Cando preguntan sobre a nosa vida privada podiamos respostar como Nick Cave: búscao en Google, tío. Sucede que no noso caso sería unha saída estúpida, porque Galicia é unha aldea moito mellor comunicada do que pensan os que choran por ese AVE que nos vai empalmar por fin coa meseta e con Europa.
Sucede tamén que a Información sobre as persoas que nos interesan contémplase como un Poder; mistura entre o pechado chismorreo veciñal e a imitación dos avatares dos famosos, sexan estos rockeiros que van deixando a súa estela xudicial de “vida ao límite”, princesas nórdicas que soñan co inventor da hamburguesa, copleiras…
Entendemos eso da información como poder en canto posibilidade de ofrecer un servizo útil e limpo á comunidade, non como uso sesgado e deformado para un proveito disfrazado de boas intencións das que moitos ata están convencidos (aínda que habitualmente non te paras con esas parvadas). Entendemos que quen así manexa o que sabe ou o busca saber é unha persoa dependente, sexual, emocionalmente mutilada. E entendemos, finalmente, que o autor destas reflexións ao Sánchez Ferlosio é gilipollas perdido.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
maio
(17)
- Para coller a roda do volume e xirala onde hai que...
- O mestre Basho
- O libro de cabeceira de Nagiko
- Retrato do noso querido Ernest
- Conferencia de prensa de Tom Waits
- Os símbolos da lingua
- Como comer caramuxos (libro de autoaxuda)
- O pai que se tragou un tripi
- Defender un deseño por riba do estipulado
- Café Tacuba en Zaragoza e Madrid
- Oye nena yo soy un artista
- Agardando o tren de alta velocidade
- As tres grandes frases da publicidade
- Morrissey quere ir a Eurovisión
- Prozac e a sombra do 68
- Dame algo
- Marketing, negocio, o xornalista e a estrela
-
▼
maio
(17)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário