
Este é o intre no que Xunta, patronal e sindicatos selan ante as cámaras o pacto social para crear emprego. El Correo Gallego é contundente na súa análise: mentras en Madrid aproban contra natura unha lei que facilita o despido, Feijóo logra un consenso baseado en 15 acordos aos que se destinarán 1.000 millóns de euros ata o 2013, máis 400 en inversións a través do Igape; destas cifras, 110 millóns adicaranse exclusivamente a incentivar a contratación de 25.000 traballadores entre 2010 e 2013. Aínda non sabemos en qué van traballar, pero, por favor, non arruinen a foto. Pensemos, ademáis, que este é un pacto realista; non garanten o que eu cría, que a finais de ano a porcentaxe de paro en Galicia sería de -17’68, moita xente sen dar feito, con dous, tres e ata catro curros.
Podían estar celebrando o gol de Iniesta, pero non, Feijóo e máis os outros protagonistas do diálogo son xente seria, honrada, comprometida e traballadora (que xa queda pouca xente así, sobre todo traballadora). Os cartos fixo que os gastan; Feijóo cambiará as gafas en Tchin Tchin Afflelou e Beatriz Mato tomará algunha sesión máis de raios UVA (costela de ouro da vindeira festa do churrasco). O que sobre, para os gaiteiros.
_
Nenhum comentário:
Postar um comentário