Un título doutra época

Pasa Mariano Rajoy por un corredor do Congreso e o primeiro que che ven á cabeza é a soidade do poder. A soidade do poder, un título que tanto vale para un bestseller como para un tratado de política medieval dos de agora. O presidente camiña coa mesma cabeza alta coa que camiñan os fachendosos, nun xesto forzado por aparentar seguridade e orgullo. O maletín que porta con dedos grises, que como o de tódolos ministros está pensado para demostrar que carga cunha nobre e ímproba tarefa, mais cos papeis clasificados e adelgazados de eficiencia e o coiro brunido, aquí semella gordo, desgastado, case desfondado.

A soidade do poder, unha redundancia, porque o poder é senlleiro por natureza, non hai un poder de 7.000 millóns de persoas, a non ser que nos pegue a todos por unirnos para conquistar Saturno (insubmisión, Borussia Dortmund). Quedan os leóns detrás, Daoíz e Velarde, como logotipos neboentos, e sácaste os lentes cansos.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet