Houbo unha conxunción astral en Pamplona. Non, unha conspiración planetaria. Aos madridistas que queiran informarse recoméndolles que lean convencionalmente a prensa. Recalco, convencionalmente; non lean os comentarios dos lectores porque poden enterarse de pormenores desagradables, se son de natural sensibles. Por exemplo, kitkat2005 relata o seguinte diálogo entre Cristiano Ronaldo e Pandiani (os medios fixéronse eco da rifa sen incorporar as palabras):
- ¿Cuánto ganas? —preguntou Ronaldo.
- En títulos —respostou o dianteiro uruguaio—, últimamente, los mismos que tú.
O resto da historia xa o coñecerán. A cabeza de Sergio Ramos só serve para cabecear, os recollepelotas metían pelotas no campo para despistar e as estrelas, no ceo navarro, eran blaugranas.
_
Quería cen gramos de nariz de pallaso
O presidente de Promusicae, Antonio Guisasola, achaca á piratería o para el un empobrecemento cultural evidente. Costa crer que un síntoma de tal empobrecemento sexa un disco de Sergio Dalma como o máis vendido do 2010. De mercarse máis discos, mercaríanse proporcionalmente menos de Sergio Dalma ou Alejandro Sanz (o terceiro máis vendido)?
Ah, escoitar a Alejandro Sanz non é empobrecemento cultural, perdónperdón.
O artista fai números tan rápido que me perdo.
Con este debate mentido chegou a dimisión de Álex de la Iglesia. A que armou o bilbotarra cando se aprobou a máis famosa das leis dende que se presume de democracia, esa que chaman Ley Sinde (ministra crecida no seu triste protagonismo). Como presidente da real academia do cine, ou como lle chamen a eso, si, foi torpe, amosou unha total inexperiencia política que lle está costando moitos desvelos, porque foi sinceiro e porque agora resulta que para ser director de cine tes que sacar a carreira de diplomático.
Non, non penso colocarme o nariz de pallaso (xa sei que son un pallaso). Non estou a favor desa lei inducida nin a favor dos piratas (todo aquel que presuma de pirata é subnormal). Os grises, claro, non interesan, sobre todo non lle interesan á vella industria nin a ese chiste malo que son os partidos políticos que se amañan para representar á sociedade da que se retroalimentan.
A reforma das pensións, o salario mínimo, o paro... a quén lle importa, jo, qué pereza, pero, oye, tienes el último de Joan Manuel Serrat (o segundo máis vendido)? Ca-li-da-de, co-le-ga.
O ano pasado era Víctor Manuel cos langostinos da voda, este ano relevouno Serrat cos chourizos da chacinería. Que de metáforas.

Etiquetas:
cultura
Hai liberais no pobo
Logotipo do partido que creou a corrente crítica do PP de Sanxenxo. O logo digamos que, dentro da categoría dos malos e cutres, será dos menos malos e cutres. Non ten risco ningún e representa un partido político como podía representar unha fábrica de aluminio. Podíase xogar máis co de liberal e os rectángulos amarelos collendo forma de velas, non sei, un vento de cambio move o pobo, Asociación de Lenocinios de Sanxenxo, non acepte imitacións.
Están na fase de recrutamento de persoas liberais, preparándose para a guerra do 22 de maio. Lembren para entón que son disidentes, romperon a armonía na familia pepeira; fixo que don Ramón non lles deixa entrar na igrexa.
_
Etiquetas:
política
A verdade dun cociñeiro
Andan estos días con Pearl Jam ás voltas, non sei se sacan novo disco. Pearl Jam nunca me engancharon. Desgustábame o seu discurso ideoloxizado, político, que a sona axudaba a fagocitar, a vender como se vende un fin de semana nalgún lugar arriscado a persoas ás que lle van as emocións fortes. Prefería a velocidade rota, autodestructiva de Nirvana.
Unha vez coñecín a un cociñeiro que, ademáis de cociñar ben e estar un pouco pirado, tiña a Pearl Jam como grupo de cabeceira. Había verdade nel; non é a memoria idealizando nada.
_
Etiquetas:
música
Francotirador para a Comic Sans
Un estudante de deseño gráfico creou unha web para concienciar aos novos deseñadores sobre o indiscrimando uso que se fai da Comic Sans. Se es un criminal tipográfico, tirando sempre de tan odiosa tipografía, e queres arrepentirte, non tes máis que seguir a gráfica, sinxela e divertida guía de Matt Dempsey, que así se chama o rapaz. A Comic Sans, di poñéndose didáctico, só debe usarse nos seguintes casos:
“Cando a túa audiencia está por debaixo dos 11 anos”
“Cando deseñas un cómic”
“Cando a túa audiencia é disléxica e che deixan claro que prefiren Comic Sans”
Para calquera destos casos disponse de tipografías alternativas, que se preocupa por facilitar. Un aplauso para a súa iniciativa; parecerá infantil, pero nunca está de máis.
_
Etiquetas:
deseño
As dietas do porco púrpura
Queren privatizar as caixas de aforros, logo de marear con crípticas fusións ao longo e ancho da península. Non é política: inversores e institucións financeiras esíxenllo ao goberno. As caixas que non den o talle, é dicir, as que anden mal de pasta e acumulen excesivo capital inmobiliario, serán previamente nacionalizadas. Como lembra Isaac Rosa, outra vez a socializar perdas. A teleserie da Novacaixagalicia serviu para retratar aos seus protagonistas. Beiras foi duro onte criticando tamén a postura do Bloque no tema. Desmantelamento do Estado de Benestar e, aproveitando, do Estado das Autonomías.
Os cidadáns deberán pensar, certamente, en apostar por entitades financeiras alternativas como Fiare (oficina en Vigo), se non queren sofrer máis os abusos, directos e indirectos, da banca. Mentras tanto, período de engorde para as caixas, que os porcos pasan de comer ósos.

Antón está de viaxe (XIII)
Está a casa peneirada, escura, entre as pólas dos carballos; a lúa arde no silencio da súa forxa. As vías do tren permancen duras e erguidas de frío. Desapareceron as curuxas, o moucho, os lonxanos ladridos dos cans. O bar co luminoso morto e sucio, a persiana metálica desfondada, e a farola de amarela cinza, hacia a estrada, hacia o mar edificado. Abriran o bar contando cunha urbanización inminente que coincidira cun cadáver relacionado coa alcaldía, nada importante, pero non costaba tanto esquecerse dalgúns negocios. Mala sorte. A casa non era o local social de EA!, historicamente ávidos dunha clandestinidade pasada de moda, sen sentido, divertida, que debía gorecerse nas conspiratorias tebras dun soto con prelo soviético ou cando menos nun lugar pintoresco, aínda que no Concello preferían manter a ambigüedade sobre o uso real que dela, da casa, se facía. Non era bordel nin casino nin complexo deportivo, aínda que Roberto, concellal de deportes, irado cura da vida san que ameazaba aos seus concidadáns con cancros, ataques cardíacos, cirroses e mesmo un irreversible descenso da esperanza de vida, mantiña que cunhas obras discretas e unha cancha de squash a casa gañaría moito, a saber o qué pero gañaría moito. Tampouco nacera alí Rosalía de Castro (se ben, namorada das augas esmeraldeñas e a vida social que nelas bulía, seguía vindo todos os agostos).
- A ver, Eladio, que dás ti!
- Tranquilo, Manolo, tranquilo —mediou Roberto—, ti sabías que a ansiedade inflúe negativamente á hora de xogar ao tute? Heiche de pasar un libro que o demostra. Ri-gor-cien-tí-fi-co —marcando as sílabas co dedo acusador sobre a mesa.
- Vale...
- Sabemos algo do do outro día?
- Nada por ahora.
- Podes dar dunha puta ves?
- Está pensando.
- En qué... en qué carallo estás pensando, señor secretario?
A Miro e Manolo rebéntanlle esos intres nos que Eladio se esquece da partida, poñéndose de súpeto como se fora o pensador de Rodin, un xenio preocupado polos dispendios dos seus compañeiros, se eles caen eu vouno ter difícil, corenta en bastos, non é xusto, e Roberto recoméndalle respirar correctamente, sentar correctamente, manter as trabes da casa, a columna recta.

literatura
Escritor de enxunlla
A prensa seria, coas súas totalitarias liñas editoriais, sempre foi moi divertida, pero hai que recoñecer que con internet aínda o é máis. En contra do que din, saiu gañando. Os comentarios dos lectores ofrécenlle unha nova dimensión (tanto raiaban co da interactividade), ademais de cobrer a oferta de opinión coa que queren diferenciarse da outra prensa, a que din que non é seria. Lean este, un calquera entre millóns:
“Mi primer comentario !!! y lo que me costó registrarme...unos segundos pone...
No se que le pasaría al servicio técnico, pero 5 días intentándolo.
Bueno, al tema, muy buena serie, aunque en muchas ocasiones los zombis e incluso los propios protagonistas, los buenos, parecen un poco lelos.
Pero por lo demás....aparte de que es muy corta... ¡ me encanta !”
De qué están a falar? Pode que dunha serie de televisión, das sesións no Parlamento, do Vaticano... e con enxunlla, como lle gusta aos xornalistas modernos. Enxunlla, unto; unha vez linlle a Reig que escribir era como cociñar: hai que vixiar a pota e, de cando en vez, retirar cunha culler a graxa que flota.
Eso lévame ao estilo. Trascribo un parágrafo de Pániker, a quen releo estos días:
“[...] Y ciertamente, el estilo —como aconsejaba Sartre— debe pasar inadvertido, toda vez que la mirada ha de atravesar las palabras. Por consiguiente, lo que conviene sortear son las finuras retóricas huecas, y lo que importa es decir algo. Y el estilo brota espontáneamente más allá de la dualidad entre fondo y forma. El estilo es el tao. Y, por otra parte, el estilo surge, quizá, de una permanente insatisfacción llevada con calma. Porque aunque el estilo sea el tao, el estilo es lo contrario de la improvisación y la pereza. El estilo, como decía Buffon, retrata lo más genuino de uno mismo; es el resultado, quizá no muy consciente, de un disciplinado ejercicio de autodiseño. Hay algo de maniatismo en el estilo, también de libertad: cuando se alcanza cierto nivel acaba uno sorprendiéndose a sí mismo.”
É aplicable practicamente a calquera actividade que nos ocupe.
Aínda que sempre haberá bos xornalistas, certo é que o descrédito do xornalismo é cada día máis fondo. Non saben escribir correctamente (non lles pedimos un estilo).

prensa
Trastorno de identidade
Hoxe é nova en toda a prensa seria un enfermo mental holandés que leva dende o 2007 amarrado a unha correa nun centro psiquiátrico. Moitos apuntan unicamente que escoita voces. A secretaria de Estado de Sanidade, Marlies Veldhuijzen van Zanten, logo de visitalo, afirmou que suxeitalo é o único xeito de protexelo contra a outra personalidade súa, moi agresiva. A eso chámanlle desdobramento de personalidade, ou trastorno de identidade disociativo, non? Como o Dr. Jekyll e Mr. Hyde, pero sen literatura.
Tanta ciencia e tanto fármaco, e o teñen como un can asfixiado, porque dubido lle concedan un centímetro. George Bush, o colega de Aznar, tamén escoitaba voces (O Señor díxolle que tiña que invadir Iraq) e a ninguén se lle ocorreu recluílo. En qué quedamos.

Elevados sobre un palé
Esta noite actúa Muchachito Bombo Infierno no Capitol. Acabo de enterarme, non é que agardara ata o último día para anuncialo. Os que agardaron ata o último día, como suxire un compañeiro, o mesmo foron os do Capitol, para gardarse a diferencia entre a venda anticipada e a venda no despacho de billetes. Os malpensados pisamos pouco o centro, seguramente ateigado cos cartaces do concerto.
O grupo non ven. Son el e Santos de Veracruz, o pintor. Non é a xira de “La rumba del palé”. Por qué este nome me encanta e, en boca de outros, aborreceríao? Porque Jairo Perera proxecta unha vitalidade festeira, natural e non inxenua.
_
Etiquetas:
música
María Jesús naceu en Santander
Onte foi eso que chaman un día histórico. Os senadores podían intervir por primeira vez nas linguas cooficiais do estado (lembremos que o Senado é unha cámara de representación territorial). Os cataláns expresáronse en catalán, os vascos en vasco e... unha vasca en galego, porque os senadores galegos do PP queren ser entendidos en toda a península, razón pola que rexeitan a súa lingua (pode que os tradutores non funcionen ou traduzan mal). Explicouno María Jesús Sáinz:
“Desde luego amo a Galicia y a mi lengua gallega, de la que me siento muy orgullosa; por ello fue para mí un honor dar las primeras clases de gallego sin remuneración, pero voy a utilizar el castellano porque hablaré de un tema que afecta a todos los españoles”.
Conmovedor; ao acostumado “ay el pulpiño qué riquiño está”, engadiulle unha intimidade heroica; levábao con modestia extrema, en silencio, pero non puido conterse máis e revelou aquelas primeras clases de gallego SIN-RE-MU-NE-RA-CIÓN.
Todos los galleguiños te llevamos en el corazonciño, María Jesús, que sería de nosotros sin ti.
P. D. O por ello fue para mí mola mogollón.

O FMI escribe sobre Tunisia
Hoxe quero proporlles dúas lecturas distintas sobre un mesmo suceso, o derrocamento da ditadura de Zine el Abidine Ben Ali en Tunisia. Un tipo simpático, Ben Ali, unha desas amistades que tanto cultiva a Unión Europea, posiblemente a organización político-económica máis enrollada do planeta. As ligazóns son as seguintes: un artigo de Juan Goytisolo, recoñecido divulgador dun Maghreb distinto ao que adoitan vendernos, e un informe do FMI. Coido que a diferencia non radica en ser de letras ou de ciencias.
Dentro de pouco, en vez de amedrentar aos nenos co home do saco, imos facelo co FMI, que ven o FMI, e se é preciso tamén a US Navy, e o terror agrandarase nos ollos inocentes (que saberán recoñecer ao FMI). O FMI mesmo poderá pór aos seus fillos contra vostedes se se portan mal.

Días no Grove
Trompetas entalladas de lirios
sangran polas súas pernas
mentras as dornas
mendigan serenas
latitudes antes da traizón
o mar unha rede de fenicios
e ilusión.
_
sangran polas súas pernas
mentras as dornas
mendigan serenas
latitudes antes da traizón
o mar unha rede de fenicios
e ilusión.
_
Etiquetas:
literatura
Aos Pixies vailles o Rioja
Aínda non teño claro se esta canción é dos Pixies ou de quen a gravou, o grupo pamplonica El Columpio Asesino. Ao marxe de certa experimentación sonora (ao meu entender esaxerada a publicidade que lle dan a tal experimentación), non só soan cravados aos Pixies, tamén a letra, as palabras que empregan, pertencen aos de Frank Black. Misterio. O caso é que o fan ben. Tres veces, en tres programas distintos, os puxeron esta mañán.
Elexidos Novo Talento FNAC, a Obra Social Caja Madrid contratounos para a súa programación musical nos centros penitenciarios de Madrid. Aos presos non sei, pero igual lle gustan a Rodrigo Rato.
_
Etiquetas:
música
Había que matalos a todos (autocrítica)
Pasámonos os días criticando, subidos á noria dunha pomposa linguaxe que repetimos como papagaios. Formo parte eu desa curia, desa caste que se arroga razóns e dereitos, aínda sendo un descoñecido que escribe en internet? Ser coñecido ou descoñecido é o de menos, non ten porqué influír no pernicioso hábito ao que me refiro (a non ser vía resentimento, xa se sabe). Tamén hai quen se disfraza estupendamente, ata para si mesmo.
Trátase de ser conscientes, non de tragar con todo e calar. Estar sempre despertos. Atopar e perder. Desconfiar, aceptándonos, distanciados e tranquilos, das nosas propias motivacións. Burlarse de Savater está permitido.

filosofía
As confesións públicas de dous homes cultos
Hoxe alertaba don Mario Vargas Llosa na súa tribuna sobre o consumo de información enganosa, a propósito de Julian Assange, a quen olla máis como un entertainer que como un libertario. Pois claro, as filtracións de Wikileaks non pasaron do consabido e do rosa; para sancionalo non fai falta ser Premio Nobel, Vargas Llosa, nin ser ameazado por ETA, Savater. E a culpa é desta frívola sociedade consumista e de esquerdistas alucinados, claroclaro. Menos mal que están Eles aí, para desenmascarar impostores e denunciar falacias.
No artigo, “Lo público y lo privado”, aproveita para declararlle admiración eterna ao filósofo español, ese valente que fala da “actual imbecilización social”.
Claro, é que eles son intelectuais, intelixentes, cultos, con bo gusto e inquietudes profundas. Nin sequera teñen porqué ocultar o noxo que lles produce o espectáculo dunha sociedade da que non se sinten parte; o que, por certo, tiña entendido que non era de moi bo gusto. Pero se Eles o din.

A revolución bolivariana penetra a F1
A próxima tempada pode que Fernando Alonso tampouco gañe o campionato, pero non por culpa dos Red Bull, senón por, cachis-n-la-mar-salada, Hugo Chávez. Williams fichou ao piloto venezolano Pastor Maldonado, campión a tempada pasada de GP2, o que motivou a entrada na escuadra inglesa da petroleira Venezuela PDVSA como patrocinador. O acordo coa empresa foi anunciado por aló presidente durante unha exhibición en Caracas do Williams FW32.
Gostaríame coñecer, visualizar a reacción de Emilio Botín e os seus secuaces de El País ao enterarse da nova. O venezolano competirá acompañado de Rubens Barrichello, quen agarda que a morte o pille ben vello, cambiando neumáticos en boxes.

f1
Empresas de Pontevedra
Estamos a favor da empresa. A empresa é o motor dun país, así que silenciemos a esos curas do comunismo que non fan máis que criticar, queixarse ou, como se di nestos tempos, denunciar irregularidades. Agora perseguen a importancia dun presunto fraude fiscal no que estaría implicado, entre outros, Ramón Martín González, irmán de Telmo que tamén se adica a erguer pisos, a erguer unha provincia. Non tiña porqué molestarse e, sen embargo, a traballar e dar traballo, a saber eludir os paralizantes filtros da Facenda Pública, chámanlle evasión de impostos. Non hai vergoña, e si moito maleante con ínfulas de licenciado (por algo non teñen carné nin do PP nin do PSOE).
Ramón Martín é un deses prohomes que achegan riqueza e clase á súa terra. Abonda con ler no Rexistro Mercantil os nomes das empresas nas que participa: Lauderhill International Trade, Suministros Industriales y Servicios Montenegro, Transportes Roalan Express, Kiam Financial 2012, Kendall Hispania Investment e Continental Consulting. Mola, non digan que non.

Un arquitecto que controla de política
Andan a inaugurar caros fragmentos da Cidade da Cultura. Dende o piso é o único que ollamos de Santiago, a Cidade da Cultura, a vieira cósmica. Non vaian pensar que estou capacitado para describir como é; aínda me enterei hoxe de que a superficie total do complexo complexo equivale á da zona vella, ou a lo menos á parte da zona vella que aos horteras dóuselles por bautizar como améndoa. O caso é que eu a vieira non a vexo por ningún lado (escollemos mal o piso), e mentras Fraga, Bipartito e Feijóo enredan coas contas, a faraónica obra evoluciona paseniño, o que semella entrar nos cálculos do arquitecto, Peter Eisenman:
“Con sorte, o PP estará en Madrid e teremos máis posibilidades de colaboración. Un proxecto como este debería ser un proxecto de Estado. Valencia tivo diñeiro do Estado, a Ópera de San Sebastián tamén... creo que co PP, se o próximo ano volve, hai posibilidade de que o Goberno asuma un cuarto do proxecto. Iso daríanos o diñeiro para terminar.”
Estou a favor; que lle dean cartos ás contratas e subcontratas pero, sobre todo, que lle dean cartos a Eisenman. Non se me preocupen agora polos cartos, nin polos contidos, que ninguén raie con que ética e estética son o mesmo, onde vai que está superado ese rollo.
Prometo non mudar de morada mentras non contemple a vieira, definida, evidente, clara, dende a fiestra.
_
Etiquetas:
política
Misas independentes
O que hai que escoitar dende xa (perdóase o retraso) segundo Pitchfork, biblia on line da música independente. A súa palabra comenzou a divulgarse en 1995, polo que decidiron confeccionar listas de efecto retroactivo, o mellor das décadas pasadas, coas súas coidadas críticas. Descobrín que do mellor do ano pasado coñecerei menos da metade e dos 80, por exemplo, todo. Non estou tan seguro de ter perdido a curiosidade e nunca tiven tanto acceso a información como agora; axigantouse a fenda que separa o comercial do independente.
Pitchfork quere dicir forca, o que nas Rías Baixas chamamos jancha, apeiro de innegables connotacións bíblicas. Como publicación que naceu en Chicago, céntrase no mundo anglosaxón, o que non lles impediu bendicir a un grupo guipuscoano e ao catalán que colabora con eles no remix, John Talabot.
_
Etiquetas:
música
Publicidade para os pequenos
Esta mañá ETA anunciou un cesamento do fogo resumido en tres adxectivos: permanente, xeral e verificable; para que se entreteñan os especialistas, os analistas, os entendidos, os gurús, as voces autorizadas. Non anunciou unha rendición. Non renuncia á autodeterminación. Que están tocados non é novidade. Nin Rubalcaba, nin por suposto o PP e as víctimas do terrorismo, fican satisfeitos. Coherentemente, dado o interés depositado na supervivencia da banda malarmada.
As frases coas que desenrolan a nova lémbranme a esa do ingrediente segredo, tan empregada na publicidade enfocada aos nenos. Que pidan perdón, que pidan perdón, que baixen a persiana, patalean os xustos infantes do terrorismo de estado.

terrorismo
Cancións sen filtros en xaneiro
Hai quen está a escribir, gravar e publicar unha canción ao día, durante todo este mes. As cancións pódense descargar de balde en Soundcloud entre o primeiro e o segundo día, logo pasan a Bandcamp, onde as pon á venda por unha libra (cada unha). O rapaz explica en Tumblr a arroutada, asegurando nunha insólita mostra de cordura que non van ser todas boas, pero igual algunha cae (remata cun elocuente wish me luck).
As cancións, a 192 kbps, van acompañadas de vídeos caseiros (en Vimeo, para completar o sarampión de enlaces), debuxos e bosquexos das letras. Sen medo a un novo xeito de vender e consumir música. Diríase que sen medo ningún.
_
Etiquetas:
música
O cliente é un colibrí
O de crear tendencia non é ningunha parvada, hai moitos cartos detrás, ou sexa diante, por eso Pantone publicitou hai varias semanas que a cor do 2011 é o madreselva (Pantone 205). Suponse que a marca pensa no mercado da moda, onde crear tendencia é máis importante que coser un botón ou escoller unha tea.
Haberá algúns deseñadores gráficos que apliquen a tendencia como se fora un mandamento divino e outros que nin se enteren; se vostede pertence ao primeiro grupo, lea as propiedades da cor na web, que o mesmo lle axudan á hora de convencer aos clientes incómodos. Como di Leatrice Eiseman, directora executiva de Pantone Color Institute: esta cor é a que atrae aos colibríes hacia o néctar, e non o doce recendo das flores.
- Ola, bos días, eu quería un logotipo para a miña nova empresa.
- Bos días, sente, sente, pois xa estou a ver ese logotipo.
- Ah si?
- Será un logotipo, señor...
- Losada, Eladio Losada, de Demolicións Losada S.L.
- Si, Demolicións Losada, pois o logotipo será -estendendo as mans hacia o alto como se enmarcara un espectacular horizonte- en madreselva.
- Ah...
- Bueno, a lo menos como cor corporativa principal, sabe, logo teríamos que analizar máis detidamente as características complementarias dunha segunda cor e, se fora preciso, modificar o que se coñece por efectos actitudinais da experiencia directa... Demolicións Losada, me dixo?
- Si...
- E a qué se adican aí?
_
Etiquetas:
marketing
Se o tachan de antiamericano
Hai unha tendencia manipulada, poñamos dende os anos 60, para desacreditar a aqueles que porfían nas críticas aos EE.UU. Os analistas táchanos, táchannos de esquerdistas trasnoitados, cargados de prexuízos, idealismo barato, irresponsabilidade, unha contemplación reductora, de corto alcance, e un maniqueísmo sen base dende que se afundiu esclerótico o buque da Unión Soviética. Bailar e tragar. Como cidadáns podemos sentirnos insignificantes, pero porqué, cómo crer o que nos din, cando nin facía falta Wikileaks para saber que a santa democracia norteamericana mangonea polo mundo adiante cunha inercia paranoica.
Logo está eso de que os dirixentes son malos, pero o pobo grande, que o asunto está en Wall Street. Non era unha democracia? Para comenzar, grande é ese continente chamado América, que os listos insisten en reducir á bandeira estadounidense. Se o tachan de antiamericano, xa sabe, pasando e, por favor, siga así.

Un concerto aburre
Estou ollando/escoitando un concerto de Elvis Costello and The Imposters en Memphis, terra de promisión para todo aquel que se declare amante da música, non sei, tradicional, e se atreva a visitar Graceland. Rancio, rancia e lonxana e imaxinada e mentida Memphis. A Costello gárdolle un respecto dende que a moza me trouxo “Kinder murder” nunha casete.
Vale, non era por eso, é que en tres cancións canta Emmylou Harris. Non discuto a-ca-li-da-de-de-Cos-te-llo, pero un concerto enteiro aburre un pouco.
_
Etiquetas:
música
Morto ante o espello
Hai sinais conservando un significado
asubía o óso a súa morte
no calendario
outra morte constelación de chinchetas
angosto campo de minas
na fronte
que pechas como un coñac esvaído
antes de certificar que o avaro teu
era o culpable.
_
asubía o óso a súa morte
no calendario
outra morte constelación de chinchetas
angosto campo de minas
na fronte
que pechas como un coñac esvaído
antes de certificar que o avaro teu
era o culpable.
_
Etiquetas:
literatura
O prefixo Mou
Xa estamos a 2 de xaneiro e aínda non falamos de Mourinho. Vai pensar que xa non o queremos. Dixo Mou que o gol de Iniesta ben o podía meter un lateral dereito, mesmo un lateral esquerdo, e que ese gol, polo tanto, considerando que o xogador manchego estivo cinco meses da tempada sen xogar, mancado, non xustifica que lle outorguen o Balón de Ouro. Estarán todos os laterais do mundo cunha ilusión de nenos agardando a Mou Papá, sobre todo os dereitos, non pregunten porqué, e os anónimos.
Como mesquiño xeito de meter presión está ben, mais como ponderación dun ano futbolístico é para escarallarse. Debería levalo Sneijder, polos títulos? Non me amoles. Xavi, ou senón, Messi ou Iniesta. Mou bos días, que dirían no Marca.

fútbol
Feijóo interroga á esfinxe
Gárdasme o segredo? preguntoulle Feijóo, o presidente de todos os galegos, a Galicia, amosándolle a factura na que se detallaban os costes da campaña publicitaria coa que inauguraban unha nova marca de turismo. Unha marca nova cánto costa, unha desas marcas que non son nin públicas nin privadas senón todo o contrario, home, ti é que non te enteras (en Sanxenxo non sei cántas hai).
A esfinxe, como todas as esfinxes, non lle respostou, non lle vai dar as respostas por adiantado. Ademais, sabe que así tampouco nos ceibará desta tortura.
_
A esfinxe, como todas as esfinxes, non lle respostou, non lle vai dar as respostas por adiantado. Ademais, sabe que así tampouco nos ceibará desta tortura.
_
Etiquetas:
política
Antón está de viaxe (XII)
Aos 40, demasiado tarde, descobrerá a estupidez de matar, gardándose para si unha opinión sobre o suicidio. A Corcobado, pensa Brais, cando se pon a sermonear sobre o valor da vida con tanta puerilidade, que se o tomiño e o romeo, dan gañas de tirarlle os discos todos ao lixo.
_
_
Etiquetas:
literatura
Lector adolescente busca autor
“El cuaderno amarillo” de Salvador Pániker reconcilia de xeito obrigatoriamente precario coa lectura. Para o adolescente a lectura de libros é un lume sen fin; identifícase con personaxes, ideas, autores, épocas, lugares, todo, o bo e o malo, de tal xeito que anula a fisura e porta invencible o facho do sagrado, por empregar as súas palabras. Le con sentido crítico, pero un sentido crítico embebido de certidume, de sentido, cando non eleva o que fai a violenta predestinación e outras aberracións semellantes. Hai que pasar por aí, ou algúns temos que pasar por aí. Logo, querendo madurar, non dubida con calma nin lucidez, o templo arruínase, escagállase por completo. Comenza a penosa reconstrucción do libro, un libro que xa lerá con distancia, un libro que non será máxico nin outro-libro-de-merda, pero co que poderá retomar o diálogo, diálogo xa outro, máis deportivo, diría Montalbán, pero diálogo ao fin e ao cabo, diálogo ao que non queremos renunciar para tentar explicarnos, buscarnos un pouco entre tanto fastío e absurdo sen caír nun consumismo de intelectual avezado (que naturalmente non pisa El Corte Inglés).
Novelas? Quén le hoxe novelas novas? As novelas novas son as vellas, xa lidas. Algunha hai, poucas, o que non deixa de ser o normal; o inxente volume de publicacións só resposta ao vertixinoso negocio das editoriais e dos grandes grupos de comunicación que as absorben para cobrer a demanda de chabacanería en diferentes graos que eles mesmos cultivan dende a escola.
Algún autor vivo sempre hai. Algún ensaio. E os manuais da Suite de Adobe ou os cursos de HTML.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
janeiro
(33)
- Máis pelotas das permitidas
- Quería cen gramos de nariz de pallaso
- Hai liberais no pobo
- O presentador impasible
- A verdade dun cociñeiro
- Francotirador para a Comic Sans
- As dietas do porco púrpura
- Antón está de viaxe (XIII)
- Escritor de enxunlla
- Trastorno de identidade
- Elevados sobre un palé
- María Jesús naceu en Santander
- O FMI escribe sobre Tunisia
- Aviso
- Días no Grove
- Aos Pixies vailles o Rioja
- Había que matalos a todos (autocrítica)
- As confesións públicas de dous homes cultos
- A revolución bolivariana penetra a F1
- Empresas de Pontevedra
- Un arquitecto que controla de política
- Misas independentes
- Publicidade para os pequenos
- Cancións sen filtros en xaneiro
- O cliente é un colibrí
- Se o tachan de antiamericano
- Cando Bertolt Brecht se pinchaba
- Un concerto aburre
- Morto ante o espello
- O prefixo Mou
- Feijóo interroga á esfinxe
- Antón está de viaxe (XII)
- Lector adolescente busca autor
-
▼
janeiro
(33)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.