Antón está de viaxe (XIII)

Está a casa peneirada, escura, entre as pólas dos carballos; a lúa arde no silencio da súa forxa. As vías do tren permancen duras e erguidas de frío. Desapareceron as curuxas, o moucho, os lonxanos ladridos dos cans. O bar co luminoso morto e sucio, a persiana metálica desfondada, e a farola de amarela cinza, hacia a estrada, hacia o mar edificado. Abriran o bar contando cunha urbanización inminente que coincidira cun cadáver relacionado coa alcaldía, nada importante, pero non costaba tanto esquecerse dalgúns negocios. Mala sorte. A casa non era o local social de EA!, historicamente ávidos dunha clandestinidade pasada de moda, sen sentido, divertida, que debía gorecerse nas conspiratorias tebras dun soto con prelo soviético ou cando menos nun lugar pintoresco, aínda que no Concello preferían manter a ambigüedade sobre o uso real que dela, da casa, se facía. Non era bordel nin casino nin complexo deportivo, aínda que Roberto, concellal de deportes, irado cura da vida san que ameazaba aos seus concidadáns con cancros, ataques cardíacos, cirroses e mesmo un irreversible descenso da esperanza de vida, mantiña que cunhas obras discretas e unha cancha de squash a casa gañaría moito, a saber o qué pero gañaría moito. Tampouco nacera alí Rosalía de Castro (se ben, namorada das augas esmeraldeñas e a vida social que nelas bulía, seguía vindo todos os agostos).

- A ver, Eladio, que dás ti!
- Tranquilo, Manolo, tranquilo —mediou Roberto—, ti sabías que a ansiedade inflúe negativamente á hora de xogar ao tute? Heiche de pasar un libro que o demostra. Ri-gor-cien-tí-fi-co —marcando as sílabas co dedo acusador sobre a mesa.
- Vale...
- Sabemos algo do do outro día?
- Nada por ahora.
- Podes dar dunha puta ves?
- Está pensando.
- En qué... en qué carallo estás pensando, señor secretario?

A Miro e Manolo rebéntanlle esos intres nos que Eladio se esquece da partida, poñéndose de súpeto como se fora o pensador de Rodin, un xenio preocupado polos dispendios dos seus compañeiros, se eles caen eu vouno ter difícil, corenta en bastos, non é xusto, e Roberto recoméndalle respirar correctamente, sentar correctamente, manter as trabes da casa, a columna recta.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet