Compracémonos en presentar nova bitácora, "O arqueiro finlandés", onde nos centraremos exclusivamente no deseño. Será un pouco taller e un pouco exposición e venta, no caso de que cheguemos vender algo. O que temos claro é que nin sequera queremos vender nada sen antes poder amosar un traballo do que non nos avergoñemos (sempre nos quedarán as barras dos bares, a un lado e ao outro). Mentras o sector pasa esta delicada época, adicarémonos a formarnos por segunda vez, abandoando paulatinamente o espectro de Freehand e volcándonos en InDesign e Illustrator, e afondando en Photoshop.
Sabemos o que queremos: deseño gráfico nun tempo no que se está perder o deseño gráfico; limpo e desprovisto de enxeños baratos. Racionaremos todos esos usos que se intercambian groseiramente entre Internet e as imprentas. Hai, por exemplo, virguerías en Flash que son de quitarse o sombreiro, pero un non pode pegarlle a todo e postos a escoller, escollemos deseño gráfico.
Como se dun tutorial para principiantes se tratara, comenzaremos polo máis elemental; viranos ben para quitarlle a ferruxe a máquina ("puedes descorrer los oxidados cerrojos de las puertas de tus sentidos", jeje). Tipografías, a lúa é branca, o sol, amarelo, e os coches teñen catro rodas. Dixen que iamos formarnos por segunda vez e a verdade é que nos sentimos como se non souberamos nada en absoluto, perdidos e esmagados por esta tarefa que nos impomos.
Do título falaremos noutro intre, e imos cortando que esto semella un discurso do presidente do goberno.
Este blog seguirá adiante, sen cambio de dirección ningún, escribindo como sempre do que nos peta.
Gracias a todos os que estades aí.
Ah, o enderezo é http://arqueirofinlandes.blogspot.com/ (está vinculado ao comenzo desta entrada).
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
outubro
(32)
- Nós tamén somos humanos
- O presidente manexable
- Haiku
- Haiku
- Un crooner dos de antes (re)
- Un crooner dos de antes
- Keith Richards sácase unhas pelas de canguro
- Un equipo de fútbol contra o Barça
- O equipo de Montalbán
- O himno improbable
- Pesos e medidas
- Gloria Lago ya es mamá
- A cifra da TVG
- Mr. Budweiser
- O medio é a mensaxe
- Cousa grave
- O club da comedia
- Manifa
- 6-3
- Premio Nobel, monicreque e drogas
- O afillado de Van Morrison
- The Raveonettes, "Candy"
- The XX, "Islands"
- O crítico perdido
- Diálogo de cine ibérico
- O presunto superaxente Feijóo
- William Faulkner, río
- Artigo de Umberto Eco
- Pactando co inimigo
- Nova bitácora: "O arqueiro finlandés"
- A envexa de todas as axendas
- A chamada do espírito olímpico*
-
▼
outubro
(32)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário