O inferno xa ten nova imaxe de marca














O da foto chámase Robert Kalina e corteille a cabeza por se alguén o identifica e o lincha. Vienés de tiraliñas e compás, foi escollido polo BCE para deseñar os billetes de euro en 1996. A crise, crise tamén do euro, nin é culpa súa nin debe suporlle un problema; andaba estos días de actor por Madrid, rodando un anuncio para a obra social de Ibercaja (parece que esas películas aínda venden). Deseñador especializado en billetes, rexeita todo trato de artista e conta as imposicións da moeda única: nada de símbolos nacionais, nin caretos nin monumentos; portas e fiestras por un lado, pontes polo outro (metáforas, seica). O té, nalgúns sitios, xa cho redondean a 2 euros.

Mentras fala dos billetes que fixo para Malaisia, Siria, Bosnia e Acerbaixán, do moito que lle gustaría redeseñar o dólar, un billete que di naceu vello, a min venme á memoria aquela canción de Antonio Luque, “eres atractiva y casi nunca para mí, como un billete de 500”. E a de Auserón, da que saquei o título da entrada: “vela vela, centinela, el dinero es como fuego que prendió la ciudadela”. E qué ben arde, dirán algúns máis embelesados que Nerón cando o de Roma.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet