O teatro da lingua

O superaxente Feijóo designou a Anxo Lorenzo como secretario xeral de política lingüística. Quería demostrar a súa audacia; escollendo a un socialista compracía á oposición para poder virar máis comodamente hacia os principios do seu partido e de Galicia Bilingüe. O máis gracioso é que para GB trátase dun fraude: Gloria Lago, presidenta do invento e apóstolo de Rosa Díez nesta terra bárbara, falou da traizón que significa nomear a un partidario da imposición lingüística (do temible galego).
Esta xente de GB, ¿padece algunha doenza nerviosa aguda, ou manía persecutoria? ¿Amalgaman realmente tanta estupidez e zuna? É un profesor do PSOE, é un dos seus, ¿qué mal lles vai facer? Dedúcese que están gostosos de teatralizar a manobra política.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet