamos con escribir no EP3). E conseguir entradas para un concerto desta xente.
E nada, seguiremos escribindo a ver se nos fichan dunha puta vez os do EP3 (xa de cativos soñabamos con escribir no EP3). E conseguir entradas para un concerto desta xente.
Hai que ver o Zune, o reproductor multimedia de Microsoft. Acaban de sacar a segunda xeración e as tendas ficaron sen existencias, se ben non especifican o volume do stock. Ten máis capacidade, máis conectividade e o deseño procura desmarcarse do deseño de Apple.
Non é que non nos chame, é que semella un chisme de plástico barateiro para os críos. Eso si, ten FM, que o iPod non ten :)
Para a terceira xeración fixo que lle incorporan unha calculadora, e entón, buahhh, qué caña, colega.

radiohead.tv
Esto é do novo disco de Radiohead, de non tan polémica distribución. Pódese baixar da súa web ao precio que se queira, como se non se quere pagar nada. A súa antiga casa discográfica "contraatacou"... reeditando todos os seus álbumes!
O negocio cambia e a industria segue sen adaptarse, aferrada aos vellos privilexios.
Hai unha valla do Corte Ingés entre a casa e o curro que nos ten ob-nu-bi-la-dos. Estos días teñen a Nicole Kidman, de sofá e blanco ariel, case mordendo un lapis óptico, case zaphino o seu pelo, case esforzándose, cunha videoconsola para estimular a mente.
“Nicole Kidman está entrenando o seu cerebro.
E ti, que fixeste hoxe para entrenar o teu cerebro?”
Pensar en Nicole Kidman exercitando outras partes da súa anatomía comigo, mira ti. ¿Resposta válida? Mercaremos a Nintendo a ver se esta cabeza serve para algo.
Cómo coño se di valla?

Pola morte dun actor
O mundo está de loito. Políticos, culturetas, xornalistas e famosos están de loito. Todos, toda a Extensa España Ilustrada está de loito. Esceas de dó público. Morreu Fernando Fernán Gómez, ese roxo que andaba sempre de mala hostia. Mensaxes, chamadas, telegramas, declaracións ante os medios:
- Con él muere un siglo del mejor teatro y el cine españoles.
- Es una gran pérdida para la Creatividad en nuestro País.
- Es una gran pérdida para la Cultura en nuestro País.
- Es una gran pérdida para su familia.
- Es una gran pérdida irreparable.
- La emoción, quiero decir el dolor, me impiden hablar.
- Recuerdo una anécdota, cuando rodábamos aquella película, que es un ejemplo de la persona sencilla y humilde que era...
- Sí, yo, yo que llevo el cine entre estas dos tetas que me dió Dios, me le insinué cuando ya era mayorcete, jeje, el abuelo salió corriendo, abuelo, pero dónde va, que se deja el bastón!
- El ministerio declarará este día Día Fernán Gómez del Teatro y descubrirá una placa con su nombre en la calle que lo vió nacer. Mis más sentidas condolencias a la viuda, mujer de coraje que lo dió todo al lado de este prohombre, de este proteico animal de las artes escénicas.
Todos coa Cultura engordándolles a boca, a mesma boca coa que se inclinarán, na capela ardente, para bicar a fronte fría e despexada.

Devendra Banhart
Este tío está de moda. Todo aquel que se crea ou autodenomine "cool" o está a escoitar. Que se neofolk, se psycofolk, se toca todos os paus, se é inclasificable, se a orixe latina e as reminiscencias brahamánicas... Para nós, que somos insufriblemente burgueses, é unha flipada hippy.
Concedémoslle o beneficio da dúbida (apenas o escoitamos) pero o "Summertime" sempre o preferiremos na voz de Billie Holiday.
A Igrexa apúntase á publicidade moderna. Emocional, sae unha tía (moderna) cun bebé en brazos dicindo: “nesta Igrexa vivín os intres máis intensos da miña vida”. Tan modernos que son, no spot non aclaran se aqueles intres tan intensos, dos que sairía a criatura, llos debe ao cura ou directamente ao Señor (para facer partícipe ao espectador, guau!).
Tan modernos e coas tecnoloxías que teñen ao seu alcance ben podían sacar algún plano do seu enrollado deus; un vello apuesto e moderno, con gafas de sol de Armani.
Non terán ningún asesor de imaxe que lles explique que esa mercadotecnia está máis que obsoleta.

Xente de NY
Estos dous antes formaban Luna, un grupo neoiorquino que sempre nos gustou. Así como hai varios vídeos da parella no youtube, do grupo non damos atopado. Estaría ben voltar escoitar temas como "Superfreaky memories" ou "Flying to the sun".
Todo o imaxinario da cidade actualizado con bo gusto e sen facer ruído. O que fan agora xa non nos interesa tanto.
A nouveau cuisine nas Rias Baixas

Este bogavante semella apetitoso e “sofisticado” ou sinxelamente vomitivo. Códigos estéticos. Escasea o marisco na ría e semella que tamén na Rede. A foto era para a oferta dun hotel; cea a base de marisco, peixe e albariño + habitación con king size. Non é a típica mariscada, non se ve detalle de ningún local, e a receita semella currada.
Desestimada, claro. Convida máis a potear que a compartir coa parella. Non puiden evitar poñerlle nome: fósil de bogavante sobre risotto de ouro branco con euro transparente.
O segrel
Españolitos. Xente cos collóns ben postos rajando no bar (cómo nos envalentonamos e nos enchemos de razón criticando aos ausentes). Españolitos de merda. Súbditos todos, adoramos a Su Majestad. E se Su Majestad se indigna nós aínda nos indignamos máis. Coño, hPaña eh hPaña!
O segrel, aquí Albert Pla, era unha figura da lírica galego - potuguesa que se movía de corte en corte, trovando.
Unha frase de Onetti
“Sabés vos, Mario, tenés una relación conyugal con la literatura. Yo tengo la relación de un amante”
Esto foi o que lle espetou Onetti a Mario Vargas Llosa, que o lembra agora de paso que saca libro sobre a obra do uruguaio. Orgulloso, como se fora algo que lle outorgora “lenda”.
Coñecemos xente co mesmo “modus operandi” de Vargas Llosa, xente que se pasa a vida buscando arrimarse a aquel que lle dea algo do que eles nunca terán. Vampiros diurnos que se disfrazan de todo, de anarquistas, de comunistas, de cocainómanos, puteros, morriñentos, perdedores, bohemios, humildes... A mesma xente que logo despreciará e cubrirá de merda os presuntos despoxos das persoas ás que lle chuparon o que lle tiñan que chupar.
O propio Vargas Llosa deixou escrito que ao seu admiradísimo Cortázar atopouno unha vez en París e non viu nel nada máis que a un tipo moralmente degradado, co cerebro comido polos sandinistas e mercando revistas de putas.
A frase de Onetti é demostrativa: están chamándote capullo (para nada é facerse o interesante, non se concibe outra relación posible coa Li-te-ra-tu-ra que a de amante) e ti sorrís e aínda o comentas, ah, Onetti, yo tuve la suerte de haberlo tratado, era un genio, fíjense que agudo sentido del humor, y era siempre así con todo el mundo... Después se hechó a perder, el pobre, pero esa es otra historia, quizás escriba otro libro sobre ese lado oscuro y escabroso de su vida. Pero hoy no estamos aquí para eso, ¿verdad?
“Oh, the squalor of the mind”.

As mentiras funcionan na medida na que funciona a estupidez e a credulidade do/s outro/s. É un mecanismo semellante ao da publicidade.
A peña que se ri, que se vanagloria, cando cola unha mentira, é aínda máis estúpida, porque o único que está a conseguir é que lle perdoen a vida.
Claro que estas "disquisicións" (ea!) non lle interesan á peña, demasiado atarefada en mentirse a si mesma e pasalo ben ao grande.

Hoxe animeime a deixar un comentario no blog de Manolo Saco, que escribe para “Público”. O seu post de hoxe era moi divertido, e debaixo do post estaban os comentarios da peña, que se deixa a vida no tema. Algúns dan leccións de Historia, outros de Literatura, outros de Ética. Algún xa lle espeta directamente qué é o que fai ben e que fai mal...
Colega, se o que queres é un púlpito dende o que predicar a túa Verdade, mércate unha canle de televisión, e deixa de raiar.
Colega, se o que queres é un púlpito dende o que predicar a túa Verdade, mércate unha canle de televisión, e deixa de raiar.
As ensinanzas de Lao Tse
Imos colocar nos urbanos de Lugo uns cartaces promocionando unha "novedosa" técnica de masaxe chamada "masaxe estimuladora de esferas chinas" ou Kung Fu Chio, que aínda que se fai con bolas non se debe confundir coas bolas que aquí coñecemos (claro que se aúnan as propiedades de ambas as mulleres de Lugo flipan).
A masaxe ofértaa un augusto hotel, e a directora de marketing díxome que lle parecían patrañas pseudoorientáis. Podemos ambientarnos con este vídeo.
O Mexico de Juan Rulfo

O México que se aparecía nas páxinas de “Pedro Páramo”, un espacio (non un país) detido e desesperado, fantasmal e vivísimo, alegre e violento e cruel. Espíritos construidos a balazos, deuses desequilibrados, fame e sexo, humillación e orgullo, vientres preñados de morte e cans, miragre de osos que aparecen de cando en vez para definir os límites desa xeografía.
Libros como aquel eran guías de viaxe, e non toda a necedade comercial que te atopas agora nos escaparates (para que non te perdas e non te perdas nada).
Humm... deixámonos levar, váisenos a olla. Moito coidado co turismo intelectual. Sobran cretinos que se adican ao tema.
A peña pásase a vida mentindo, e as súas mentiras chámanlle ser maduro ou ser intelixente nun mundo de merda. Así non só xustifican os cornos que poñen, as pelas que ocultan e, en xeral, a falta de respecto ao outro; tamén se divirten e gañan algo de autoestima.
A nós danos moito polo cu, e divertímonos. E calquer día nos largamos sen máis a México, por exemplo.
A nós danos moito polo cu, e divertímonos. E calquer día nos largamos sen máis a México, por exemplo.
Mexico (II)
Qué teñen os chingados de Maná de mexicanos? Tanto coma nós (Café Tacuba si son mexicanos). Dádenos o xornal e unha guía turística de Veracruz e e escribímosvos 400 cancións mellores que as súas. Cando se poñen indixenistas semella que estás na Semana de México Lindo en El Corte Inglés.
• 30 % de desconto en menaxe.
• Descubra a rabiosa actualidade da cociña mexicana no noso restaurante: enchilada ou quesadilla + guacamole + Coca - cola: só 34,95 euros.
Cando se poñen sensibles dan gañas de chorar (do malos que son). Semella que escoitaron moito aos Cure a a Police. Nós tamén escoitamos moito aos primeiros e aínda non nos voltamos de todo idiotas.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2007
(164)
-
▼
novembro
(29)
- Xestacion dun libro de actualidade
- Non me chaman, nin do Correo nin do EP3. Son un fr...
- Mariano Rajoy fixo 109 amigos en 5 días en Faceboo...
- Presentacion dun libro de actualidade
- Idioteque
- Portada do suplemento dominical do Correo: “España...
- O novo disco de Radiohead está guapo. Ou eso ou ac...
- Hai que ver o Zune, o reproductor multimedia de Mi...
- O disco ten a súa páxina: http://www.inrainbows.com/
- radiohead.tv
- Hai unha valla do Corte Ingés entre a casa e o cur...
- Pola morte dun actor
- Devendra Banhart
- A Igrexa apúntase á publicidade moderna. Emocional...
- Morcheeba
- Sem título
- O dos late night ou late show é un filón a explora...
- Xente de NY
- A nouveau cuisine nas Rias Baixas
- O segrel
- Unha frase de Onetti
- As mentiras funcionan na medida na que funciona a ...
- Hoxe animeime a deixar un comentario no blog de Ma...
- As ensinanzas de Lao Tse
- Sem título
- O Mexico de Juan Rulfo
- Claro: a lucidez é a ausencia de espacio entre dou...
- A peña pásase a vida mentindo, e as súas mentiras ...
- Mexico (II)
-
▼
novembro
(29)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.