Dostoievski apostaría polo Barça en bwin

A algúns de seguida se nos enche a boca de tacos, como un estropallo. Cajo na puta que botou ao Rubín Kazán e a todos os fillos de Putin. Empatou o Barça cos trepas eses que medran á dereita de Moscú. Como Napoleón cando quixo entrar na capital: non o detiveron os exércitos, detívoo o frío e a vasta alma rusa, cunha diferencia: Napoleón era un acomplexado con delirios de grandeza e o Barça xoga ao fútbol, e ningún equipo xoga ao fútbol coma o Barça.

Mañán, qué digo mañán, a estas horas xa hai crise. Unha pandilla de violinistas que falan coa voz en cursiva, por aproveitar a frase de Josep Pla sobre Eugenio d'Ors. Non te jode, a península é do Madrid, da "raza española" e dese anornal insufrible que é Cristiano Ronaldo (van gañar TODO este ano).

Acontece que o Barça SI ten un xogo ver-ti-cal, como din agora os que van de entendidos, pero veña todos pechados na área e somos uns campeóns. Pois vale; o título para vós, e o Barça que xogue en Portonovo.

Inciso: a institución non é diferente ao que se acostuma no fútbol nacional, rexional, internacional e o que se queira, moita UNIFEC e moita hostia, si, a quedar ben e a sacar pasta, pero a lo menos os que saen ao campo xogan ao fútbol, e seguirán xogando.

Non teño nada máis que dicir. Gracias.
<>

2 comentários:

qwerty disse...

Xa me tardan os do Marca metendo baza: 'o Barça empatou a ceros en Kazan; para cando a cabeza do entrenador?'.
Pero claro, non se dan conta que Catalunya non é un barrio de Madrí (afortunadamente)

Unknown disse...

Si, Franco non fixo de todo ben o seu traballo: tiña que levar máis andaluces e extremeños e galegos para alá, como facía Stalin na URSS, e a man máis férrea. Entón esto si que sería un país "comoDiosmanda".

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet