Un dos rebeldes das FARC que pillaron cando a liberación de Betancourt asegura que non traicionou á guerrilla. E solta esta frase: "Todo el mundo sabe que [o rescate] fue producto de una inteligencia militar sumamente avanzada, sobre todo en la interceptación de las comunicaciones telefónicas". Tío, cambia de oficio.
Un comandante da forzas armadas de Colombia asegura que non pagaron un peso polo rescate, que a operación non foi unha “performance” do goberno do ínclito Uribe. Por suposto, Betancourt suscribe estas palabras.
Un xornalista e escritor francés, un desos sátrapas invisibles bendecidos polo Goncourt, aporta unha documentación bastante limpa, que só servirá á súa propia gloria de sátrapa invisible, e asegura que Ingrid Betancourt desobedeceu aos seus servicios de seguridade, buscándose un secuestro que contaba con que non durara máis de un ou dous meses e do que sacaría a suficiente popularidade como para gañar as eleccións.
Debía estar morta na selva, e o seu cadáver ser niño de serpes, pero non, danlle a lexión de honor, agasalla un punto a Uribe e permite a Sarkozy reivindicar o papel de Francia.
Ah, e o agónico cautiverio mediático, a fame e as vexacións durante seis anos, a foto que deu a volta ao mundo.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
julho
(32)
- Vacacións
- A perplexidade dos que nos ancoramos no pasado
- Artigo de Javier Ortiz
- Frases
- Novo Passat CC
- A segunda morte do tritón
- Onetti
- O amor en Gante
- Día do Carme. Foguetes en Bueu. Lentos, retardados...
- Tres fotos do concerto de Café Tacuba
- Nick Cave para a BBC
- A liberación de Ingrid Betancourt
- O martini que non
- Envexa
- As bandas sonoras de René Aubry
- Primal Scream
- O crítico radical
- Un grupo de música
- Kafka na SGAE (un acto)
- A vella agarrada
- Entrevista a Beck
- A bienal do crime
- Hai xente que pensa (modus operandi)
- Non somos "fibers"
- Malí e os porcos áulicos
- A familia Diabaté
- A irmá de Shakespeare
- Recomendación da semana para trasnoitados anónimos...
- Diccionario de deseño
- Sigamos con romanticismo "do de antes". A grabació...
- Si te matas
- Un butrón nas altas esferas
-
▼
julho
(32)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário