Compostela está no mapa



Imos cun dos mellores grupos dos últimos vinte anos, como dixo Gustavo Iglesias. Yo La Tengo estiveron este luns aquí, na sala Capitol. Xa é a segunda vez e un pensa que debían cambiarse os folletos publicitarios: Santiago de Compostela, cidade pequena con catedral e zona vella guapas, Yo La Tengo lémbranse dela cando veñen de xira por Europa. Máis nada. Sen asistir ao concerto nin ler críticas sábese que foi un concerto alucinante, impredicible, tranquilo e furioso.

Están a presentar o seu novo disco, Fade, como nesta gravación en KEXP, unha emisora de Seattle especializada en música independente. Boa xente, non van por aí de xenios para hipsters. Agárdase a súa vindeira visita.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet