A personalidade do Real Madrid

A frase que máis se escoitou onte logo do clásico Barça-Madrid foi que este último deu unha demostración de personalidade. Os medios madrileños hai décadas que calan acertadamente nos bares da periferia (anacronismo non).

O Madrid presentou as súas credenciais a aspirantes a TODO, no Camp Nou. Demostrou personalidade, gozando de incontables ocasións (aparte de que tivo Ronaldo a pase de Kaká, queremos dicir). De personalidade andan sobrados; non hai máis que pensar en Ronaldo ou en Sergio Ramos, ou en Kaká, que lle pasa o 10% do que cobra ao Señor.


Hai tempo que tememos pola integridade física de Iniesta, pero non só dentro do campo. Medio se salva porque é castelán vello (agora todos sabemos onde fica Fuentealbilla), porque de ser catalán, os da caverna, nunha demostración máis de personalidade, son capaces de meterlle unha bomba-lapa debaixo do coche e logo dicir que foron os de ETA (búsquenlle vostedes a conexión).

Nos telexornais podían cubrir a nova como nas películas do Padriño de Coppola. Iniesta dalle ao contacto do coche nunha escura garaxe barcelonesa. Mete primeira. Ronaldo marca un gol antolóxico no Bernabeu. O coche estoupa. Xúbilo nas bancadas.
<>

Um comentário:

qwerty disse...

O real de madrí non amosou personalidade, xogou ao contraataque. E cando un xoga ao contraataque é porque o outro manda no xogo.

Do manual:"A ver cando lles poñen unha bomba aos medios de madrí xa dunha vez, pesados".
Edit. Galaxia-Caghonoklero

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet