Quería cen gramos de nariz de pallaso

O presidente de Promusicae, Antonio Guisasola, achaca á piratería o para el un empobrecemento cultural evidente. Costa crer que un síntoma de tal empobrecemento sexa un disco de Sergio Dalma como o máis vendido do 2010. De mercarse máis discos, mercaríanse proporcionalmente menos de Sergio Dalma ou Alejandro Sanz (o terceiro máis vendido)?

Ah, escoitar a Alejandro Sanz non é empobrecemento cultural, perdónperdón.

O artista fai números tan rápido que me perdo.

Con este debate mentido chegou a dimisión de Álex de la Iglesia. A que armou o bilbotarra cando se aprobou a máis famosa das leis dende que se presume de democracia, esa que chaman Ley Sinde (ministra crecida no seu triste protagonismo). Como presidente da real academia do cine, ou como lle chamen a eso, si, foi torpe, amosou unha total inexperiencia política que lle está costando moitos desvelos, porque foi sinceiro e porque agora resulta que para ser director de cine tes que sacar a carreira de diplomático.

Non, non penso colocarme o nariz de pallaso (xa sei que son un pallaso). Non estou a favor desa lei inducida nin a favor dos piratas (todo aquel que presuma de pirata é subnormal). Os grises, claro, non interesan, sobre todo non lle interesan á vella industria nin a ese chiste malo que son os partidos políticos que se amañan para representar á sociedade da que se retroalimentan.

A reforma das pensións, o salario mínimo, o paro... a quén lle importa, jo, qué pereza, pero, oye, tienes el último de Joan Manuel Serrat (o segundo máis vendido)? Ca-li-da-de, co-le-ga.

O ano pasado era Víctor Manuel cos langostinos da voda, este ano relevouno Serrat cos chourizos da chacinería. Que de metáforas.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Oes, o Ghisasola ese non terá nada que ver cos que nós coñecemos, verdade?.
Umh... cheira mal, moi mal... como a chourizo (sen meterme co Serrat, ca-li-da-de, co-le-ga).

Unknown disse...

Si, tamén o pensei eu; a eso chámase o peso dun apelido.

Vou empobrecerme un pouco máis.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet