Enfadouse don Andrés

Afástense das rúas. Abandonen o coche. Corran ás súas casas, tripliquen os ferrollos das portas, pechen fiestras e baixen persianas e craven madeiras e solden ferros. Se conservan algún deus ao que rezarlle, próstrense e récenlle con fervor ininterumpido. Desatouse o furacán Andrés Calamaro. Por qué, por qué, preguntarase a poboación aterrorizada. Pois nada, o neno tiña unha conta en Twitter e aburriuse do xoguete. Estas son algunhas frases do seu airado vento:

“Participar en un coro de subnormales generadores de concepto Light.”

“140 caracteres pueden metérselos profundo en el medio del ojete me importa tres pepinos perder un segundo mas en el rebaño de boludos con blackberry o lo que es peor .... conectados a la nada a cambio de demostrar que son infantiles.”

Eu, a verdade, non teño medo, pero sinto mágoa de min mesmo; sempre chego tarde a todos os sitios. Agora que pensaba en abrirme unha conta para tuitear co derradeiro heroe do rock’n’roll vai El e pecha a comunicación. Qué putada. O único que me consola é saber que gracias a El non caerei no erro. Logo da roda, a pólvora e a penicilina, este podemos consideralo xa un dos grandes descubrimentos da humanidade: Twitter é unha merda; demos gracias ao Señor.

O nivel dos “contertulios”, engadiu, é moi pobre (salva a un 2% do “naufraxio das vergoñas”). O goberno debería estudiar unha proposición non de lei para conter a súa cólera; sería sinxelo, abondaría cunha chamada telefónica (que non se lles ocurra agora mandarlle un e-mail) de José Luis Garci para que participe nas súas mesas redondas, con Juan Manuel de Prada e aquel da pipa, Marías.

Non se esquezan de insonorizar o ambiente.
_

Um comentário:

Óscar disse...

Uhmmmm... Garci, De Prada, Marías e Calamaro na mesma mesa... oohhhmmmm... estoume poñendo só de pensalo... aaahhhhhh!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet