Eloxio do viaxante

O grupo PRISA acumula unha débeda de máis de 5.000 millóns de euros, o que costa adoutrinar aos súbditos. Por un euro, con El País, vende películas eróticas (xa ten que vender millóns se quere sacar algo de pasta). No mesmo xornal, casualmente, escribiu hai unhas poucas semanas Vargas Llosa un eloxio do erotismo, tema recurrente na súa obra ("Elogio de la madrastra") e para el barómetro que mide o refinamento da sociedade. Entendemos que pode ser o primeiro paso dunha estratexia de venda: a publicidade. O segundo: poñerlle unha furgalla chea de pelis ao escritor peruano, e asignarlle unha ruta, e como a outros viaxantes, incentivalo con comisións.

Xa o estou vendo pedindo as facturas nos restaurantes das estradas, para que logo llas abone a empresa. E por qué non, ollando o escote da camareira que se inclina para servirlle unhas ameixas á mariñeira, agardo que sexan do seu gusto, señor, bo proveito. O mesmo lle inspiraba para outro libro, sacándose un sobresoldo.
<>

2 comentários:

qwerty disse...

Pero mira que che teño dito que non lles deas ideas!!
Que despois temos que aturalo facendo promocións coa furgalla por toda a xeografía!!

Unknown disse...

E lo? Estaría ben , que te chame á porta Vargas Llosa en persoa, cargando cos 20 volumes dunha enciclopedia, a un precio que-non-podes-rexeitar e agasallándote unhas cazolas de aceiro inoxidable.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet