Presto estaba cando morreu Thatcher

Antes de deixalos coa carta de rigor que Morrissey enviou aos medios, unhas preguntas, porque puido chamarlle alguén en canto a ex-primeira ministra expirou, puido ser o primeiro en enterarse, ou xa tiña o artigo preparado, agardando o intre, como é costume nos de necrolóxicas, non, enteraríase como todos e si, púxose decontado e ao cuarto de hora xa tiña o texto. A súa xenreira hacia ela era máis profunda do que amosou en Margaret on the guillotine (unha canción frouxa). Aventuraríame a dicir que non se poden entender aos Smiths e a Morrissey, e a tantos grupos da época, sen ela.

Como Franco, como o seu amigo Pinochet e outros, morreu na cama. E tampouco se cumpriu o daquela entrevista, que era algo así (agora non o vou buscar):

- Se un fanático asasinara a Thatcher guiado polo que vostede di dela, sentiríase culpable?
- Culpable, eu? Eu buscaría a esa persoa na cadea e pediríalle que casara comigo.

Agora si, rebobinen, esquezan estas liñas e lean a carta-artigo de Morrissey; debulla os mandatos da finada (Irlanda, Malvinas, industria, mineiros, artistas...) antes de retratala como mellor sabe, categoricamente.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet