Un cancro de páncreas levouse a Laurent Fignon, un cancro que quixo deixar claro non era consecuencia da dopaxe durante os seus anos como ciclista profesional. Con elegancia e firmeza, tanto á hora de escribir un libro como de respostar ás máis que previsibles preguntas do xornalismo, recoñecera meterse anfetaminas e corticoides, sen soltar xamais un nome; se outros tamén o facían, non o sabía. Para eso están a UCI e outras federacións coa súa hipocresía galopante. Machacan co eslogan do descrédito do ciclismo, como se a culpa fora dos corredores, e dalgúns preferentemente: Fignon, Pantani, Valverde (Valverde dópase queira ou non queira, non, Valverde naceu dopado, caeu de cativo na marmita, como Obélix, e así non vale). Armstrong, pola contra, véndese como un santo exemplo de superación e honestidade (por eso safou do seu cancro, claro).
Se van todos con algo ilegal no corpo compiten en igualdade de condicións. O único que pode marcar diferencias é que un equipo fiche a un médico máis espabilado que os demais. Aos ciclistas chámanlle tramposos e ionquis alí por onde pasan, cando as carreiras son igual de duras. O descrédito do ciclismo? Vale, para min comenzou naquela crono de París no 89, na que Greg LeMond lle arrebatou o seu terceiro Tour ao finado.
_
O futuro está deixándote atrás
Novo argumento para que os rapaces non perdan o tempo con libros que non lle garantan un brillante éxito profesional e persoal: para qué vas ler esas historias tan feas, fillo? deso xa se encargan o goberno e a empresa, e creme que o fan ben.
"Non quero educar artistas senón librepensadores", dicía o profesor do Club dos Poetas Mortos.
_
"Non quero educar artistas senón librepensadores", dicía o profesor do Club dos Poetas Mortos.
_
Etiquetas:
costumes
Mineiros atrapados para a televisión
É certo eso de que queren baixarlle unha televisión aos mineiros atrapados en Chile, para que non se aburran, e cámaras, ademáis de alimentos e mediciñas, suponse, por aquelo de que o seu rescate vai para meses? Outro punto para o novo presidente multimillonario, Sebastián Piñera, que se gabará non só de rescatalos, tamén de retransmitir para todo o mundo, en riguroso directo, a confortable espera nas ruinosas entrañas da mina, a 700 metros de profundidade. A realidade obstínase en superar á ficción, rise das ocorrencias de tipos como Orwell ou Kafka.
A realidade non pode ser esto, dicía non sei qué personaxe. Pois si. E tamén a reapertura ilegal de minas de ouro e cobre con coñecidos riscos de derrube, xa durante o mandato da socialista Bachelet, cos traballadores arriscando a vida por unha miseria e sen asegurar porque, ai, a empresa non dispoñía de diñeiro.

tv
Irène Jacob 19 anos despois
Supoño que para os que entenden de música esta peza é unha trangallada, obra dun intruso ao moderno servizo do cine “con pretensións artísticas”. Vale. Dende logo non é Bach, a quen lle aprecias que non é cursi nin sentimental nin grandilocuente. Pero a min gústame; onte ollei a película por segunda vez, 19 anos despois.
Non a confundan coa sintonía da UEFA e sigan co programa de Cineuropa, as boas accións e a megalomanía, tranquilos.
_
Etiquetas:
cine
Benito Pérez Galdós ao aparato
Este é o pesadelo dun estudiante de filoloxía frustrado e resentido. Entraba na web dun xornal cando lle saltou un banner ofertando as obras completas de Galdós en mp3. Tan lexítimo como unha masaxe tailandesa ou unha semana nas Palmas de Gran Canaria. Pero era Galdós. Os podcast da literatura universal o mesmo collen nun iPod, pero Fortunata y Jacinta non, conleva un peso extra, demasiados xigas, aqueles dous tomos de tapas negras de Cátedra. Ademáis puideron secuenciar a voz para que sexa el, Galdós, quen lea o libro.
Pensouno en menos dun segundo, mentras o súbito ataque de pánico case o leva a apagar o ordenata tirando bruscamente do cable. Tranquilo, só é unha oferta, díxose. Tras respirar fondo, optou por clicar onde poñía: ADSL + Gol Tv por 39,90 €/mes. Era o máis seguro.

publicidade
Himeneo
Teño a conta de correo a piques do colapso a causa dos milleiros de e-mails (pronúnciese como aquel humorista que ía en sidecar nun anuncio de Orange) que me envían diariamente para queixarse da corresponsal do Correo en Sanxenxo. Quero aclarar que se están a dirixir á persoa equivocada; eu nin traballo no Correo nin son de Sanxenxo. Nacín en Iacarta, Indonesia (ibukota khusus daerah), e crieime en Ámsterdam, de onde era meu pai. Que pase algunhas tempadas nas Rías Baixas (nunca me perdo a festa do marisco do Grove) non me converte en responsable das crónicas da señora Ana Iglesias (presenciei o seu casamento no Dux coa copa baleira que deixara o señor Feijóo). Por favor, escriban a El Correo Gallego e a min déixenme gozar como a un guiri inocente máis.
_
_
Etiquetas:
prensa
Enfadouse don Andrés
Afástense das rúas. Abandonen o coche. Corran ás súas casas, tripliquen os ferrollos das portas, pechen fiestras e baixen persianas e craven madeiras e solden ferros. Se conservan algún deus ao que rezarlle, próstrense e récenlle con fervor ininterumpido. Desatouse o furacán Andrés Calamaro. Por qué, por qué, preguntarase a poboación aterrorizada. Pois nada, o neno tiña unha conta en Twitter e aburriuse do xoguete. Estas son algunhas frases do seu airado vento:
“Participar en un coro de subnormales generadores de concepto Light.”
“140 caracteres pueden metérselos profundo en el medio del ojete me importa tres pepinos perder un segundo mas en el rebaño de boludos con blackberry o lo que es peor .... conectados a la nada a cambio de demostrar que son infantiles.”
Eu, a verdade, non teño medo, pero sinto mágoa de min mesmo; sempre chego tarde a todos os sitios. Agora que pensaba en abrirme unha conta para tuitear co derradeiro heroe do rock’n’roll vai El e pecha a comunicación. Qué putada. O único que me consola é saber que gracias a El non caerei no erro. Logo da roda, a pólvora e a penicilina, este podemos consideralo xa un dos grandes descubrimentos da humanidade: Twitter é unha merda; demos gracias ao Señor.
O nivel dos “contertulios”, engadiu, é moi pobre (salva a un 2% do “naufraxio das vergoñas”). O goberno debería estudiar unha proposición non de lei para conter a súa cólera; sería sinxelo, abondaría cunha chamada telefónica (que non se lles ocurra agora mandarlle un e-mail) de José Luis Garci para que participe nas súas mesas redondas, con Juan Manuel de Prada e aquel da pipa, Marías.
Non se esquezan de insonorizar o ambiente.

desastres naturais
Un improbable Camilo Torres
O pai Arthur Hervet, que traballa nunha parroquia da cidade de Lille, en Francia, recoñeceu publicamente rezar para que Nicolas Sarkozy sofra unha crise cardíaca que lle impida continuar coa deportación de xitanos. Logo matizou as súas palabras como un político, explicando que o único que quería era que Deus lle “falara” ao seu corazón. Ao estado laico por antonomasia non lle gustou nada enterarse das oracións; están febles; tampouco é para tanto, tendo en conta os métodos aos que nos ten acostumados O Señor. Leva razón Óscar, dende logo: a Igrexa é unha monstruosidade, pero ás veces do seu seo saen tipos íntegros e mesmo simpáticos; salvando as moitas distancias, podemos lembrar aos teólogos da liberación.
Dixen que traballa nunha parroquia, non oficia, porque semella ser desos poucos católicos máis preocupados pola mensaxe de Xesuscristo que polos negocios do Vaticano (devolveu consecuentemente a medalla ao mérito coa que fora condecorado pola seu apoio á comunidade xitana). Igual é un cabronazo que se tira á prole de aqueles cos que di estar, mais polo de agora non hai constancia. “A revisar la sotana, mi general”.

política
Días de Essex
Este vídeo é un adianto do novo traballo dun dos nosos xenios favoritos, Darren Hayman. Sairá á venda en outubro co título de “Essex Arms”, asinado como Darren Hayman and The Secondary Modern. Seica agora quere completar unha triloxía sobre a súa terra natal, ao leste de Londres, onde, tras a Segunda Guerra Mundial, construiron os novos pobos, pequenas cidades de intención racionalista que para el representan “boas ideas que saen mal”. Sen a inmediatez urbanita de Hefner, co talento intacto, reláxase con cancións que falan da vida rural inglesa, por eso mantén o formato pop, pero máis a modo, vernizado de folk.
Aviso para conductores, ingleses ou non: o ano pasado Hayman foi agredido e atracado cando regresaba dun concerto en Birminghan á sua casa londinense; a malleira, con mazaduras e fracturas de cine, deixouno en absoluto repouso durante seis semanas. Din que non tivo nada que ver co concerto, así que vaian con coidado por esas estradas asfaltadas polo novo laborismo. A non ser que se chamen Bono ou Sabina, xa saben.
_
Etiquetas:
música
Un histérico canto á amizade e o amor
Esta noite ollamos “Buscando a Eric”, non sen agudas interferencias, porque saltou a alarma dunha viciña ausente; todo o edificio congregado en torno ao trebello histérico, berrando e tapándose as ourellas. Armados de paciencia, ollamos a película enteira, deténdoa cada vez que nos tocaba saír ao pasillo para deliberar as medidas a tomar (a tía non pensaba vir, a policía estaba moi ocupada, un do segundo quería calala co cu do extintor, eu mañán traballo). Estivo ben, a película. A mesma de sempre de Ken Loach, dirán os sobrados que buscan que os sorprendan, e así é; todo autor se pasa a vida dándolle voltas aos mesmos temas. Realismo social ao que esta vez lle engade un elemento fantástico, cando se lle aparece Eric Cantona ao protagonista, un carteiro coa vida rota por case todos os lados. O fútbol é unha parte importante do fondo afectivo da comunidade traballadora que retrata, e o ex xogador entra en escena para despertar ao carteiro das súas miserias. Non rechía porque o rumbo dos acontecementos é case intrascendente. O carteiro e os seus amigos de reparto (de correo) gañan, coas súas contradiccións e medos, divertíndose e divertíndonos, unha gran batalla persoal, pero sabemos que a guerra na rúa continuará.
Hai como unha invitación ao optimismo que só por prexuicios se pode considerar inxenua, como se o director quixera dicir: vale, está todo moi jodido, pero podemos, e debéramos, enfrontalo; que nos rouben no traballo, no centro comercial, na comisaría, na cama, no cine mesmo, que nos rouben o que queiran, non nos roubarán a nosa resistencia, a capacidade última de vivir a nosa propia vida con dignidade (ai, as vellas palabras). Ao final, a viciña apareceu; desactivaron a alarma, primeiro, e arrancárona, despois. Quedaron os cables saíndo da parede como un trofeo de caza eléctrico.

O Coronel Tapioca baixou á cidade

Hai que ver cómo se pon moita xente, comenzando polos socialistas, cada vez que sae Ansar nunha foto coa que non contaban. Ingratos. Podía gozar dun retiro dourado e tinto en Valladolid, entre os sentimentais viñedos das adegas Vega Sicilia ao solpor, e, sen embargo, non deixa de traballar polo país. Infatigable, desinteresadamente, escribindo libros que todos deberiamos ler, entre abdominal e abdominal. Líder real da nosa gloriosa España, o único con cerebro e os collóns ben postos. E llo agradecen con descalificacións ridículas.
Algunhas malas linguas dirán que a vestimenta pasoulla Miguel de la Quadra-Salcedo, porque lle vai un pouco grande, pero non, mercouna nunha tenda de Coronel Tapioca, marca que organizou recentemente unha viaxe polo maxestuoso macizo de Toubkal (ah, as montañas lonxanas), en Marrocos; de aí baixou a Melilla para tomar un té; ao toparse con aquela situación, deixouse levar polo seu sentido do deber e puxo orde; qué pasa, non podía, ten que comunicar ao goberno todo o que fai no pouco tempo de lecer do que dispón? Aínda por riba de que lles fai un favor a esos trepas. Xa non hai... res...pecto!
O fillo, centrándonos máis na foto, ten que estar cismando nunha escala de 9'7 de 10 en intensidade (me dijeron que aquí pasaban porros); logo do flash non me estranaría que o obxectivo da cámara estalara con tanta presión mental ao lado, como se fora unha peli e o rapaz tivera poderes, saben? Qué Avatar nin ostias.
_
Etiquetas:
política
Ensaio sobre os ollos de Lliso
Unha barbaridade que ningún entendido discutirá (porque non lerá esto): Esclarecidos son máis modernos que Lliso, o grupo que tres dos seus membros, Cristina Lliso, Alfonso Pérez e Suso Saiz, formaron despois. Lliso eran electrónica, experimentación, poesía, vangarda, o que se queira; o proxecto natural dunhas persoas que creceran nun grupo e buscaban saltar, firmes ao fin coas posibilidades da súa linguaxe. O excitante conseguírano con Esclarecidos. Non pretendo quitarlle mérito a ese segundo proxecto nin ancorarme na nostalxia do primeiro (a nostalxia, se non é suicida nin creativa, debería estar perseguida pola lei, xa se sabe, i fought the law and the law won).
Xa falamos deles aquí. Recuperamos algúns discos seus e hai que celebralo e compartilo. O marsupial que garda celosamente o caderno de notas e a gravadora que o elevarán á redacción dunha influente revista dirá que non, pero o problema é exclusivamente seu. Non usen palabras tan gastadas como elegancia ou bo gusto.
_
Etiquetas:
música
E Mesut Özil asinou a súa morte deportiva
Escribimos, durante o mundial, sobre o futuro de Özil, internacional alemán do Werder Bremen, 22 anos. Despachamos o asunto rápido: para qué quere Mourinho a un rapaz con talento? A pregunta ficará sen resposta, pero o adestrador merengue quíxoo e teno; 5 millóns netos anuais nun contrato de seis tempadas; o xogador devecía por vestir a camiseta do equipo máis importante do mundo. Posiblemente gañen títulos; o zurdo pode ir pensando en divertirse nos campos con algo que non sexa unha pelota.
No “informe confidencial” de Marca podemos ler que, de orixe turca, é musulmán practicante e gústalle o Rap. O do Rap deixarémolo para outro día (podían fichar a 50 Cent); como musulmán, qué epitafio procedería para a súa tumba profesional? Aquí xace Mesut Özil, mágoa de rapaz, co ben que lle pegaba.

fútbol
Atraco fóra de días
A eso das dúas falaban no telexornal do atraco a unha sucursal de Caixa Galicia. Ás oito no bar comentábase en voz baixa que Caneda xuntara os cartos que lle debía aos xogadores do Compos e reclamaba a permanencia do equipo en terceira división. Din que as casualidades non existen, pero non sexan tan malpensados; imaxinan a Caneda entrando nunha caixa de aforros cubríndose o rostro cunha media, ameazando ao interventor co angazo do utillero (que o agardaría co motor da furgalla ruxindo)? Bueno, vale, reformularei a pregunta: imaxinan ao honesto presidente dun club de fútbol (que os hai, coño) roubando de xeito tan groseiro e flagrante? Teño que reformular outra vez a pregunta? Paso, a fin de contas, aínda que xuntara os cartos, o prazo para saldar a débeda expirou hai moitas semanas.
_
_
Etiquetas:
cine
Non quixo un negro en nómina
A autobiografía de Marc Almond é de 1999, un dato sen importancia porque el pasa polos anos como cando comenzou, coa súa enciclopedia. Non, non é un artista con pretensións; non se debate entre compracer a público ou a crítica, busca o seu longo ideal, inalterable, difícil, pracenteiro, doloroso, ecléctico (con perdón). Para que logo o craven como unha volvoreta noutra enciclopedia, a dos que saben, escribindo debaixo, nunha etiqueta: Icona Gay - Tainted Love (ideal para noites de desenfreo, absterse heteros).
Non conseguín o libro (aínda), pero sei que non será condescendiente e que estará guapo, con moita vida (saberían moitos rocketas desos que van asustando avoas o que son o sexo e as drogas, e non falemos de música) e unha escrita tan natural como esixente. De “The stars we are” extraio unha canción que non é a que cantaba con Gene Pitney, “Something’s gotten hold of my heart”, aínda que podía (eso é un número 1).

Un inimigo co que non podería Robe Iniesta
Este vran escribe Sergio Makaroff en ou para Efe Eme, “diario de actualidade musical”. Descoñezo se hai edición impresa. Nunha sección que titula Gigantes y Molinos, menciona todos os martes algúns dos seus gustos e o que el considera tesouros discográficos. Unha boa pequena lectura para calquera estación do ano, recomendámola encarecidamente. Non sorprende no mellor sentido da expresión: unha prosa livián, desacomplexada e divertida (para o lector e fixo que tamén para o autor) que deixa entrever unha cultura, unha experiencia da vida, fondas (aí queda eso!).
Vai pola quinta entrega. Xa falou dunha chea de artistas e grupos, vivos e mortos, algúns sobradamente coñecidos e moitos que non os coñece nin a súa nai á hora de xantar; sempre interesantes. Non pretende o arxentino sentar cátedra, é que, como canta nunha canción, ten un corazón de ouro macizo e quere compartilo; que é broma, non vaian crerse todo.

Explorador de causas frívolas

"Búscanse homes para unha viaxe perigosa. Soldo baixo. Frío extremo. Longos meses de completa escuridade. Perigo constante. Non se asegura retorno con vida. Honor e recoñecemento en caso de éxito." Sir Ernest Shackleton
A este anuncio do explorador nos xornais de 1907 respostaron máis de 5.000 persoas, non sabemos se movidas pola fame, a guerra inminente, soños de gloria ou o bo gusto, porque os admitidos embarcaron rumbo ao Polo Sur con a lo menos 25 caixas de whisky de malta da afamada marca McKinlay & Co, que na actualidade distribúe a destilería Whyte & MacKay. Explorador irlandés, whisky escocés, a maior gloria do Imperio Británico. A expedición non logrou o seu obxectivo, pero regresou con todos os seus membros vivos e presumiblemente quentes. Un equipo de arqueólogos de Nova Zelanda vai desenterrar do xeo dúas desas caixas, para tomar mostras. En Whyte & MacKay cren que se os tapóns de cortiza aguantaron ben, o whisky estará aínda mellor, pero que se as botellas están ladeadas puideron corroerse os peches, corrompéndose o seu aroma. Non sabemos qué gradación tería para manterse líquido.
Logo de analizalo deben devolver o tesouro alcólico ao lugar no que o atoparon, obrigados por un tratado de preservación histórica asinado polos 12 países que co-administran a Antártida. Dan gañas de revirarse explorador (“ten que haber xente para todo”, asegura ese aventureiro lobo de mar que é Suso Leiro) só para exclamar: non camiñei con Shackleton nin Amundsen, pero tiven o honor de abrir unha desas botellas e beber: God (pausa) save (pausa) the Queen (dianas e alboradas).
_
Etiquetas:
publicidade
O pop dura tres minutos
Un vello coñecido da casa, Corcobado, e o de vello non vai por el. As lecturas multiplícanse, un xa non quere saber porqué lle ven esto ou o outro á cabeza. Non por medo, agora. Está ben así. As cancións son cacharros para usar en tres minutos, cando toca. Corcobado busca a sinxeleza e a humildade; é eso malo, pretencioso, hortera? Para Albert Pla e Robe Iniesta, que naceron sinxelos e humildes, si.
Hoxe entrevistaron a Iniesta, o de Extremoduro, ese párroco da xuventude auténtica e descontenta, en Carne Cruda. Unha entrevista au-tén-ti-ca, sabes, e sinxela. Que lle vaia ben nos seus negocios.
_
Etiquetas:
música
A importancia de chamarse Julio Ruiz
Ía un amigo coa súa moza no coche cando parou nun estanco a pillar tabaco (confío en que non lles pareza mal que o conte), deixando a radio prendida. Cando volveu, uns minutos despois, atopouse coa seguinte pregunta:
- Quén é este que fala como Mariano Rajoy?
A mellor descrición que escoitei nunca deste locutor enquistado en Radio 3. Nin Oscar Wilde afinaría tanto.
_
- Quén é este que fala como Mariano Rajoy?
A mellor descrición que escoitei nunca deste locutor enquistado en Radio 3. Nin Oscar Wilde afinaría tanto.
_
Etiquetas:
radio
O rosario do presidente
A nosa querida Xunta (por qué non te pronuncias, psiquiatra, non atopas un beneficio obxectivo?), a nosa querida Xunta, dicía, adxudicou o macroconcurso para “a explotación do número único de emerxencias 112” á empresa leonesa Telamark Spain, que cobrará máis de 5,1 millóns por prestar este servizo á nova Axencia Galega de Emerxencias. O interesante reside no enlace: a difícil certificación ISO e a orgullosa orixe da empresa en León, onde deberiamos vivir todos; aínda que a maioría dos centros de traballo deslocalizáronos entre Perú e Colombia.
Esto podería coverterse nun glosario, ou rosario, das vellas xestións do noso amado presidente, porque as novas tardarán uns días en saír á luz pública. Á luz pública do superchic Dux, en Sanxenxo, tomou onte unha copa, ante a cativa ollada da corresponsal do Correo. En Trujillo (Perú), celebraron o contrato por videoconferencia, como se aprecia na foto.

Edifican na illa de Madagascar
Informan dunha nova talla de árbores en Montalvo. Para erguer un novo edificio. O de erguer un novo edificio enténdoo sen maiores dificultades, o que xa me costa máis é o da talla de árbores, qué arbores, se quedaban catro, aquelo non daba nin para unha garita. Comenzo a sospeitar da extensión real do concello; nin a crise os detén no seu afán de cavar e construir e sempre quedan parcelas. Como se a illa de Madagascar, 587.041 km2, se desprazara dentro.
Calquera día vas á praia e topas cunha danza de lémures arredor dun baobab (dentro da urbanización). O goberno e os constructores de Sanxenxo adícanse á maxia, e da súa chistera sacan terra e ladrillo como pombas. Os guiris deben estar abraiados.

xeografía
Eles escribirán a túa Constitución
O de constitución podes entendelo como a norma fundamental pola que se rexe un Estado ou como a constitución do teu corpo (alto, guapo, ollos azuis e un Colt-45 por fémur). Conmemoraron o aniversario do ataque contra Hiroshima. “Al acto inaugural asistieron sin duda embajador y alcalde...”, qué razón tiña Cernuda: estaban o alcalde da cidade, Tadatoshi Akiba, e o embaixador estadounidende, John Roos. A qué estaban? A conmemorar o tráxico día, non era a festa da ameixa de Carril, por eso ás 8.15 hora local, a mesma hora na que o B-59 “Elona Gay”, aquel 6 de agosto do 45, botou a bomba nuclear, eles ordenaron que soara unha campá da paz.
Cóidate de criticar nada. Os que gobernan no mundo preocúpanse pola túa seguridade e a túa paz. Eu dende logo comulgo coa boca pechada, pero chamoume a atención algo que non sabía, que a Constitución de Xapón foi redactada por EE.UU. no 47. Non sei qué será peor, que te guinden o fungo ou que te escriban a Carta Magna.

historia
O senador McCarthy tamén descansa en Compostela
Hoxe tócanos o progreso. Unha palabra guapa, O Progreso, e se lle engadimos en Compostela, O Progeso en Compostela, onde descansan os osos de Santiago Apóstolo, non nos quedará outra que dirixirnos ao ceo con beatíficos ollos de gratitude. A capital de Galicia gobernada amablemente por unha coalición de esquerda. Entre vivir nesta cidade ou deitarse con Angelina Jolie, qué escollería vostede? Tómese o seu tempo para respostar, e lea esto (clic para ampliar):

Vale que teñen unha pinta de hippies do máis ordinario, pero non fixeron ningún chamamento á insurrección armada nin nada polo estilo. Habita o espírito do senador McCarthy, o da Comisión de Actividades Antiamericanas, o Pazo de Raxoi? Seica si.

O corpo que respira (III)
Estou enganchándome á páxina do Correo que unha aplicada xornalista escribe dende Sanxenxo. Todos os días de agosto. Mistura a prensa rosa de segunda división (que é igual que a de primeira pero con algo menos de pasta) coa publicidade barata, porque non se corta á hora de referir se o asunto tivo lugar no Marlima, na Taberna do Náutico, na Cafetería Elcano ou na brocheta de zamburiña en crocante de millo sobre compota de cebola do Restaurante de Carmen.
Xa ven, non pasa nada, podemos seguir ao noso. Cal é o Restaurante de Carmen? Será un dos que están onde o peirao deportivo. Fixo que me tomei un viño alí sen enterarme (xa mo quitará o médico, o viño e o Correo e o non enterarme).

turismo
O corpo que respira (II)
Respira o corpo, non eu. E eso que a min non me pasa nada (estou como un carballo, a non ser que vaia ao médico...). O, qué potito, qué guapo, qué profundo, qué ben podería quedar. Literatura; ata me lembro dunha frase de Carvalho, o detective de Montalbán: “El cuerpo hará lo que yo le diga”, algo así. Qué tipo, Manuel Vázquez Montalbán, un escritor mal valorado na súa dimensión, un nivel da ostia, sabías que pasara o seu e non se queixaba (nunca de si mesmo), non ía de víctima “con carácter retroactivo” (agora saltarán como leóns os intelectuais da esquerda insubornable dicindo que escribía en El País, que debería ter escrito en catalán ou en galego... paiasos).
_
_
Etiquetas:
política
O corpo que respira
Non entendo a dor. Entendo a enfermidade; o corpo está jodido e te avisa, lévame ao médico. Vas ao médico, para que te diagnostique e te receite un tratamento e, se é preciso, quenda para unha operación cirúrxica. Qué sentido ten a dor nese contexto controlado, controlado e contrastado (porque a doenza obriga á hipocondría ao máis despreocupado)? A culpa non é do doutor, claro, é do idiota que se fai preguntas cando xa só ten idade para boas respostas.
Entendo o corpo que non está enfermo. Negándome a ser un santo, procuro agora non pasarme moito con el. Tuberculose de novo, o virus e pouco máis; desestimei a literatura decimonónica arredor da enfermidade, pero algo sentía, un baleiro vermello.

eu qué sei
O pregón do Apóstolo; crítica e vergoña
A modo con aquelo ou aqueles cos que nos metemos, posto que en certa medida non somos máis que o negativo do que criticamos. Uns máis que outros, tamén é certo. Eu, por exemplo, podo rirme de Yolanda Castaño na noite do pregón das festas; cinguida de Anne Igartiburu en azul-Miño cun echarpe (a moza controla destas movidas) a xeito de constelación arredor dos ombreiros, Pléiades tecidas en gasa; por aquelo, supoño, de que “Santiago é un libro cósmico” e “o rueiro sentimental da súa feminidade”. Ou podo rirme de Yolanda Castaño nun recital de poesía cunha camiseta de Rosalía de Castro ao Andy Warhol.
Qué diría ela se, por unha conxunción astral das súas, lera estas liñas? Podo asegurar sen falsedade que seguiría ríndome, pero a miúdo a crítica é unha razón que lle brindas ao inimigo (en caso de ser ou consideralo como tal).
Podo dicir: Follar con Yolanda Castaño debe ser como facelo cun maniquí con iPad incorporado que che vai recitando versos de Dante. Non pasa de percepción anecdótica, de parvada, de molestia en nome da cidadanía por escollela a ela e ao seu compañeiro Jorge Mira en lugar de calquera humorista de oficio.

festas
Unha estatua ecuestre para Xurxo Borrazás
O que teña tempo, e sempre hai tempo para o interesante, cando non imprescindible, que lea este artigo que me enviaron hoxe: FAES, o fascismo ilustrado. Ao comenzo semella que o autor, Xurxo Borrazás, vai enredarse con certa erudición filosófica, pero de contado enfía unha análise lúcida, demoledora, que todos podemos entender deste think tank da máis rancia dereita, reparando na súa política de despolitizar, de desmovilizar á sociedade, vendendo unha marca de prestixio que agacha os principios radicais do poder... En fin, lean, lean.
Xurxo Borrazás xa me caía ben, pero logo de ler o artigo estou por pegar un póster seu na habitación, ou como os Les Luthiers: “¡Mira, mira, juglar! Mira la estatua que lo inmortaliza sobre brioso corcel... Yo, en mi vanidad, ordené que gastaran los dineros del reino en una estatua ecuestre, cuestre lo que cuestre”.

O que non traballe non merece ser galego

Este é o intre no que Xunta, patronal e sindicatos selan ante as cámaras o pacto social para crear emprego. El Correo Gallego é contundente na súa análise: mentras en Madrid aproban contra natura unha lei que facilita o despido, Feijóo logra un consenso baseado en 15 acordos aos que se destinarán 1.000 millóns de euros ata o 2013, máis 400 en inversións a través do Igape; destas cifras, 110 millóns adicaranse exclusivamente a incentivar a contratación de 25.000 traballadores entre 2010 e 2013. Aínda non sabemos en qué van traballar, pero, por favor, non arruinen a foto. Pensemos, ademáis, que este é un pacto realista; non garanten o que eu cría, que a finais de ano a porcentaxe de paro en Galicia sería de -17’68, moita xente sen dar feito, con dous, tres e ata catro curros.
Podían estar celebrando o gol de Iniesta, pero non, Feijóo e máis os outros protagonistas do diálogo son xente seria, honrada, comprometida e traballadora (que xa queda pouca xente así, sobre todo traballadora). Os cartos fixo que os gastan; Feijóo cambiará as gafas en Tchin Tchin Afflelou e Beatriz Mato tomará algunha sesión máis de raios UVA (costela de ouro da vindeira festa do churrasco). O que sobre, para os gaiteiros.
_
Etiquetas:
política
Assinar:
Postagens (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
agosto
(33)
- A coleta roubada do Tourmalet
- Haiku
- O futuro está deixándote atrás
- Mineiros atrapados para a televisión
- Irène Jacob 19 anos despois
- Benito Pérez Galdós ao aparato
- Himeneo
- Enfadouse don Andrés
- A canción de Camilo Torres
- Un improbable Camilo Torres
- Días de Essex
- Un histérico canto á amizade e o amor
- O Coronel Tapioca baixou á cidade
- Ensaio sobre os ollos de Lliso
- E Mesut Özil asinou a súa morte deportiva
- Atraco fóra de días
- Non quixo un negro en nómina
- Un inimigo co que non podería Robe Iniesta
- Haiku
- Explorador de causas frívolas
- O pop dura tres minutos
- A importancia de chamarse Julio Ruiz
- O rosario do presidente
- Edifican na illa de Madagascar
- Eles escribirán a túa Constitución
- O senador McCarthy tamén descansa en Compostela
- O corpo que respira (III)
- O corpo que respira (II)
- O corpo que respira
- Haiku
- O pregón do Apóstolo; crítica e vergoña
- Unha estatua ecuestre para Xurxo Borrazás
- O que non traballe non merece ser galego
-
▼
agosto
(33)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.