Este ano non quería perderme o discurso de Noite Boa do Rei. Primeiro porque sempre mo perdín, e segundo porque anunciaban unha revolución no formato. Vale, máis ben ao revés, supoñendo un lastre á hora de valorar dito discurso. Suposición errada. Facíanse cábalas: decorados sacados de “Fama, a bailar”, vertixinosos cambios de plano... ata un discurso propio. Eu pensaba nos programas de música dos primeiros 80, ou nunha marioneta aforcada da que sairía unha lingua republicana, algo así. Insisto, non sei como era antes, pero non atopei ningunha diferencia. Cambiaban de plano con cada parágrafo, si, de esquerda a dereita, e de fondo a bandeira, o belén, o abeto e unha fiestra que daba a un xardín no crepúsculo.
Coa familia cumprindo nas visitas de familia, a gata e máis eu estabamos preparados. Dinlle unhas barriñas de salmón desas que tanto lle gustan, abrín unha botella de champaña e acomodámonos no sofá. Su Majestad, que semellaba dirixirse a nós, comenzou a falar de corazón, de terrorismo, de tempos difíciles, de innovación consustancial e tradición inmensa. A gata, aos dous minutos, estaba na súa caseta acolchada.
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
dezembro
(23)
- A montaña deséxalles 2010
- Tiroulle o iMac de 27’’ á cabeza
- Tremendo tema dos Sundays
- A velocidade pasou por Pontecesures
- O museo do polígono
- O discurso de Su Majestad visto pola gata
- O demo está no "z"
- Apuntes sobre a final do campeonato mundial de clubs
- Días do 2009
- O pasaporte de Aminatou Haidar
- O desdén da dereita
- Teño a alma estragada
- O encargado de producción
- Haiku
- Pinochet tamén defende ás marcas
- Un equipo Pinochet
- A actualidade segundo Galeano
- Copenhagen, capital da Ribeira Sacra
- A competencia
- Pregunta de inxenio
- O negocio medieval
- A propiedade é do de sempre
- Dereito de cita (II)
-
▼
dezembro
(23)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário