Himeneo

Teño a conta de correo a piques do colapso a causa dos milleiros de e-mails (pronúnciese como aquel humorista que ía en sidecar nun anuncio de Orange) que me envían diariamente para queixarse da corresponsal do Correo en Sanxenxo. Quero aclarar que se están a dirixir á persoa equivocada; eu nin traballo no Correo nin son de Sanxenxo. Nacín en Iacarta, Indonesia (ibukota khusus daerah), e crieime en Ámsterdam, de onde era meu pai. Que pase algunhas tempadas nas Rías Baixas (nunca me perdo a festa do marisco do Grove) non me converte en responsable das crónicas da señora Ana Iglesias (presenciei o seu casamento no Dux coa copa baleira que deixara o señor Feijóo). Por favor, escriban a El Correo Gallego e a min déixenme gozar como a un guiri inocente máis.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet