Un arquitecto que controla de política








Andan a inaugurar caros fragmentos da Cidade da Cultura. Dende o piso é o único que ollamos de Santiago, a Cidade da Cultura, a vieira cósmica. Non vaian pensar que estou capacitado para describir como é; aínda me enterei hoxe de que a superficie total do complexo complexo equivale á da zona vella, ou a lo menos á parte da zona vella que aos horteras dóuselles por bautizar como améndoa. O caso é que eu a vieira non a vexo por ningún lado (escollemos mal o piso), e mentras Fraga, Bipartito e Feijóo enredan coas contas, a faraónica obra evoluciona paseniño, o que semella entrar nos cálculos do arquitecto, Peter Eisenman:

“Con sorte, o PP estará en Madrid e teremos máis posibilidades de colaboración. Un proxecto como este debería ser un proxecto de Estado. Valencia tivo diñeiro do Estado, a Ópera de San Sebastián tamén... creo que co PP, se o próximo ano volve, hai posibilidade de que o Goberno asuma un cuarto do proxecto. Iso daríanos o diñeiro para terminar.”

Estou a favor; que lle dean cartos ás contratas e subcontratas pero, sobre todo, que lle dean cartos a Eisenman. Non se me preocupen agora polos cartos, nin polos contidos, que ninguén raie con que ética e estética son o mesmo, onde vai que está superado ese rollo.

Prometo non mudar de morada mentras non contemple a vieira, definida, evidente, clara, dende a fiestra.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet