A canción de Anaïs
Esta foi moi coñecida gracias ao anuncio dun perfume, ou foi ao revés? Os anuncios, aínda que se esquezan en poucos meses, teñen a capacidade de substituír no maxín o título dunha canción ou o nome do artista que a interpreta pola marca. It’s oh so quiet, claro, a de Anaïs Anaïs. Tampouco era de Björk pero como se o fora, deulle corda para catrocentos anos; daquela a islandesa era unha tía divertida, cunha imaxinación que non hipotecaba ao servizo de ningunha grandiosa causa xusta. Agora só falta que case con Bono.
Dividir a súa carreira, a de Björk, é moi doado, abonda con reparar nos títulos dos discos; os dous primeiros foron sinxelamente Debut e Post, deliciosos; despois, coa conciencia e a ambición, das con nomes como Homogenic, Medúlla ou o deste ano, Biophilia. Mellor Anaïs Anaïs, non hai dúbida.
_
Etiquetas:
música
O túnel de vestiarios daba a un búnker de Gaddafi
Agora que Mourinho se fixo home, como Xesuscristo pero sen baixar á terra, para pedir perdón ao madridismo por defender ao Real Madrid, e mentras ao seu portavoz e asesor, Eladio Paramés, se lle duplican as tarxetas sen saldo dos móbiles, colle o club merengue e reclama oficialmente oia que se investiguen "as vexacións, provocacións, insultos e agresións que tiveron que soportar os xogadores, corpo técnico e demais membros do banco do noso equipo no terreo de xogo e tamén no túnel de vestiarios".
Admitamos, agarden que vou por outra botella de asente, que así sucedeu no terreo de xogo. O ser humano cre no incrible, vale, pero o do túnel de vestiarios non é que sexa incrible, é imposible, porque todo o Barça, incluído o corpo técnico, estaba sobre a herba celebrando o título. Con quen a tomaron entón no túnel de vestiarios: o Coronel Gaddafi, marcianos que viñan votar por Sarkozy e calcularon mal, Bin Laden cunha camiseta de Messi, a pantasma de Josep Sunyol? Non sei vostedes, pero eu non entro nese túnel nin que me paguen.

fútbol
Unha palabra chamada plebiscito
Sempre soubemos os súbditos que a Constitución, ese outro Sagrado Libro, é dunha admirable férrea flexibilidade. Agora o PPSOE quere cambiarlle unhas poucas comas, actualizalo, poñelo chulo, e como son os que mandan, que para eso vivimos en santa democracia, e a algúns non nos mola o tema, e á maioría nos prexudica, Vincenç Navarro, o profe, promove un referendo, un plebiscito.
Se queres sumarte á petición non tes máis que entrar aquí. Gastarás uns 10 segundos da túa democrática vida en cubrir os datos e darlle a enviar. Pode que non sirva de nada, pode que si. O peor será para os nosos fillos e netos.

política
Aínda hai quen non se cosca
Esto non funciona así, señor Vincenç Navarro. Ten sorte de ser un vello inútil, un pringado que nos divirte, porque o normal é que morrera en prisión, como todos os da súa ralea. Chámanlles idealistas cando en-re-a-li-da-de son uns fracasados sin puta idea de nada; veña a encherlle a cabeza de paxaros á xuventude.
Da xuventude, do paro e o gasto público, xa nos ocupamos nós, que somos os que sabemos. Deixámoslle escribir por compaixón, non o esqueza nunca, e saúde á autoridade, sexa agradecido.

Desafogo para os calados deseñadores
Imos cun contedor de frases reais, Palabras Textuales, pensado para a evasión dos deseñadores, así se limiten á súa lectura ou colaboren enviando algunha anécdota persoal. Evasión e convicción, asemade, de que a algúns intocables clientes non estaría mal matalos, máis descuberta a súa prepotente ignorancia gracias a dous inventos: internet e Photoshop. Controlan e manexan conceptos e vocabulario técnico. O creativo é un aproveitado que pretende cobrar por algo que ou pode facer o cliente mesmo ou o faría moito mellor outro (insisto no xenro que vive fóra).
Unhas poucas:
“No tenemos foto de perfil, así que te estoy enviando una foto de frente para que lo pongas de perfil en Photoshop”
“Hola, te envío algunas especificaciones para la página 'wed': quiero un diseño igual a Viator.com pero con una estructura diferente, me gusta la forma en la que están posicionados todos los elementos, hazlo igual. Pero que no se vea como una copia. De todas maneras ustedes son los que saben de eso. No uses esas tipografias aburridas, quiero una divertida. Quiero que el logotipo este presente a todo lo largo y ancho de la página, que la brújula de vueltas y que el camino se vaya dibujando en diferentes direcciones... bueno, ustedes son los que saben de esto”
“En cuanto a la animación me gustaría que el usuario se asuste y sin querer con un movimiento brusco golpee la bola de cristal, que ruede hasta el borde de la mesa para hacerse trizas contra el suelo. Rayos y centellas se disparan y que uno de ellos lo alcanza convirtiéndolo en un león de gran melena y corona; un verdadero Rey de la Selva. ¿En Flash lo pueden hacer?”
“Necesito que le quites ese azul claro de fondo y le pongas un Pantone color azul turquesa mar de Cancún”
“El cliente dice que la letra la quiere más helvética” – “ES HELVÉTICA” – “Yo no sé, dijo que la quería más helvética, ¿no la puedes hacer MAS HELVÉTICA?”
Antes de publicarse en libro, Palabras Textuales foi proclamado un dos 10 mellores blogs en español pola Deustche Welle e un dos sites máis amenos segundo o Book of Tens de Advertising Age; eso é prestixio, digan o que digan, “digan lo que digan...!” algúns clientes.

publicidade
Pórtateme que che arreo con esto
As fotos da visita do Papa a Madrid darían para un libro, un libro, ou varios, por foto. Eu, que aínda son católico e mozo, non penso perderme a vindeira XMX, que ademais será en Río de Xaneiro. Se o de onte semellaba un macrobotellón derivando en orxía vixiado pola metálica ollada de Aznar, de balde, imaxinen a ritmo de samba, glorioso apocalipse.
Á SM é como se lle gastara unha broma entre colegas, condúcete con rectitude, que se che arreo con esto, un báculo rectificado, sabes que quedas reducido a po. Traballaban as mangueiras dos bombeiros.
_
Etiquetas:
política
O inferno xa ten nova imaxe de marca
O da foto chámase Robert Kalina e corteille a cabeza por se alguén o identifica e o lincha. Vienés de tiraliñas e compás, foi escollido polo BCE para deseñar os billetes de euro en 1996. A crise, crise tamén do euro, nin é culpa súa nin debe suporlle un problema; andaba estos días de actor por Madrid, rodando un anuncio para a obra social de Ibercaja (parece que esas películas aínda venden). Deseñador especializado en billetes, rexeita todo trato de artista e conta as imposicións da moeda única: nada de símbolos nacionais, nin caretos nin monumentos; portas e fiestras por un lado, pontes polo outro (metáforas, seica). O té, nalgúns sitios, xa cho redondean a 2 euros.
Mentras fala dos billetes que fixo para Malaisia, Siria, Bosnia e Acerbaixán, do moito que lle gustaría redeseñar o dólar, un billete que di naceu vello, a min venme á memoria aquela canción de Antonio Luque, “eres atractiva y casi nunca para mí, como un billete de 500”. E a de Auserón, da que saquei o título da entrada: “vela vela, centinela, el dinero es como fuego que prendió la ciudadela”. E qué ben arde, dirán algúns máis embelesados que Nerón cando o de Roma.
_
Etiquetas:
deseño
Identificando infieis
Este é un dos varios vídeos que circulan sobre a exemplar intervención policial para disolver a marcha laica que pretendía expresar o seu desacordo coa visita do Papa a Madrid, visita proselitista defendida, financiada por un estado aconfesional. Métodos de outra época para salvagardar un comercio que queren eterno? Xa dixo Pepe Blanco que os beneficios da visita “non son un feito de fe”, e Ana Botella que o Papa debe ter a mesma liberdade de expresión que os indignados, e Esperanza Aguirre que foi o Cristianismo e non Marx quen trouxo a igualdade, a dignidade, a liberdade, a piedade, o sacrificio e a preocupación polos demais, e canta razón leva esta muller, a Igrexa sempre se preocupou polos demais, sen descanso, de qué xeito.
O que fai o abnegado axente, enchido dun sereno amor, non é máis que velar pola mensaxe de Cristo, o que ás veces require identificar á xente, por se atopan no carné a un posible ateo ou musulmán ou Hare Krishna, e difundir a súa palabra (a de Cristo), por eso lle pide á xornalista o enderezo dos seus pais. E a decisión das esposas está xustificada, porque a tía (apiadémonos dos pecadores) non quería comulgar.
_
Etiquetas:
política
Última hora gore
Atopan os magros cerebros de Xabi Alonso e Casillas nun colector preto dunha prestixiosa clínica madrileña. Machomou restou importancia ao achado; o importante é o ben do club, por eso decidiu clonar o seu cerebro e os seus collóns para enxertarllos tanto a xogadores como a presidente. Con algúns como Sergio Ramos, Pepe ou Marcelo, non foi precisa operación cirúrxica, superdotados como foron pola sabia natureza.
Emilio Butragueño asegura que a operación é indolora e que o uso da última tecnoloxía, en mans dos máis cualificados doutores, garante o éxito da mesma. Centos de madridistas, ollándose nun espello multimillonario, xa saben o que é ser Machomou.

Valevalevalevalestop
Esquezámonos da psicoloxía aplicada a unha tempada que comeza, previsible argumento blablabla dun perdedor que se excedeu como perdedor, cando Mourinho foi Aznar; qué agradable e sen complexos e franco. Montañas mahometanas, recollepelotas. Esta vez nin sequera puido enredar co árbitro, foron os recollepelotas, ollouno o mundo enteiro, qué cabróns, os putos recollepelotas, quén os mandou, non fai falta moito de aquí.
Despois somos os demais os que fumamos, non non, eu non quero fumar o que fuma ese tío. Tampouco son do Barça; gústame, flípame como xoga ás veces, prefíroo, pero preocúpame máis que flipe a miña filla, non é plan que me pida unha camiseta de Piqué.

A verdadeira frase de Gary Lineker
O fútbol é un equipo que xoga contra o Real Madrid e gaña gracias ao recollepelotas.
_
_
Etiquetas:
fútbol
O entrevistador desdobrado
Teno claro: nos partidos contra o Barça non comparecerá en rolda de prensa, delegará en Aitor Karanka. Ninguén pode estrañarse, aínda que si estrañalo. Qué queren; se abre a boca, mal, sanción; se non a abre, mal, non é Mourinho, e alguén ten que respostar ás preguntas dos xornalistas, que aos coitados aínda non lles ensinan na facultade a formular tamén as respostas e sería un novo xornalismo (outro), aforraríanse o desprazamento ao estadio e algúns sorprenderían coas opinións que lles atribuirían aos adestradores.
O avezado xornalista preguntaríase a si mesmo qué lle pareceu a actuación arbitral, entón meteríase na cabeza de Mourinho e respostaría como se Mourinho fora que un escándalo, pero mellor calo que me multan. Logo pasaríalle un borrador ao director, que neste exemplo esixiría algo máis morboso e entre 140 e 150 caracteres.

prensa
Non ten botón de apagado
O de Pepe é un caso de preparación extrema e programación psicolóxica avanzada. É doado imaxinalo mastigando carne crúa, cunha xerra de batido enerxético ao carón e erguendo pesas mentras un psicólogo de Mourinho lle repite á orella tes-que-ma-ta-lo-tes-que-ma-ta-lo-tes-que-ma-ta-lo-tes-que-ma-ta-lo, xa, pero a quen?, eu quero matar a Alves, si, vale, tamén, pero primeiro a Messi, ou Xavi ou Iniesta, tes-que-ma-ta-lo-tes-que-ma-ta-lo.
Pode verse tamén xogando un partido de volei praia con familiares e amigos, arrincando antucas, enchendo todo de area, voándolle a cabeza dunha patada, sen querer, ao seu propio irmán, síntoo, síntoo, desculparase o psicólogo, é que é para o que está programado.

A quén quere convencer
Hai que joderse co Félix de Azúa, o profesor de estética factoría El País e os seus argumentos falaces para desculpar o estado político/económico que sofremos; “hay un tiempo para amar y un tiempo para morir”, resume tirando do Antigo Testamento, como se o terrible prestixio do Libro fora aínda arma disuasoria.
O seu humanismo, a súa piedade, a súa humildade, son falsos. Dende unha posición de privilexio, lembrándonos unha maldición bíblica, induce a unha pasividade que nunca puidemos permitirnos.

Afacéndose a vivir
A eternidade, esa tartaruga cósmica
verde e negra e cana
que puto coñazo, amor
pechado espello, roupa tendida, vento interior
con perdón
case mellor así, tirados mortais, normais
penetrando a xiringa do tempo
qué queres que che diga.

literatura
Sobre as famosas musas de Nick Cave
Ser un xenio é moi canso, a lo menos para nós, os demais. Non compensa, e menos tendo en conta que viven todas no mundial harén de Nick Cave.
E as musas dos que van de humildes, ridículas medusas.
_
E as musas dos que van de humildes, ridículas medusas.
_
Etiquetas:
música
Fraude doado para un psicólogo
Dende que tiña conciencia buscou a aprobación, ou máis ben desaprobación, dalgunha autoridade. O éxito non ía cambialo, xa que non podía considerar ao éxito autoridade. A súa moral era unha matrioska coas pezas contadas. Dixéronlle que non se preocupara; o traballo era moi doado, só tiña que dar correctamente os datos da conta e falar como se lera libros bos, interesantes, os que hai que ler.
_
_
Etiquetas:
literatura
Ante las fotografías de dos hermanos
No llorarán sus ojos,
porque son ya ellos mismos
lágrimas coaguladas en pupila,
el llanto hecho mirada;
¡grandes ojos judíos
de Ottla y de Franz!
Rafael Sánchez Ferlosio, Vendrán más años malos y nos harán más ciegos

Os do 15-M poden disfrazarse de ciclistas
Aí os están en acampadaobradoiro, con moi recomendables bicicleta e casco; hashtag, unha boa causa! Xuntouse máis xente que o xoves, cando a protesta pola carga policial en acampadasol. Un altofalante, un portátil e un bloqueiro rebotado con moitas gañas de ser escoitado foi o que se reuniu ese día. Onte, en cambio, estaban máis de 300 e Martiño Noriega, o desexado bloqueiro alcalde de Teo, concello no que ata a crise internacional e o presidente de todos os galegos son máis levadeiros, pero non o conten no bar.
Quen opine que esto é unha frivolidade xa está tardando en saír de aquí. Apoio a Ezequiel Mosquera, confinado polos fariseos da federación a un recanto que as leis non contemplan, hostil escuadra sen presunción de inocencia, sen delicto, sen xuízo, sen poder competir e sen unha cadeira.
_
Etiquetas:
ciclismo
Hai que dar exemplo co jazz
Non se pode romper tan valioso contrato social. A autoridade, autoridade dispensada polas urnas, coñece a idiosincrasia dunha cidade universitaria como Santiago, centenario centro cultural e relixioso de Occidente pouco receptivo a propostas pobres e ruidosas como un concerto de rock’n’roll. Jazz. En Santiago tense que escoitar jazz. O jazz é calidade, elegancia, intelixencia, nunca molesta.
A partir de agora só colgarei jazz, porque confío en que os meus lectores sexan votantes de don Xerar Ilusión. Esta peza abre un disco de John Coltrane e Duke Ellington que me recomendou o presidente da comunidade.
_
Etiquetas:
política
Don Xerar Ilusión, o melómano que tomaba cervexa
Vaiche ser certo que no concerto de Vetusta Morla algo de man meteu o señor alcalde, quen deixou onte claro que a zona vella é máis para jazz que para rock, que a praza de Cervantes non é Wembley e non hai que pasarse nin cos decibelios nin co alcohol. O do alcohol sacouno a propósito das reclamacións da asociación Cidade Vella, a quen non lles deixa vender máis que bebidas de baixa gradación, en concreto cervexa, nos eventos que organizan na rúa.
Nin sidra, nin unha copa de viño doce.
A asociación argumentou, infructuosamente, que case todo o que programa é jazz e bossa nova, e que o seu público é adulto, sabe beber e comportarse, non como os que asistiron ao espectáculo de Luz Casal, que eu entendo que se tiraran ao alcohol de queimar.

O barbas exquisito (II)
Ven sendo a cara A do que puxen aí atrás de Bonnie “Prince” Billy, a canción que lle dá título ao EP, Island Brothers.
_
Etiquetas:
música
Pescadores de Tokelau
Hoxe descubrín unha revista dixital de literatura e un dominio: preferirianohacerlo.tk. O .tk, para o arquipélago neozelandés de Tokelau, administrado pola compañía estatal de comunicación Teletok e a privada BV Dot TK, ten como razón social (cito á Wikipedia) proporcionarlle ingresos á poboación, na súa maioría pescadores, mediante a venda de dominios, a modo de exportación, como un “ingreso non convencional”.
A revista aínda non a lin (hai vinte anos que non leo unha), pero xa lles adianto que o deseño e as ilustracións van ben coidados. Recomendable, con ligazóns a outras revistas e uns cantos libros. Poden tamén colaborar con eles.

Graffiti
Os caramuxos cravan no taboleiro
a escuma branca da faciana
dos viaxeiros
aos que ela entra como un soño
de mans e carteiras.
Un tren de músicos cega
baixo o mar que por fin
pertence ás súas veas.
_
a escuma branca da faciana
dos viaxeiros
aos que ela entra como un soño
de mans e carteiras.
Un tren de músicos cega
baixo o mar que por fin
pertence ás súas veas.
_
Etiquetas:
literatura
Pregunta de economía
Cómo se estabiliza unha prima de risco? Non teñan présa en respostar, que é das de pensar ben. Non vale tirar de móbil para que lla sopren os que saben, Fejóo ou a ministra Salgado, ou os amigos de Moody’s. Eu non participo porque, en fin, vouno confesar, algún día tiña que ser, son sobriño de Joaquín Almunia, ou sexa que xogaría con vantaxe manifesta.
Mañá, se me lembro, darei a resposta. Déixolles unha pista, que como Almunia son enrollado: agora mesmo, ás 19:25 hora española, a prima de risco española sitúase nos 380 puntos.
_
Mañá, se me lembro, darei a resposta. Déixolles unha pista, que como Almunia son enrollado: agora mesmo, ás 19:25 hora española, a prima de risco española sitúase nos 380 puntos.
_
Etiquetas:
política
Esos xestos que nos anuncian
A selección española de fútbol Sub-19 gañou onte a Eurocopa, ao impoñerse na final á República Checa. Foi un partido difícil, obrigados dúas veces a remontar, e longo, con prórroga e incertidume. Cando o árbitro pitou o final desatouse nos mozos a euforia natural, e Juan Muñiz, que debe ser asturiano, sacouse unha bandeira de Asturias para a celebración, bandeira que lle foi inmediatamente arrebatada, confiscada e a saber se queimada polo seu adestrador, quen demostrou saber de algo máis que de fútbol, conseguindo pasar á inmortalidade de internet en media hora.
Aínda agora andan queimándose con el en Twitter, “si de Ginés Meléndez dependiese, la leche no sería de les vaques, sería del toro de Osborne”, por exemplo, pero a min gústanme comentarios máis contundentes, como o que segue: “¡Hostias! Si Muñiz hubiese sacado la Ikurriña lo fusilan. Hay que reconocerlo: La ultraderecha nos puede.”

Quenda para o Xornal de Galicia
Esto non semella unha bitácora senón un rosario para contar as defuncións dos medios galegos. Cada entrada, cada doa, un misterio, dez avemarías, un nosopai e unha oración en loanza de Deus, e remata cunha ladaíña, ou eso pon nos libros, amén, aménaménaménamén, damos gracias ao Señor e ao seu enviado na terra, o presidente de todos os galegos, por librarnos do mal, esos roxos cornudos que cheiran a xufre, porque o Xornal de Galicia era un xornal de roxos que colaba artigos en galego, como se non fora ninguén a decatarse, non fai falta estudiar para sabelo.
A culpa será, unha vez máis, estructural, unha vez máis ou por última vez, xa que non queda nada. Á volta das vacacións o único xornal que leremos será La Voz de Galicia (e o Correo para as novas locais), non haberá outro, e os de Galicia Bilingüe seguirán queixándose de que o castelán sofre discriminación nesta santa comunidade.

Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
agosto
(29)
- A canción de Anaïs
- O túnel de vestiarios daba a un búnker de Gaddafi
- Unha palabra chamada plebiscito
- Aínda hai quen non se cosca
- Desafogo para os calados deseñadores
- Pórtateme que che arreo con esto
- O inferno xa ten nova imaxe de marca
- Identificando infieis
- Última hora gore
- Valevalevalevalestop
- A verdadeira frase de Gary Lineker
- O entrevistador desdobrado
- Non ten botón de apagado
- A quén quere convencer
- Afacéndose a vivir
- Sobre as famosas musas de Nick Cave
- Fraude doado para un psicólogo
- Ante las fotografías de dos hermanos
- Os do 15-M poden disfrazarse de ciclistas
- Hai que dar exemplo co jazz
- Don Xerar Ilusión, o melómano que tomaba cervexa
- O barbas exquisito (II)
- Pescadores de Tokelau
- A outra tele de Julio Hernández
- Graffiti
- Coitelos mozos
- Pregunta de economía
- Esos xestos que nos anuncian
- Quenda para o Xornal de Galicia
-
▼
agosto
(29)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.